Skip to Content

Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Documentos de centro, Banco de Libros, Dirección, Adaptación PDs COVID 19

MATRÍCULA CURSO 2023-24

07/06/2023 19:18
Europe/Madrid

Debe formalizar matrícula:

  • Alumnado que se escolariza por primeira vez (4.º Infantil)
  • Alumnado de Infantil e Primaria procedente doutro centro
  • Todo o alumnado de ESO

PRAZOS:

  • Ed. Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • ESO: do 23 de xuño ao 7 de xullo

Documentación:

Sobre de matrícula, que o alumnado de ESO recibirá canda os boletíns de notas finais e para o alumnado novo no centro estará dispoñible en administración a partir do día 16 de xuño.

Manuel Landeira, in memoriam

25/05/2023 17:03
Europe/Madrid

Manuel Landeira 

Vimos de ter coñecemento do pasamento do mestre e compañeiro Manuel Landeira, e dende o colexio no que tan duro traballou coma docente e director, queremos rendirlle unha sinxela e sentida homenaxe.

Landeira, tal e como o coñeceron alumnado e familias, veu traballar á Baña como mestre da escola unitaria de Lañas, na cal se ocupaba dos nenos, nun tempo en que o alumnado estaba segregado por sexos. 

ADMISIÓN 2023-24: Listaxes definitivas

16/05/2023 14:19
Europe/Madrid

Infórmase da publicación no taboleiro do centro das listaxes definitivas de admisión para o curso 2023-24, con data de hoxe.

Todas as solicitudes presentadas en prazo foron ADMITIDAS.

As solicitudes presentadas fóra de prazo serán adxudicadas con posterioridade e antes do inicio do curso escolar, do cal se informará ás familias afectadas.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO

10/05/2023 11:11
Europe/Madrid

Convocatoria de bolsas NEAE do Ministerio de Educación para o curso 2023-2024.

O prazo para a solicitude das mesmas será do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023. 

No documento adxunto pódese consultar o texto da convocatoria.

Recomendamos ás familias interesadas en solicitar estas axudas que inicien os trámites antes de rematar o actual curso escolar para ter tempo de conseguir toda a documentación necesaria dentro do prazo. 

Neste enlace podedes coñecer con detalle as instrucións para a solicitude.

CALENDARIO PROBAS RECUPERACIÓN MATERIAS PENDENTES

11/04/2023 13:31
Europe/Madrid

Calendario de probas de recuperación de materias pendentes en ESO. 

 

 

Eleccións ao Consello Escolar: relación de candidaturas e votacións

21/11/2022 17:58
Europe/Madrid

A Xunta Electoral do centro reuniuse hoxe para admitir, proclamar e publicar as candidaturas dos distintos sectores ás eleccións a representantes no Consello Escolar, que foron publicadas no taboleiro do centro.

Tamén se celebrou o sorteo para determinar a constitución das mesas electorais de responsables e mais de alumnado: as persoas designadas vogais recibirán a citación entre hoxe e mañá.

CONVOCATORIAS DE ELECCIÓNS A REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR (sectores de responsables e alumnado)

09/11/2022 12:39
Europe/Madrid

Con data de hoxe a Xunta Electoral do CPI de San Vicente publica as convocatorias de eleccións de representantes no Consello Escolar dos distintos sectores (responsables, alumnado, profesorado e persoal non docente).

As convocatorias para responsables (pais, nais ou titores/as legais) e alumnado poden consultarse no taboleiro do centro e tamén nos arquivos anexos a esta publicación.

O prazo de presentación de candidaturas dura ata o día 17 de novembro ás 14:30 horas. Os modelos están dispoñibles na secretaría do centro e tamén anexos máis abaixo.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

18/10/2022 12:33
Europe/Madrid

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro), realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

LUNS 10 DE OUTUBRO: COMEZA RUTA 6 REMODELADA

06/10/2022 16:26
Europe/Madrid

Despois de un estudio detallado da mellor e máis segura distribución das paradas da ruta 6 en colaboración coas familias usuarias da mesma, a empresa Monbús pon en funcionamento a ruta 6 remodelada a partir do luns 10 de outubro. 

A hora de saída da primeira parada será ás 8:35, tal e como estaba fixada inicialmente. 

No documento adxunto tedes a distribución das paradas no percorrido de entrada e saída. 

HORARIO DIRECCIÓN CURSO 2022-2023

06/10/2022 12:27
Europe/Madrid

Horario de atención en Dirección para o curso 2022-2023.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut