A partir das enquisas realizadas ás familias sobre os seus intereses de formación e en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación, queremos informarvos da sesión de formación que terá lugar o vindeiro LUNS 20 DE DECEMBRO, ás 16:30 h, na aula de informática do CPI de San Vicente.
nternet é hoxe a fonte principal da educación sexual da xuventude. O acceso a nova pornografía, a contidos machistas e vexatorios xeneralízase a partir dos 14 anos.
IGAXES, en colaboración co Concello da Baña e a ANPA Vieiro do Ensino, proporciona un obradoiro para familias os días 21 e 28 de outubro de 2021 no Salón de Actos do noso centro escolar ás 18:00 horas.
A pesares das circunstancias pandémicas, no cole da Baña non quixemos deixar de celebrar o magosto cun pouco de mùsica e castañas no noso tempo de lecer.
Non tería sido posible sen a colaboración da ANPA Vieiro do Ensino, o Concello da Baña, Emilio Lois e seus (e tamén nosos) alumnos e alumnas da Escola de Música Tradicional da Baña, por isoa todos eles queremos dar as grazas.
E sobre todo, queremos felicitar ao noso alumnado e profesorado que soubo desfrutar do momento sen deixar de respectar en todo momento, as normas sanitarias.
Aquí deixamos unha pequena mostra do noso Magosto 2020.
Por outra banda, os corredores do cole locen tamén ben fermosos nesta semana de Samaín, cun mural colaborativo sobre o Samaín no mundo elaborado polo alumnado de Infantil e Primaria.
A próxima semana comezan a desenvolverse as actividades extraescolares de inglés organizadas pola ANPA Vieiro do Ensino no centro escolar.
A continuación tedes os horarios e datas establecidos. As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos /as poden dirixirse á ANPA Vieiro do Ensino por correo electrónico: ampavieirodoensino@gmail.com
En cumprimento do Plan de adaptación ao contexto COVID-19 para o curso 2020-2021 e mentres non se produzan cambios na situación sociosanitaria, pola saúde e coidado de todos, pregamos que as nais e pais que acudan ás reunións de inicio de curso respecten as seguintes normas:
Traede posta a vosa máscara.
Accedede ao salón de actos, no edificio de Infantil, polo portalón de Infantil ou a través do patio exterior de ESO. Sen acceder ao interior do edificio principal salvo que sexa necesario para outras xestións administrativas.
Vide un único adulto por familia.
Ocupade os asentos libres (deixando sen ocupar os que están sinalados cun X vermello).
Respectade a distancia interpersoal de 1,5 m.
Dado que o aforo do salón é limitado, se pode ser, deixade as crianzas na casa.
Moitísimas grazas pola vosa comprensión e colaboración.