Festas, conmemoracións e saídas

MEDIDAS ANTE A APARICIÓN DE CASOS SOSPEITOSOS DE GRIPE OU DE INFECCIÓN RESPIRATORIA NAS ESCOLAS INFANTÍS

Consellería de Educación ven de comunicar que a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saúde, puxo en marcha a campaña anual de vacinación antigripal, que se prolongará ata o 31 de decembro. 

A principal novidade este ano é a incorporación da vacinación sistemática dos nenos/as entre os 6 e os 59 meses de idade.

Ademais publica unhas novas normas hixiénicas ante o aumento de casos de infeccións víricas nos centros educativos. Achegamos o documento adxunto  publicado e resumimos a continuación as normas básicas xerais:

  • Lavado de mans ou desinfección de mans con xel.
  • Hixiene respiratoria: esbirrar ou tusir en panos desbotables ou na cara interior do cóbado.
  • Ventilación cruzada frecuente.
  • Limpeza e desinfección de superficies.
  • NON acudir ao centro con síntomas de infección respiratoria ou febre ata que remitan.
  • Con síntomas, e recomendable o uso de máscara e evitar as interaccións con persoas vulnerables.

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL DO CONCELLO DE VEDRA

Un ano máis o Concello de Vedra invítanos a participar no seu concurso de tarxetas de Nadal.

Podedes ver toda a información no documento adxunto.

 

PROCESO ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS DISTINTOS SECTORES DO CONSELLO ESCOLAR DO CRA

Por corresponderlle no curso 2022-2023 a renovación parcial do Consello Escolar no noso Centro e seguindo instrucións da Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (D.O.G. do 30 de setembro de 2022), achegámosvos a información sobre o calendario electoral.

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 23 e 29 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da Xunta Electoral fixar a data definitiva das votacións, que probablemente se celebrará o martes día 29 de novembro de 2022. (Este ano toca renovar dous mestres e o representante da ANPA)

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL: A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto entre os días 2 e 8 de novembro de 2022 e estará integrada por:

  1.  Directora do Centro: Mª Elena García Iglesias 
  2. 1 mestre/a elixido/a por sorteo público. 
  3. 1 pai/nai/titor legal elixido por sorteo público.

Dito sorteo que será público celebrarase na Sede do CRA o vindeiro día 2 de novembro, mércores, ás 09:30 h.

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

 

Segundo a resolución do 5 de outubro de 2022, que está previsto que se publique no Diario Oficial de Galicia mañá 14 de outubro, establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por un importe de 50€(entregados a finais do curso pasado), recibirán un vale adicional de 25€.

A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25€ nos centros docentes a partir do día seguinte (hábil) ao da publicación no DOG.

A partir do luns farémoslle entrega dos vales ás familias pertinentes. 

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Ao igual que sucede cos vales de libros de texto e material escolar de 50€, o centro deberá levar un control dos vales que entrega ás familias xa que no suposto de extravío pola familia ou pola libraría, nunca se expedirá un duplicado. 

Podedes consultar a información no seguinte enlace: AMPLIACIÓN VALES e tamén no DOGA de mañá.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

Para que vos vaiades organizando, aquí vos deixamos o período de adaptación para o alumnado de tres anos que se incorporan neste curso.

O resto do alumnado comezará xa o día 8 de setembro en horario de 9 a 14H

 

PERIODO DE ADAPTACIÓN

( segundo a Orde do 20 de MAIO de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023)

Do 08 ao 09 de setembro

De 12 a 14h

Do 12 ao 16 de setembro

De 11 a 14h

A partir do 19  de setembro

De 9 a 14h

XUNTANZA INFORMATIVA DE PRINCIPIO DE CURSO

¡Xa estamos de volta e con gañas de contarvos todas as novas de cara a este novo curso que en breve comezará!

Para iso, convidámosvos á xuntanza que terá lugar o vindeiro MARTES día 6 ás 17:30 horas en Lestedo, deste xeito explicaremos todo o relativo ao comezo do curso e funcionamento do centro e tamén solventaremosvos calqueira dúbida que teñades. Agardámsovos. Un saúdo de todo o claustro do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas".

Formalización de Matrícula para o vindeiro curso 2022-2023

O período de matrícula para o alumnado de nova incorporación vai do 20 ao 30 de xuño, ámbolos dous inclusive

Co fin de facilitar o proceso, será preciso pedir cita no número de dirección: 616440471, tal como se indica no  documento adxunto (Formalización de matrícula) no que tamén se especifica a documentación necesaria que debe acompañar á matrícula. Por outra parte, tamén adxuntamos o Anexo que deberán cumplimentar para facer efectiva a matrícula , a autorización de imaxe, a autorización para cando se fan as saídas pola contorna da escola e o cuestionario de lingua materna, que se refire á lingua que fala habitualmente o neno/a.

Ademáis, informamos a todas as familias que o 20 de xuño recolleranse as matrículas na escola de San Xián entre as 9:00 e as 12:30, na escola de Lestedo a partir das 13:10, na escola de Sarandón entre as 9:50 e as 11:30 e en San Fins desde as 11:45, o 21 de xuño recolleranse na escola de Sergude desde as 9:50 ata as 11:30, e na escola de Camporrapado a partir das doce. A partir do 23 de xuño xa solo se recollerán na Sede do Cra en Lestedo. Un saúdo e graciñas!!

MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023

Xa nos poñemos a andar para o vindeiro curso e para iso, poñemos á vosa disposición as listaxes do material das diferentes escolas que forman o noso CRA. Atoparedes a información dos diferentes materiais premendo nos arquivos adxuntos da parte baixa de esta publicación. Podedes poñervos en contacto coa AMPA antes de mercarlo.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (ANEAE)

Desde onte, día 19 de maio de 2022, está aberto o prazo para solicita-las bolsas de axudas para alumnado con necesidades especifícas de apoio educativo (ANEAE) e remata do 30 de setembro de 2022.

 

Enlace á páxina do ministerio: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23

Segundo a Orde do 29 de Abril de 2022 establécese un período que abrangue dende o 19 de Maio ata o 22 de Xuño, para solicitar axudas destinadas a adquisición de libros e de material escolar.

A presentación pode facerse de tres formas distintas:

- Presencial na Sede do CRA en Lestedo os mércores de 9:00 a 14:00, e chamando ao teléfono de dirección 616440471 para concertar unha cita, coa solicitude e o Anexo II debidamente cubertos e asinados.

- Mediante a aplicación Fondo Libros , terán que imprimir a solicitude e o Anexo II, cubertos, asinados e entregalos no centro.

- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario de Chave 365.

Para optar a estas axudas a renda per cápita non pode superar os 10.000€, no caso de axudas de libros, con respecto a axudas de material escolar non pasar de  6.000€. (O exercicio fiscal corresponde o ano2020 e calcúlase coa suma das casillas 435 e 460 dividido entre os membros computables da unidade familiar).

documentación a presentar xunto coa solicitude será a seguinte:

- Anexo II

Copia do libro de familia, onde figure o alumno e os demáis membros computables da unidade familiar.

No caso de separación ou divorcio deberá presentar sentenza ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

No caso de non contar con libro de familia poderase presentar un certificado de convivencia ou un informe dos servizos sociais do concello onde resida a familia.

- De ser o caso certificado de discapacidade do alumno/a ou calquer membro da familia non expedido pola Administración Autonómica.

- De ser o caso documentación xustificativa de violencia de xénero no ámbito familiar.

-  De ser o caso resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Nos arquivos adxuntos atoparedes a solicitude, o Anexo I e o Anexo II

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 22-23

Poñemos en coñecemento das familias que reservaron praza para os seus fillos/as no noso centro, que TODO O ALUMNADO ESTÁ ADMITIDO nas escolas que escolleron. A formalización de matrícula  será do 20 ao 30 de Xuño. Máis adiante xa nos poñeremos en contacto con todas as familias.

Quen esté interesado en ver a listaxe terá que entrar nas aplicación de admisión alumnado con chave 365 ou vir á sede do CRA, os mércores en horario de 9 a 14 horas ou concertando outro horario chamando ao teléfono da dirección do centro:616440471.

Un ano máis, estamos moi agradecidos polo apoio que as familias amosades á escola rural en xeral e ao noso centro en particular!!

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS SOBRE O MANEXO DE POSITIVOS NO ÁMBITO ESCOLAR

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO -

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables1 . Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

2.- Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19.

3.- Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

4.- As recomendacións preventivas para os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos pódense revisar na seguinte ligazón da páxina WEB da Consellería de Sanidade (que facer se es un caso ou contacto da COVID-19)

5- A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6.- Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.

7.-No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas. 

CONVOCATORIA DE AXUDA ANEAE PARA O CURSO 22-23

 

Para a vosa información comunicámosvos que:


o sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

IMPORTANTE

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicaranse despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A RECOMENDACIÓN DO USO DE MÁSCARAS NOS PATIOS DOS CENTROS EDUCATIVOS.

Estimadas familias,

Achegamos información sobre o uso de máscaras no patio do colexio a ter en conta a partir do 21 de marzo.

Pinchade no seguinte enlace para poder obter toda a información: USO DAS MÁSCARAS NO PATIO

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A XESTIÓN DE CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO

Desde o día 7 de marzo entrou en vigor a nova normativa en relación a xestión de contactos COVID-19 que reproducimos a continuación para o coñecemento da comunidade educativa. Destaca a norma de que serán os propios casos positivos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

Pinchade no seguinte enlace para poder obter toda a información: XESTIÓN DE CONTACTOS

 

 

COMUNICADO CONXUNTO DA XUNTA E ONGS SOBRE A CRISE HUMANITARIA EN UCRANIA

 

 
Ante as consultas recibidas en relación a unha posible campaña de axuda ao pobo ucraíno enviámosvos o comunicado conxunto emitido pola Xunta de Galicia e as ONG que consideramos de interese para toda a comunidade educativa.

Para velo, pinchade aquí

 

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN NO NOSO CRA

A solicitude a presentar poderase descargar a partir do 1 de marzo na aplicación admisionalumnado

Tamén estarán á vosa disposición nas distintas escolas do CRA ou podedes descargala nos documentos adxuntos

ALUMNADO ADMITIDO NOS CENTROS ADSCRITOS

Reserva de plaza en centros adscritos

Todo o noso alumnado que solicitou praza nos centros adscritos: CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto e CPI Plurilingüe de Vedra,FORON ADMITIDOS para o vindeiro curso 2022-2023,segundo nos acaban de comunicar.

Un saúdo

DÍA DE PORTAS ABERTAS EN FORMA DE VÍDEO

Queridas familias, achégase o momento de realizar a solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar 22/23.

Neste momento de pandemia, non se permite o acceso ao centro educativo a persoas alleas nin ás familias a non ser de xeito excepcional.

Por este motivo e dado que non podemos facer o noso "Día de portas abertas" para que nos veñades coñecer un pouquiño máis, decidimos facer un vídeo a modo de presentación no que poderede svernos en funcionamento e saber un pouco máis do noso bo facer dentro e fóra das aulas, co fin de que decidades dar o paso e unirvos á nosa gran familia!!!

MODIFICACIÓNS NO ÁMBITO EDUCATIVO SOBRE AS ACTUACIÓNS ANTE A COVID-19

Estimadas familias, nos documentos adxuntos podedes visualizar as novas modificacións enviadas pola Consellería para actuar nos centros educativos ante os casos positivos na Covid-19 e o emprego, uso e reparto dos test de antíxenos repartidos pola Consellería.

Un saúdo

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

 

Iniciamos o procedemento de admisión coa RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

O alumnado do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas" que remate a súa escolarización no CRA, neste curso escolar e vaia continuar a súa escolarización nos centros adscritos correspondentes:

  • CPI Antón Orza Couto (Forte): Escolas de Camporrapado e Sergude  
  • CPI Plurilingüe de Vedra: Escolas de Lestedo, San Fins de Sales, Sarandón e San Xián de Sales,

terán que realizar a solicitude de reserva de praza.

O  prazo de entrega de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2022, ámbolos dous incluídos.

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA 

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel  ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.

  • 1)    De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora/oou na sede do CRA os mércores de 9 a 14 horas (con cita previa 616440471)

O impreso de solicitude pode recollerse nas escolas do CRA ou descargarse (está publicado como arquivo adxunto a esta nova, en galego e castelán). Haberá que entregalo na escola á que o alumno/a asiste o presente curso 2021-2022.

  • 2) De presentarse electronicamente na aplicación admisionalumnado , debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro. 
  • RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN  admisionalumnado : Solicitudes – Reserva – Crear

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Ante calquera dúbida, chamade ao teléfono de dirección do CRA 616440471.

Ámbalas dúas opcións (papel ou aplicación) son viables.

  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 25 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso  ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2022.

A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.

 

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR DO CRA

En reunión da Xunta electoral procedeuse onte ao reconto dos votos dos distintos sectores e os resultados foron os seguintes:

SECTOR PAIS/NAIS

PILAR MALLO ANSEMIL.- 54 votos

CARLOS DAVID MIRAS BELLO.- 41 votos

Mª BELÉN VIEITES CABO.- 33

SECTOR MESTRES/AS

Mª LUZ BALADO FERREIRO.- 14 votos

Proclámanse como novos representantes do Consello Escolar:

Pilar Mallo Ansemil

Carlos David Miras Bello

Mª Luz Balado Ferreiro

O vindeiro martes 30 de novembro procederase á constitución do novo Consello Escolar.

CANDIDATURAS DO SECTOR PAIS/NAIS PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO CRA

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro,  a Xunta Electoral deste Colexio fai pública a relación dos nomes dos candidatos/as que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

PILAR MALLO ANSEMIL.( Escola de SAN XIÁN)

CARLOS DAVID MIRÁS BELLO. ( Escola de SAN XIÁN)

Mª BELÉN VIEITES CABO.( Escola de SAN XIÁN)

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA

Acaba de publicarse no DOG a orde que regula os criterios e o procedemento para o reparto de máscaras entre o alumnado da etapa de Educación Primaria. O alumnado que é beneficiario da axuda para material escolar no curso 2021/22 non ten que presentar solicitude. Para o alumnado que non é beneficiario desta axuda ábrese o prazo de solicitude do 15 ao 26 de novembro de 2021, sempre e cando cumpra algunha das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

- Alumnado matriculado en Educación Especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

No seguinte documento adxunto pódese consultar a Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regula este procedemento.

INFORMACIÓN ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DAS FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR

 

 

Nota informativa das eleccións dos representantes das familias ao Consello Escolar.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL. CALENDARIO DE ELECCIÓNS

En reunión tido onte na Escola de San Xián ás 14:00horas constituiuse a Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar do Centro, quedando da seguinte forma:

Presidenta: Dona Mª Elena García Iglesias. Directora do Centro.

Vogais:

  • Dona Eva Nieves Vieiro. (Mestra)
  • Don Gonzalo Saavedra Ferro (Pai)

Actúa como Secretaria a mestra: Dona Eva Nieves Vieiro

A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral:

CALENDARIO DE ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

3 de novembro

  • Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesorado, pais/nais e persoal de administración e servizos.
  • Publicación dos censos provisionais dos sectores educativos citados.
  • Envío de escritos ao Concello e a ANPA solicitándolles a designación dos seus representantes se procede.

4 a 11 de novembro

  • Prazo de presentación de candidaturas e reclamación a censos.

11 de novembro

  • Remata o prazo de presentación de candidaturas e reclamacións aos censos ás 14:00 horas

16 de novembro

  • Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral
    • Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.
    • Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.
    • Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.
    • Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.
  • Claustro de profesores informativo.

16 a 19 de novembro

  • Campaña electoral.

22 de novembro

  • Celebración das votacións do profesorado de 14:00 a 14:30 horas.
  • Celebración das votación pais, nais e titores legais do alumnado, de 09:00 a 14:15 horas.

23 de novembro (celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral).

  • Proclamación de candidatos electos.
  • Traslado de documentación á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

24 de novembro

  • Convocatoria de constitución do Consello Escolar.

SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

No arquivo adxunto informámosvos do resultado do sorteo para a elección dos membros da Xunta electoral por mor das eleccións ao Consello escolar do Cra realizada hoxe na sede ÁS 10:30

PROCESO DE RENOVACIÓN DA COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2021

  Segundo a  RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación  e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar procede neste caso renovar 1 representante do Claustro de mestres e mestras e a 2 representantes das familias.

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 22 e 26 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da Xunta Electoral fixar a data definitiva das votacións.

A Xunta electoral estará formada pola directora, unha mestra/a e unha nai/pai elixidos en sorteo público.

Poden consultar o censo de familias en cada una das escolas a partir do luns 25 de outubro.

Para poder constituír a Xunta electoral, entre os días 2 e 5 de novembro de 2021, procederase a un sorteo público o vindeiro mércores 27 de outubro ás 10:30 na Sede do CRA  tal e como se informa na seguinte circular:

 

Protocolos e documentación Covid Curso 21-22

Unha ano máis, presentámosvos o protocolo de Continxencia, o cal levaremos a cabo no caso de un confinamento total ou parcial por parte de unha escola, no que se pode ver afectado un alumno/a ou toda a clase. Do mesmo xeito, amosámosvos o Plan de adaptación e Plan de acollida para dar a máxima información posible das normas a seguir durante este curso por mor da COVID. Tamén adxuntamos a enquisa de autoavaliación, na que, de presentar algún dos síntomas que reflexa, haberá que solicitar consulta no centro médico ou quedar na casa. Finalmente, podedes ter de referencia a Declaración responsable pola que as familias se comprometen a ter coñecemento dos protocolos e de presentar algún síntoma, tomar as medidas axeitadas.

Aínda así, para calquera dúbida, xa sabedes como poñervos en contacto con nós, nas escolas ou no teléfono de dirección: 616440471

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión