Festas, conmemoracións e saídas

RETOS: Semana do 11 ao 15 de Maio

 

   

                          

        

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

APERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

TAL E COMO ESTABLECE A RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA RESTABLECESE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

ESTE PROCESO COMPRENDERÁ DENDE O

11 ATA O 18 DE MAIO, ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVES.

A ENTREGA DE SOLICITUDES FARASE NA SEDE DO CRA EN LESTEDO: CENTRO SOCIOCULTURAL CAMILO JOSÉ CELA.

 

DEBIDO A SITUACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS ESTABLÉCENSE AS SEGUINTES NORMAS:

-SOAMENTE SE ATENDERÁ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 616440471.

-RECOMÉNDASE A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE A TRAVÉS DA APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO.

-Á HORA DE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN SOLICITADA, SOAMENTE SE PERMITIRÁ A ENTRADA DUNHA ÚNICA PERSOA NO CENTRO, SALVO CASOS DEBIDAMENTE XUSTIFICADOS.

-A CONTINUACIÓN INFORMAMOS DA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

-A admisión pódese facer de xeito telemático (con chave 365 ou certificado dixital). Máis información no seguinte: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

- Tamén se pode descargar do seguinte enlace:   ANEXOII

- DNI ou Libro de Familia e certificado de escolarización en casos de traslado de centro. (Art. 16). 

- Recordámosvos que as solicitudes teñen que vir correctamente asinadas polos proxenitores

 Formalización da matrícula:  DO 1 AO 10 DE XULLO.

 

 

Semana do 4 ao 8 de Maio

        

                              

        

Semana do 27 Abril ao 1 de Maio

           

                                 

        

Semana 20-24 abril

Esta semana comezamos cos retos o xoves, que é o Día do Libro. A partir da próxima semana xa teredes un reto diario, que poderedes ir facendo cando mellor vos vaia!

Para ver os retos podedes premer na imaxe da semana 1 e levaravos ao enlace dos retos do xoves e venres. Tamén o podedes facer premendo no arquivo adxunto que atopades debaixo da imaxe.

Algúns teñen enlaces a vídeos, si premedes enriba das fotos, levaravos ó enlace correspondente!

Boa semana!

 

Terceiro Trimestre

Queridas familias, nenos e nenas,

dada a situación actual, as mestras e mestres do CRA decidimos organizar en conxunto o que resta de trimestre.

A proposta que vos facemos será a de levar a cabo un RETO diario na casa! Nós encargarémonos de facer as propostas, e vos de desfrutalas en familia!

A través dos retos, aprenderedes xogando, e traballaredes de forma implícita distintas capacidades, habilidades e destrezas que vos axudarán no voso desenvolvemento. Plantexamos os retos en conxunto, pero cada un/unha de vós pode adaptalo ás súas capacidades, con mais ou menos axuda por parte dos adultos, ou complementándoo con calquera outra tarefa que vos suxira o reto.

Encantaranos recibir fotos ou vídeos dos vosos retos para ver como estades levando o confinamento e estar un chisquiño máis en contacto!

Si tedes calquera dúbida ou pregunta, poñédevos en contacto cos mestres e mestras, que vos axudaremos encantad@s!

Podedes seguir complementando ademais o traballo na casa coas propostas que as titorías e especialidades fan en cadanseu apartado da páxina web.

 

Disfrutádeos! J

Unha mensaxe moi especial!!

Xa levamos 3 semanas na casa e todos os nenos e nenas estades a demostrar o moito que valedes. Con este vídeo, vaia o noso recoñecemento para con vós nestes días. Para ver esta mensaxe premede na seguinte imaxe. Unha enorme aperta de todo o claustro do CRA Boqueixón Vedra!!

ABALAR MÓBIL

Ferramenta de comunicación coas familias: abalarMóbil

 

Estimadas familias:

Informámosvos que esta semana publicaremos as cualificacións do noso alumnado na aplicación AbalarMóbil como xa viñamos facendo en todas as avaliacións. Esta aplicación, que xa leva en funcionamento varios anos na Consellería de Educación, ofrece as seguintes funcións:

- Acceso a datos persoais.
- Consulta das cualificacións.
- Consulta e xustificación de ausencias.
- Solicitude de cita de titoría.
- Consulta de datos do centro educativo.
- Consulta de avisos ou notificacións dos profesores ou do centro.
- Consulta de incidencias creadas polo profesorado.

Aplicación:      https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil (Descargala no Play store do móbil / App Store).

Guía de uso:     https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites//espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

A aplicación está dispoñible para nais/pais e titores legais de todo o alumnado do CRA.

Se non a descargástedes aínda, seguide estas indicacións:

PASOS A SEGUIR:

- Descargar a aplicación abalarMóbil no número de móbil dun dos responsables da alumna/o que foi facilitado ao centro (Descargala no Play store do móbil / App Store).

- Unha vez descargada abrímola e debemos seguir os pasos que nos indica:

- Introducir o número de móbil.

- Introducir o código de 9 díxitos que nos envían ao móbil por sms.

- Introducir unha clave persoal que sexa fácil de recordar.

- Xa se pode acceder á información.

Se algunha familia tivera dificultades para descargar Abalar Móbil pode poñerse en contacto co CRA :

- Teléfono: 616440471

- Correo electrónico: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es

Recordámosvos que este medio de comunicación é complementario e que seguiremos utilizando ao mesmo tempo as existentes ata o momento.

Este trimestre o boletín de notas non se mandará impreso debido á situación na que nos atopamos.

LIGAZÓNS ÁS ESCOLAS , ESPECIALIDADES E PROXECTOS

Estimadas familias!! Lembrámosvos que para acceder ao material das escolas teredes que premer no nome de cada escola que atoparedes enriba de esta publicación. Asemade para acceder ao contido proposto polo mestre e mestras especialistas teredes que premer no lado dereito, onde atoparedes todas. Por outra parte, para acceder ao contido proposto dende os distintos equipos premeredes no lado izquierdo, en EQUIPOS, sendo esta ubicación a destinada ás propostas de BIBLIOTECA, TICS, NORMALIZACIÓN....

Asemade. contades cos blogues do Centro: Rukutrú e Draboque (mediambiental) e non nos podemos olvidar da nosa nube, na que atoparedes actividades en todos os bloques, con flash e sen el, para infantil e primaria.

Finalmente, queremos facervos unha proposta que consiste en que nos mandedes fotos ou pequenos vídeos ao whatsapp das escolas, levando a cabo as actividades, ben o traballo de titoría, das especialistas ou dos equipos. Por exemplo, a semana pasada propuxéronse actividades en todas as escolas, os especialistas e mesmo polo día da narración oral e da poesía. Se o considerades oportuno, podedes mandarvos fotos ou vídeos traballando, para logo subilo aos blogues correspondentes ou á web do centro.

Ante calqueira dúbida, xa sabedes como poñervos en contacto con nós, a través dos diferentes whatsapps das escolas, mediante o correo electrónico: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es e mesmo no teléfono de dirección: 616440471. 

Moito ánimo que xa falta menos...xuntos conseguirémolo!!

Día da Poesía

Bo día familias!

O 21 deste mes foi o día da poesía e para conmemoralo desde o equipo de biblioteca seleccionamos 3 retahílas co obxectivo de xogar con este tipo de texto.

A retahíla é un tipo de poesía de tradición oral, rimada e cun ritmo moi rápido. Teñen un carácter lúdico e son un bo recurso para traballar a fluidez verbal, a imaxinación e a memoria.

Que actividades podedes facer para xogar con elas?

-Recitarlla varias veces

-Recitala en eco (recitades un verso e el@s repíteno)

-Recitar o principio do verso e que digan a palabra final, a rimada.

-Recitar un verso e que digan o seguinte.

-Recitala moi, moi despacio e ir incrementando a velocidade ata facelo rapidísimo.

-Recitala saltando, ou poñendo os pelos de punta, tapando o nariz, saltando a comba, inventando un xogo de palmas...

-Podedes gravar un audio recitándoas se vos apetece. E mandalo ao teléfono do cole.

-E gravar retahílas que coñezades e así podemos facer unha colección. Mandádeas ao teléfono do cole. Podedes usalas para botar a sortes a quen lle toca face unha tarefa, quen empeza un xogo....Xa veredes que rápido as aprenden, moito antes ca nós.

Esperamos que desfrutedes da actividade!

DÍA DA TRADICIÓN ORAL

DESDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CRA ANDIVEMOS A ARGALLAR UNHA NOVA ACTIVIDADE PARA CELEBRAR ESTE DÍA.

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR, E A QUE NOS VAIADES MANDANDO COUSIÑAS PARA PODER FACER UNHA BOA RECOLLEITA.

ABRIDE O DOCUMENTO ADXUNTO E A DISFRUTAR!!!!

Día internacional da Muller e Igualdade

Como ben sabedes, o pasado 8 de marzo, conmemoramos o día internacional da Muller. Unha data no calendario para reflexionar sobre os avances realizados, pedir novas melloras e celebrar o valor e determinación das mulleres que desempeñan un papel clave na historia dos seus paises e comunidades.

 Neste centro, e ao longo de dita semana puxemos en marcha un Obradoiro de Igualdade (financiado con cartos obtidos polo Pacto de Estado en materia de igualdade), baseado nun contacontos con maxia, polo que, da man de David de CPM eventos e a participación do Mago Noel descubrimos a historia de Palmira e as dificultades que tivo ao chegar a unha nova escola, como se sentiu ó ser rexeitada polos demais e cal foi a peza clave para sentirse de novo segura de si mesma.

A continuación compartimos o ben que o pasaron os nenos e nenas de todas as escolas con dita experiencia!!

Concerto con Paco Nogueiras!!

Veña a mover o corpo e disfrutar con Paco Nogueiras. Este venres ás 16:45, concerto a través dos directos de Instagran. Non volo perdades. Premendo no propio Paco Nogueiras será el mesmo que volo explique.

Recomendacións Xerais para estos días

Moi boas tardes familias!! Aquí estamos hoxe estreándonos nun novo xeito de traballar. Durante todo o día, andivemos preparando a páxina web para que puidérades ver o material que o o profesorado irá subindo pouco a pouco e que de feito xa o está facendo. Por un lado, arriba e no centro está a opción de mirar o traballo por escolas e á dereita veredes outro apartado que pon especialidades, na que o profesorado especialista será o encargado de poñer á vosa disposición durante estos días, material para levar a cabo, de xeito voluntario e que non será avaliable.

Dende o claustro do CRA Boqueixón Vedra "Neira Vilas" achegamos a seguinte información para seguir unhas recomendacións xerais e traballar conxuntamente, todas as escolas. 

Podedes imprimir dito documento no seguinte arquivo adxunto, no que tamén atoparedes a ligazón a un conto e un xogo. Unha aperta.

INFORMACIÓN SOBRE O TRABALLO A REALIZAR NAS CASAS

Moi bo día familia! Achegásmosvos información sobre o traballo que pode levar a cabo o alumnado durante estos días de peche das escolas. Un saúdo afectuoso!!

INFORMACIÓN SOBRE O TRABALLO A REALIZAR NAS CASAS

INFORMACIÓN DE ÚLTIMA HORA

Suspensión das clases dende o luns 16 de marzo - Coronavirus

Segundo anuncian os principais medios de comunicación, a partires da vindeira semana, en concreto dende o luns 16, quedan suspendidas todas as actividades lectivas, complementarias e extraescolares nos centros educativos

O venres 13 de marzo os centros educativos permanecerán abertos, coa RECOMENDACIÓN DE NON ASISTENCIA por parte do alumnado

Dentro do respecto ás decisións individuais de cada familia, agradeceríamos que se comunicara na escola de referencia a asistencia ou non asistencia para o venres 13 de marzo.

En canto dispoñamos de máis información, seguiremos informando por medio desta páxina web e nos grupos das escolas

 

https://www.lavozdegalicia.es/retransmision/sociedad/2020/03/12/directo-coronavirus-pico-transmisiones-llega-fin-china-trump-prohibe-viajes-europa-estados-unidos/01071583992893632908194.htm

 

https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/suspendidas-clases-galicia-coronavirus/idEdicion-2020-03-12/idNoticia-1235213/

O noso Tríptico informativo

Con este tríptico queremos achegarvos o noso traballo diario neste CRA, os nosos proxectos e en definitiva o que fai que "educando en familia" sexa o noso lema. Poderás descargalo no arquivo adxunto que aparece abaixo das imaxes.

 

ADMISIÓN CURSO 2020-2021

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS:

  1. Débese ter en conta que só se pode presentar unha única solicitude no centro que se pon en primeiro lugar. O incrumprimento desta obriga provoca a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. O alumnado que ten garantida a permanencia no centro, no caso de presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo.
  3. Si o alumnado ten praza reservada nun centro e presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión
  4. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.  Nos demais casos requírese a resolución xudicial correspondente e a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero. 

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO:

DECRETO 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes.

Orde do 12 de marzo de 2013 polo que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado

Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG) pola que se modifica a orde do 12 de marzo de 2013

Instruccións da D.X. de Centros e Recursos Humanos sobre o procedemento da admisión para o curso 2020-2021

 DOCUMENTACIÓN:

-A admisión pódese facer de xeito telemático (con chave 365 ou certificado dixital). Máis información no seguinte: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

- Tamén se pode descargar do seguinte enlace:   ANEXOII

- DNI ou Libro de Familia e certificado de escolarización en casos de traslado de centro. (Art. 16). 

 Formalización da matrícula:  Do 20 ao 30 de xuño.

 

Oferta de plazas vacantes para o vindeiro curso 2020/2021

Con motivo do período de admisión, que comeza o vindeiro 1 de marzo e abrangue ata o 20 de marzo, publicamos as vacantes das que dispoñemos en cada escola para o vindeiro curso. Podedes achegarvos a calquera escola do CRA de 9 a 14 horas, de luns a venres ou a sede, sita no campo da feira, enriba da escola municipal, os martes de 16 a 18 horas e os mércores de 9 a 14 horas. Para calquera dúbida, podedes mandar un correo electrónico, chamar a calquera das escolas ou ao número da dirección que a continuación vos facilitamos: 616440471.

Tamén podedes descargar o arquivo adxunto que aparece debaixo da taboa, coas vacantes.

ESCOLA

NÚMERO DE PRAZAS VACANTES

ESCOLA DE LESTEDO

7

ESCOLA DE SAN XIAO

19

ESCOLA DE SERGUDE

10

ESCOLA DE CAMPORRAPADO

16

ESCOLA DE SAN FINS DE SALES

11

ESCOLA DE SARANDÓN

4

TOTAL

67

No Entroido concienciámonos co cambio climático!!!

Un ano máis celebramos o entroido por todo o alto. Nesta ocasión a temática era relacionada co cambio climático, desastres naturais e mesmo artificias, que moito ten que ver a man do home. Para iso, cada escola escolleu un desastre para representalo con humor pero tamén reivindicando un planeta máis limpo e saudable.

O venres 21 ás 16 horas estábamos no Centro Sociocultural de Vedra,para amosar o traballo deste último mes. Comezamos con un desfile no que non faltou a música nin algunha simpática representación.

  De seguido, chegou a hora das actuacións. Lestedo foi a encargada de dar o pistoletazo de saída coas inundacións. Un equipo de Protección Civil de Boqueixón-Vedra, avisou da chegada dunha alerta por vento e auga. Tiveron que salvar, con unha lancha, ás xentes que quedaron atrapadas nas súas casas e mesmo viñeron voluntarios para limpar as rúas de lama. Para ver esta actuación, premede na seguinte ligazón:

Actuación de Lestedo

Da auga pasamos aos incendios, coa escola de Sergude. Tamén fixeron unha representación  do mal que pode facer o lume en xeral e a man do home en particular, de como viven esta situación moitos animais e prantas e a gran axuda que nos ofrecen os equipos de bombeiros..... e ata viñeron con camión incluído:

Actuación de Sergude

A continuación, foi o turno da escola de Camporrapado. Alá viñeron dispostos a limpar os mares de plásticos. Deste xeito, coa actuación, axudaron a concienciarnos da importancia de non verter lixo polo prexuizo que lles fai aos animais do mando mariño. Alí estaban os pescadores axudando a que o medio mariño vivira máis feliz.

A seguinte actuación veu da man de Sarandón, con esta escola sumerxímonos  no fondo do mar para reivindicar e concienciar da importancia de recoller o lixo. Acompasados coa canción dos Beatles "Yellow submarine", deleitáronnos con coplas en contra da contaminación.

Actuación de Sarandón

E xa que estamos coa auga, foi o turno da escola de S Xián, co desxeo. Non cabe a menor dúbida que traballaron e interiorizaron esta temática con unha copla moi reivindicativa, que os nenos e nenas elaboraron coa axuda das titoras. Para volvela a ver e como todas as escolas, premede na seguinte ligazón:

Actuación de S Xián

Como broche de ouro, a escola de S Fins, foi a encargada de concienciarnos da importancia de coidar o mediambiente polo mal que a contaminación fai no noso día a día e como pode repercutir na nosa saúde.

Actuación de S Fins

Na seguinte e derradeira ligazón poderedes acceder ao album onde están as fotos e algúns vídeos máis, da tarde do venres de Entroido. Agardamos fose do voso agrado...Ata a vindeira!!!!!

Desfile e fotos actuacións     

 

AVISO IMPORTANTE SOBRE A RESERVA DE PRAZA A CENTROS ADSCRITOS

Poñemos en coñecemento das familias que reservaron praza para os seus fillos/as nos centros adscritos, dígase CPI Plurilingue Antonio Orza Couto e CPI de Vedra, que TODO O ALUMNADO ESTÁ ADMITIDO. Máis adiante informaremos dos prazos para formalizar matrícula.

Xornada de Portas Abertas!!!!

Xa empeza marzo e tamén o período de admisión dos nenos e nenas, nados no 2017 e que comeza a Educación infantil nos centros públicos, do 1 ao 20 de este mes. Dende o CRA Boqueixón Vedra convidámosvos a visistarnos o vindeiro 3 de marzo en horario de 12 a 13 horas, para visitar as escolar que queirades e ver de primeira man como son e como se traballa en cada unha delas deste xeito, poderedes solventar calquera dúbida que xurdira. Agardámosvos!!

 

Un entroido moi medioambiental!!

Xa non queda nada, mañán será o gran día para desfrutar do entroido no CRA Boqueixón Vedra. Levamos un mes a pleno rendimento, artellando ideas, coplas, bailes, disfraces e mañán Vedra recibiranos e alí amosaremos todo o que estas cabeciñas dan de sí, porque os nosos pequechos e pequechas non paran de sorprendernos e este ano temos moito que dicir sobre o mediambiente e os seus coidados. Non volo perdades, a partir das 16 horas no Centro sociocultural de Vedra. Despois das actuación, degustaremos gracias á organización da ANPA e coa colaboración dos pais e nais dunha merenda entrodeira.

Coidado coas portas, que por algunha escola xa apareceron os burros e este ano, veñen pisando moi forte!

Viva o CRA Boqueixón Vedra....VIVAAAAA!!! Viva la gente de su mayor apreeecio...VIVA!!!! Viva quien le mira y rodeeeea..... VIVAAAAAA!!!!

Ímos de celebración en celebración!!

Como ben sabedes, o vindeiro venres celebraremos o entroido no centro sociocultural de Vedra. Alí desfilaremos, bailaremos, cantaremos e merendaremos, gracias á merenda que organiza a ANPA en colaboración coas familias.

Xa de volta do entroido, o xoves 27 de febreiro, quédannos moitas conmemoracións que celebrar e actividades por desfrutar.

Que mellor xeito de voltar que asistindo á gala do mellor docente de España, que se celebrará no auditorio de Abanca, en Santiago de Compostela o vindeiro 29 de febreiro. Como lembraredes, a nosa Ari, foi seleccionada como finalista e alí estaremos para desfrutar con ela de este grande evento que xurdiu por iniciativa dos pais e nais da escola de Sergude.

O galardón consistirá nunha estatuiña conmemorativa Educa, un diploma acreditativo e un premio de 1000€ en metálico. Os restantes nove finalistas, entre os que se atopa a nosa querida Ari, obterán unha estatuiña e un diploma acreditativo.

Xa vos contaremos o que dou de si este evento e o moito que o disfrutamos. Por iso que non nos queda outra cousa que dicirvos que.....Continuará....

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

 

Reserva de plaza para centros adscritos

Mañán venres 1 de febreiro, comeza o plazo para solicitar plaza nos centros adscritos, aqueles nenos e nenas que rematan infantil, no caso das escolas de Boqueixón ou que rematan segundo curso de primaria, no caso das escolas de Vedra. Aquí poderedes encontrar os impresos, tanto en galego como en castelán. tamén os podedes solicitar en cada escola.

 Atendendo ao disposto na ORDE do 12 de marzo de 2013pola que se desenvolve o procedemento para  a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos  DOG 15-03-2015) modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1-02-2017) o prazo de reserva de praza para continuar estudos en centros adscritos será do 1 ao 17 de febreiro.

ADSCRIPCIÓN DO CRA BOQUEIXÓN-VEDRA “Neira Vilas”

ÁBRESE O PRAZO PARA FACER A RESERVA DE PRAZA PARA OS NENOS QUE PASAN A 1º ou 3º de

PRIMARIA NOS CENTROS AOS QUE ESTÁ ADSCRITO O

CRA DE BOQUEIXÓN-VEDRA “NEIRA VILAS”:

 

( CPI PLURILINGÜE DE VEDRA/ CPI ANTONIO ORZA COUTO)

                                  S Fins                                      Camporrapado

                                San Xián                                          Sergude

                                 Lestedo

                               Sarandón

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrición deberá presentar nas escolas do CRA, na sede do CRA ou directamente na Sede electrónica da Xunta de Galicia a solicitude de reserva xerándoa previamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Menú:  Solicitudes- Solicitudes de reserva - Crear solicitude de reserva 

Esta solicitude deberá presentarse en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital CHAVE 365.

 1) De entregarse en papel, entregaráselle na escolaao/á titor/aquen facilitará o xustificante de entrega da mesmo, ou na sede do CRA en horario de Dirección:      Martes de 16 a 18 horas

Mércores de 9 a 14 horas 

 2) De presentarse electronicamente debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixitalou CHAVE 365. De presentaladestexeito non sería necesario entregala en papel no centro.   

Ámbalas dúas opcións son viables.   

En caso de ter dificultades coa aplicación, a documentación (modelo ED550A) facilitarase no centro en ámbalas dúas linguasoficiais e poderase cubrir igualmente de xeito manual.

As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2020.    

A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.

Mellor docente de España!!

Como xa vos fomos contando, a nosa Ari, mestra da escola de Sergude, foi seleccionada para os premios Abanca á mellor profesora de España, gracias aos pais e nais de esta escola que foron quenes a propuxeron para tan grande acontecemento. Chegou á final con outros 9 profesionais e o día 10 de xaneiro decidiuse aque iba a ser a primeira de esa gran e privilexiada lista. A nosa Ari quedou no posto número 7 de España, pero non podemos esquecer que foi a primeira de Galicia. Dende o CRA Boqueixón Vedra con toda a comunidade educativa como un gran equipo, só podemos estar orgullosos de que forme parte do noso día a día. Gracias por ser como eres...CAMPEONA!!!

Festival de Nadal!!

Un ano máis, non podemos dar máis que gracias a todas as familias que formades o CRA Boquiexón Vedra "Neira Vilas", por ser tan entregadas e participativas en todo o que dende o claustro vos propoñemos. Non pode ser menos o agradecemento para a ANPA, que non sodes nin máis nin menos que estas grandes familias das que estamos a falar e que tanto facedes polo ben de todo o alumnado.

A tarde do día 20 convertiuse nunha festa na que nenos e nenas e mesmo profes divertíronse agasallando con diferenets actuacións para os presentes e que mellor xeito de rematar a xornada que un chocolatiño quente con churros, por cortesía da Anpa. 

Dende o claustro desexamos que este 2020 nos siga agasallando con moitas máis xornadas coma esta e que poidamos disfrutalas con saúde e ledicia. Bo Ano a tod@s!!!

Actuación de Relixión

Actuación Camporrapado

Actuación S. Xián

Actuación S Fins

Actuación Lestedo

Actuación Sergude

Actuación Sarandón

Actuación profesorado

Papá Noel nas escolas do CRA

A un día de rematar este trimestre, tivemos unha visita moi especial ...

Os nosos alcaldes mediaron para que Papá Noel visitara as nosas escolas! e así foi...Que emoción!!!!

 

As profes dixeron que as nosas caras non tiñan prezo e ata aproveitamos para facerlle algunha que outra petición... Papá Noel, agasallounos con caramelos e recordounos que en poucos días teríamos unha nova visita...moito máis persoal!! 

 

Que a maxia destes momentos nos acompañe durante todo o ano!!!

Bo Nadal!!

Todo o claustro do CRA Boqueixón Vedra "Neira Vilas", queremos desexarvos con esta felicitación, unhas moi boas festas e que o novo ano que entra, nos traia moitos momentazos para compartir e desfrutar co ben máis prezado que temos, os vosos nenos e as vosas nenas e sempre da man das familias que formades esta gran comunidade educativa. Bo Nadal!!!

 

Para visualizar a felicitación preme na seguinte imaxe:

A nosa Ari, un dos dez finalistas a mellor docente de España 2019

Non podemos empezar de mellor xeito o mes de decembro que de celebración. Parabéns á nosa Ari, a profe da escola de Sergude por estar xa dentro dos 10 finalistas para acadar o recoñecemento de mellor profe do ano. Gracias aos pais e nais por valorar o seu gran traballo diario e facer que este soño sexa posible, para ela a para os que compartimos aulas con esta pedazo profesional e mellor persoa. Agora toca esperar ao 10 de xaneiro para coñecer as puntuacións de tod@s el@s e saber quen se alza co título oficial. Sen dúbida que xa tod@s son gañadores xa que non é doado chegar a ser uns dos 10 mellores de España...por algo será. Noraboa amiga!!!!

 

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión