ANPA

RESUMO ACTIVIDADES DA DIRECTIVA. CURSO 2019/20

Como en anos anteriores, desde a ANPA “San Isidro” aproveitamos esta comunicación coas familias durante o vixente curso académico 2020/2021 para INVITARVOS A QUE VOS UNADES A NÓS para entre todos conseguir unha mellor educación para @s nos@s fill@s. Somos 5 persoas na directiva e o apoio e ideas para seguir traballando son moi benvidas, ¡esperamos a túa participación na próxima xuntanza de setembro!.

Este ano seguimos impulsando novos retos e continuando outros moitos. Feitos realizados no curso académico 2019/2020 e inicio do 2020/21: Fomentamos e incrementamos as novas publicadas para os socios e membros do colexio coa comunicación vía Facebook.

Informamos de eventos culturais, noticias de interese, menús do cole, novas da concello, da ANPA e do colexio. Temos un whatsapp para atender as consultas: 658 97 87 26 

Rematamos o curso 2019/2020 con 113 FAMILIAS SOCIAS (152 alumnos/as dos 306 totais) Organizamos e xestionamos as actividades extraescolares: Piscina, Baile moderno, Multiobradoiro e Informática colaborando no seu financiamento grazas á subvención solicitada á  Deputación da Coruña (xa devolvemos ás familias o 61,88% das cotas aboadas no ano 2019). Para actividades de conciliación solicitamos subvencións á Deputación da Coruña e ao Concello de Rois. Para o ano 2020 temos concedida a subvención para as actividades extraescolares realizadas de xaneiro a marzo e o de coidadora (xaneiro a marzo e setembro a decembro). 

Organizamos un servizo de ludoteca para o recreo do comedor (pola situación sanitaria non se organiza no curso 2020/21) 

Facilitamos un servizo de coidadora para os nenos de infantil (acompañamento ao transporte e cambio de roupa). Grazas á subvención da Deputación da Coruña, devolveuse o 61,88% do seu custo. 

Debido á situación sanitaria non se participou nin se organizaron excursións de fin de curso. 

Organizamos unha charla coa garda civil sobre as novas tecnoloxías e o uso das redes sociais (10 de marzo) 

Participamos no Consello Escolar do colexio 

Solicitamos colaboración a Cortizo no cambio das ventás do colexio pero non colaboraron por estar fóra das súas actividades empresariais 

No hall do colexio, realizouse unha exposición de fotos pola Igualdade en colaboración coa Federación de ANPAs de Compostela (28 feb.- 13 marzo) 

Subvención do concello de Rois para o ano 2019 de 2000 € (cambiouse a iluminación do comedor escolar, colaborouse na excursión fin de curso ao Grove, no viaxe á neve- San Isidro, e na colocación de doces na mesa do Entroido) 

Concedida unha subvención da Xunta de Galicia para organizar obradoiros virtuais co alumnado de ESO e unha escola de nais/pais sobre Igualdade e violencia de xénero (a realizar en nov. 2020) 

Organizamos actividades culturais no colexio:  Peripecious: Orbitamos!- 7 novembro (pola situación sanitaria, esta actividade cultural suspendeuna a Deputación para o curso 2020/21) 

Colaboración coa Federación de ANPAs de Compostela: reunións sobre medidas COVID adoptadas polos centros, medidas ao alumnado con necesidades educativas, información e seguimento sobre as folgas de profesorado, decisións sobre a non realización de actividades extraescolares, información sobre comedores escolares... 

Contactando co alcalde e en colaboración co colexio, solicitouse ao CONCELLO DE ROIS:  - Limpeza dos canlóns evitando pingueiras nas entradas aos edificios. - Area para o areeiro de infantil. - Reparación da cuberta do pavillón do polideportivo durante o verán. - Apoio perante o responsable da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para solicitar a reparación do tellado do colexio por entrar a auga en diferentes estancias, ademais de ser antigo e ter amianto. - Mellora da limpeza nos edificios de infantil e primaria. - Incremento do servizo de limpeza debido á situación sanitaria para o curso 2020/21. - Reparación do pavimento do patio escolar. - Apoio económico para o pago da ludoteca (non se executou debido a que o servizo foi suspendido debido ao confinamento). - Reparación do portal de entrada ao parque de infantil para a entrada/saída do alumnado de infantil que non usa transporte escolar. Outros asuntos tratados co COLEXIO: - Reparación da calefacción das aulas do edificio de primaria (ademais de estar pendente o cambio da carpintería das ventás ou a necesidade de cambiar a cuberta do edificio). - Trasladar queixas xeradas no transporte escolar referidas ao cumprimento de horarios ou incidencias. - Apoiamos a solicitude feita desde o equipo directivo sobre o establecemento da xornada única no colexio. Veu rexeitada para o curso 2020/21 pola Consellería de Educación debido ao convenio do transporte escolar que implicaría pagar unha bonificación dun 20% e economicamente non se aprobou e recomendan volver a tentalo neste curso vixente xa que se volverá a facer unha licitación dos contratos de transporte escolar.  - Pola situación sanitaria, eliminación das notas en papel e colaborar nas notificacións mediante Abalar; utilización dunha única plataforma de teleformación; publicitar o plan de adaptación ao COVID e o Plan de continxencia do centro; colaborar na procura de voluntarias para o comedor escolar; trasladar as queixas/suxestións recibidas polas familias. 

Para a vosa información:

Familias socias:  2018/2019- 78 2019/2020- 113

Alumnos/as socios/as:  2018/2019- 104 2019/2020- 152 

Aos socios ofrecémoslle unha tarxeta desconto das estacións de servizo Cepsa 

 

AÍNDA NON ES SOCIO-A DA ANPA? Só tés que facer EN SETEMBRO/OUTUBRO un ingreso ou transferencia de 15 € nesta conta de Abanca (Rois): ES21 2080 0328 9530 0004 1877. Un único ingreso por familia, independentemente do número de fillos que estuden no centro, indicando no concepto o nome do-a alumno-a. Lembrade que as familias socias non pagan matrícula nas actividades extraescolares e dispoñen de descontos na excursión de fin de curso (en suspensión pola situación sanitaria), ademais doutras accións, como poder ter unha tarxeta desconto das estacións de servizo Cepsa da Escravitude. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer