slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 

 

Con motivo da conmemoración do Día do Medio Ambiente, o CPI PI. Virxe do Monte convoca un concurso de FOTOGRAFÍA. 

BASES: 

1. Poderá participar todo o alumnado do centro; dende El ata a ESO.

2.As fotografías deben ser da nosa contorna: paisaxes, monumentos, animais ... En definitiva, calquera cousa ou lugar especial do noso concello.

3.Cada fotografía debe ter un pé de foto indicando o seu contido.

4.Non existen categorías para os concursantes, pesto que se trata de fotos e non de traballos do alumno ou alumna.

 Cada neno/a pode participar só con 1 fotografía, ben impresa (entregándoa a cada titor ou

titora) ou ben en formato dixital (enviandoa ao correo do centro cpi.virxemonte.cospeito@edu.xunta.gal)

6.Todas as fotos recibidas no centro formarán parte dunha exposición no corredor principal. Así mesmo, todas se publicarán na web do colexio e no blog da biblioteca.

7.As fotografías seleccionadas formarán parte da CABECEIRA da nosa web.

8.O prazo para recibir as fotos será dende o 24 de Maio ata o 3 de Xuño (ambos incluidos)

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. 2022-2023

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 A quen vai dirixido?

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  •        Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
  •           Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  •  Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

Prazo

 

Prazo de presentación: ABERTO

19/05/2022 - 22/06/2022

 

Documentación para a presentación:

 *     Presentar unha única solicitude (aínda que sexan 2 ou máis irmáns solicitantes escolarizados no mesmo centro). ANEXO I

*      ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).Asinado por todos os membros da unidade familiar.

*     Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno ou alumna e os demais membros computables da unidade familiar

*      No caso de que o pai/nai ou titores ou titores legais carezan de DNI: certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais onde resida a familia.

*    En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

ACHEGAMOS O ANEXO I E II PARA DESCARGAR (ao final da páxina) 2 ADXUNTOS

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O PRAZO REMATA O 22 DE XUÑO.

Horario do centro para as solicitudes: 09:30 a 14:30h.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer