Festas, conmemoracións e saídas

Escolas

San Xián de Sales

Dende o curso 2011-2012, nesta escola temos dúas unidades, unha de infantil e outra de primaria. Dicir que esta escola tivo unha notable mellora xa no ano 2014 o Concello solicitou unha desafectación das vivendas desta escola e propuxo un proxecto de mellora para a escola. Renováronse os baños e o recibidor e a parte de arriba  tivo unha reforma considerable a disposición da escola. De feito, unha das aulas superiores empregámola como aula de psicomotricidade e Educación Física e outros despachos cos que conta, dedícanse a traballar co alumnado de A.L. A escola está recén pintadaEste verán polo concello de Vedra. Ámbalas dúas aulas, contan cos seus respectivos paneis interactivos, instalados a finais do curso pasado. O noso teléfono de contacto é: 689593583

Preme para acceder ao xeolocalizador da escola de S. Xián

San Fins de Sales

A escola de S Fins, conta con dúas aulas: nunha delas desenvólvense actividades puntuais diversas, como traballo co alumando de A.L. ou talleres varios, mentres que na outra aula é onde se desenvolven a  maioría das actividades educativas da titora e dos mestres/as especialistas Esta escola ademais conta cun patio exterior. Dende a pandemia, hai un local, que pertencía a unha asociación, que o concello deixa usar para desenvolver a materia de psicomotricidade e Educación física e mesmo sirve de patio cuberto. A comezos do curso 2022-2023, o concello cambiou o tellado desta escola e este verán pintouna. O teléfono de contacto é o 628984564.

Preme para acceder ao xeolocalizador da escola de S Fins

 

Sarandón

Esta escola conta con 2 aulas, nunha delas desenvólvense as actividades de psicomotricidade e educación física, mentres que na outra aula é onde está o alumnado, levándose a cabo a  maioría das actividades educativas do titor e especialistas. Conta tamén con un patio exterior dotado con diferentes xogos nos que os pais e nais da escola estiveron moi implicados por conseguir, xunto co centro e o concello. Asemade, esta escola ten unha peculiaridade que a fai moi especial e é a relación entre familias e escola, con numerosas saidas conxuntas, fora do horario escolar, excursións en familia, varias comidas e mesmo a participación do alumnado en certámenes de teatro, como pode ser Teatrofilia, en Vedra. O teléfono de contacto é o 661180447

Preme aquí para acceder ao xeolocalizador de Sarandón

 

Sergude

A escola de Sergude é unha das 3 escolas que o CRA ten no concello de Boqueixón. No 2017 tivo unha gran mellora interior, por parte do Concello de Boqueixón o que fixo que se convertira nunha escola moi acolledora. Esta escola conta con 2 aulas, nunha delas desenvólvense as actividades de psicomotricidade e educación física e actividades puntuais diversas, mentres que na outra aula é onde se desenvolven a  maioría das actividades educativas da titora e dos mestres/as especialistas. Conta con un panel interactivo, instalado recentemente na aula principal e PDI con proxector na aula secundaria. Entre a mestra e as familias están dándolle un xiro ao patio da escola na que a reciclaxe únese ao inxenio e a vangarda. Destaca tamén o seu traballo na horta escolar que posúe, na que chegou haber ata galiñas. Esta escola tamén conta con unha ampla zona de xogos e patio cuberto, o cal foi acondicionado polo Concello de Boqueixón no curso 2021-2022 O teléfono de contacto é o 616440472

Preme aquí para acceder ao xeolocalizador da escola de Sergude

 

Camporrapado

   Esta escola é a que mellor espazo lúdico- educativo ten para o alumnado. Consta de dúas plantas. Na planta de arriba está ubicada a aula na que destacan os espazos de biblioteca, plástica e xogo. Na planta de abaixo, das mesmas dimensións que a de arriba, da pé a levar a cabo a clase de educación física e outras actividades. Conta con un pequeno almacén no que se gardan diferentes materiais, mesmo da horta, na que esta escola leva gran parte da súa actividade curricular.  En canto ao patio é de amplas dimensións, no que están situados un areeiro, uns columbios e unha casiña de madeira. Esta escola tamén tivo unha importante mellora por parte do Concello, tanto no 2017 como no verán do 2021, data na que intalaron a cuberta do patio. En canto ás aulas, as dúas contan con conexión a internet, material didáctico vario( puzles, regretas, libros, construcións….), un panel interactivo, instalado recentemente na aula de arriba e PDI con proxector na aula de abaixo, unha biblioteca de aula e o mobiliario oportuno para desenvolver a actividade docente. Cabe salientar o inmersa que está a escola na vida da parroquia, facendo pasarrúas no entroido e mesmo participando nas carrozas do S. Cidre, no mes de maio e comidas coas familias con motivo do peche do curso escolar. Si queres poñerte en contacto con esta escola faino chamando ao 649737678.    

Preme aquí para acceder ao xeolocalizador da escola de Camporrapado

 

Lestedo

Esta escola é a máis céntrica entre as escolas do CRA e máis preto está da sede. Está situada na carretera xeral. Conta con dúas aulas perfectamente equipadas. Nunha delas lévase a cabo propiamente a actividade de aula e a outra aula é onde se desenvolve a materia de Educación física e calqueira outro taller, obradoiro ou similar que se queira levar a cabo en espazos máis amplos. Asemade, conta con un baixo no que se gardan os xogos do patio e no que tamén hai baño. O patio está dotado de columpios, areeiro e zona verde de xogo. Conta con un panel interactivo, instalado recentemente na aula principal. O patio exterior foi acondicionado polo Concello con chan de cortizo, randeeiras, bambáns e areeiro o curso 2021- 2022 resaltando a colocación da cuberta sobre a zona de xogo. Esta escola foi totalmente rehabilitada no curso 2016/2017 nun Proxecto de Mellora dentro do PAS tanto exterior coma interiormente. O teléfono de contacto é o 616440474

Preme aquí para acceder ao xeolocalizador da escola de Lestedo

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión