slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

INCIDENCIA COVID 19

Dende o equipo directivo queremos manifestar ante toda a comunidade educativa o noso malestar por non ser informados de dous casos positivos da COVID 19 nunha ruta de transporte que afecta ao noso centro.

Aínda sendo un centro afectado, non recibimos ningún tipo de comunicación por parte da empresa que fai esta ruta, nin dos afectados sendo eles os que deberían avisar ao centro.

Foron algunas familias as que, ao longo da mañá de hoxe avisaron ao centro vía telefónica manifestando a súa preocupación. Ante isto, inmediatamente dende o equipo directivo (equipo COVID) do noso centro, procedeuse a seguir as medidas do Protocolo de actuación ao contexto da COVID 19 (versión 4/11/2020 de Actuación co establecido no artigo 65 da Lei 16/2003 do 28 de Maio e recollidas na Orde do 27/08/2020).

Dende a Central de Seguimento de contactos da Consellería (CSC) comunícannos que é considerado contacto estreito aquel alumno ou alumna que vaia situado a un radio de menos de 2 metros dos infectados. O centro xa informou a estas familias.

Ante o exposto, decídomos interpoñer unha queixa por escrito e rexistrada formalmente ante o responsable da empresa de transporte que fai esta ruta; previa comunicación ao Servizo de Inspección deste centro.

O equipo directivo

HORARIOS

HORARIO EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

9.15 a 14.15

HORARIO ESO

9.15 a 15.10

 

De luns a xoves o horario de saída de transporte para

todos os cursos é ás 15.45h.

Os venres o horario de saída de trasporte para todos os

cursos é ás 15.20h.

COMUNICACIÓN OBRIGATORIA DE SINTOMATOLOXÍA COMPATIBLE COA COVID

No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible coa COVID na casa, o alumnado non acudirá ao centro e el/ela ou a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia do alumno/a e con algunha das persoas membros do equipo COVID.

 

 

Cadernos de Inglés ESO

NO CURSO 2020/21 NON SERÁ NECESARIO MERCAR OS CADERNOS DE INGLÉS DE ACTIVIDADES (WORKBOOK),  EN TODA A ETAPA DE ESO.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer