Festas, conmemoracións e saídas

25 de novembro: Día Internacional da eliminación da Violencia de Xénero

Dende os nosos concellos están a provomer unha gran campaña de concienciación contra a violencia de xénero. Ademáis de xornadas, charlas e teatro, nesta ocasión tamén quixeron facernos partícipes ás escolas coa campaña malva na que damos todo o noso apoio e pora iso, por unha parte, veredes en todas as nosas escolas un cartel sobre a mesma e por outra, agasalláronnos a todo o alumnado e profesorado con unha chapa conmemorativa:

                                                  "As mans para loitar                                                                                                                                                non para ferir.                                                                                                                                                        A fala para acariñar,                                                                                                                                                non para anular". 

Obradoiro sobre epilepsia nas escolas

A pasada semana tivemos a gran sorte de poder contar nas nosas escolas coa asociación UGADE para saber un pouquiño máis sobre a epilepsia. Só podemos dar as grazas polo seu traballo ben feito, con explicacións claras e exemplos prácticos que tanto o noso alumnado como o profesorado aproveitou moi ben. Noraboa e de novo, mil grazas.

Premendo na seguinte imaxe poderedes ver un vídeo resumo de este obradoiro.

Títeres na SGAE

O pasado luns, 18 de novembro, alá fomos á SGAE para desfrutar dos títeres e ver en vivo e en directo "La boda de la pulga y el piojo". Alí fixemos o que máis nos gusta: rir e cantar.

A vindeira xa está aí!!

Ciencia en Ruta

Un ano máis disfrutando dos talleres de Ciencia en Ruta que nos traen a ANPA do centro. Nesta ocasión, o taller foi sobre os cohetes e coma sempre o éxito da actividade foi con maiúsculas e a lanzadera unha cousa nunca vista, impresionate!!!. Graciñas unha vez máis á nosa querida ANPA por traballar arreo polo noso alumnado. 

Pasabodeghiñas´19

Xa rematamos de coller as colleitas e ainda que nos queda o millo sen apañar xa celebramos o noso traciocional magosto na parroquia de Sarandón, na que os veciños abren as eiras, os camiños, as portas. Camiñamos polas eiras, paseamos, disfrutando da natureza, bailamos e comemos, que maís se pode pedir. Nin que dicir ten o agardecidos que estamos e o ben que o pasamos. Graciñas a tod@s os que axudades a que esta xornada sexa posible.

Premendo na seguinte montaxe poderedes ver un pouco máis o que celebramos nesta xornada.

A mellor mestra de España no CRA

Nesta semana chegábanos a gran nova de que a profe Ari, da escola de Sergude, está nominada para ser a mellor mestra de España. Foi unha iniciativa que partiu dos pais e nais da escola de Sergude e que pola nosa parte non podemos estar máis de acordo e orgullosos por esta nominación.  Parabéns profe Ari e moita sorte, ainda que para nós xa eres gañadora, o mesmo que podían ser outros profesionais do noso centro, xa que non dubidamos da gran materia prima coa que contamos. Agora queda esperar un pouquiño máis para saber a decisión  do xurado.  Para máis informacion, podedes ver a seguinte ligazón. 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2019/10/02/once-profesor...

Xa estamos a toda máquina!!

Rematado o período de adaptación, xa estamos argallando novas experiencias para este novo curso. Cabe salientar que todos os nenos e nenas están integrados á perfección, non podía ser doutro xeito xa que o noso alumnado é súper campeón. Envoltos en plena vendima, en nada sairemos á festexalo no noso particular magosto.

Becas Necesidades Educativas especiais curso 2019-2020

Publicado no BOE o 27 de xullo:

Extracto de la Resolución de 23 de julio de 2019, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso 2019-2020.

 Estas becas  están dirixidas a alumando con necesidades educativas especiais "derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conducta" e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capaciddes intelectuais.

Para máis información sobre estas becas pincha aquí.

Lembrade que o prazo para a solicitude da beca é ata o 26 de setembro.

Período de adaptación para o alumnado que comeza a 2ª etapa de Educación infantil

Para que poidades organizarvos, xa vos adiantamos como será o período de adaptación do alumnado que comeza no centro en 4º de Educación Infantil. O alumnado que curse calquera dos otros niveles, virá dende o primeiro día en horario de 9 a 14 horas.

Xuntanza informativa de principio de curso

Xa estamos de volta e con gañas de contarvos todas as novas de cara a este novo curso que en breve comezará. Para iso, convidámosvos á xuntanza que terá lugar o vindeiro luns día 9 ás 19 horas en Lestedo, deste xeito explicaremos todo o relativo ao comezo do curso e funcionamento do centro e tamén solventaremosvos calqueira dúbida que teñades. Agardámsovos. Un saúdo de todo o claustro do CRA Boqueixón- Vedra.

Calendario escolar 2019-2020

Publicamos o calendario para o vindeiro curso escolar 2019-2020. Feliz verán a tods@ e ata setembro. A comezos de setembro publicaremos a data da xuntanza de inicio de curso. Para calqueira dúbida podedes poñervos en contacto no teléfono de dirección: 616440471

Material escolar para o vindeiro curso 2019-2020

Poñemos á vosa disposición os listados de material das diferentes escolas que forman o noso CRA para o vindeiro curso. Atoparedes a información dos diferentes materiais premendo nos arquivos adxuntos da parte baixa de esta publicación.

Formalización de matrícula Curso 2019-2020

 Xa estamos rematando este curso e comeza o prazo de formalización de matrícula para o vindeiro curso. Será do 20 - 30 de Xuño.

HORARIO PARA A ENTREGA DE DOCUMENTOS Xoves 20 e venres 21  de Xuño 9:00 – 14:00 (nas escolas) . Desde o luns 24 ata o 28  de Xuño na Sede do CRA de 9:00-14:00

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

· Instancia de Matrícula cuberta (descargar a seguinte ligazón):  Anexo III-1

· Cuestionario lingua materna (no arquivo adxunto).

· Fotocopia cotexada das follas de inscrición no libro de familia e no que figure o matrimonio ou parella de feito. (Cotéxase no centro. Non é precisa se xa se entregou coa admisión)

· Fotocopia do Boletín de Vacinas.

· 2 Fotocopias da tarxeta de prestación sanitaria.

· 3 fotografías tamaño carné (co nome do neno/a escrito no reverso) 

· Certificado médico de non padecer enfermidades infecto contaxiosas.

· No caso de que o neno padeza algunha enfermidade que a escola deba coñecer como a Epilepsia, Diabete ou alerxias que poidan desencadear unha anafilaxia, deberase presentar tamén un certificado médico ao respecto para incluír o neno no programa de Alerta escolar.

· No caso de familias separadas, aportarase copia do Convenio Regulador sobre Custodia e Patria Potestade.

 * CÓMPRE QUE TODA A DOCUMENTACIÓN SEXA ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS. NO CASO DE FAMILIAS SEPARADAS É OBRIGATORIO ÁMBALAS DÚAS SINATURAS.

 

Hoxe somos noticia no Portal Educativo da Xunta e na Voz de Galicia

Onte, a nosa directora, Mª Elena García, reuniuse cos representantes de todos os CRAs de Galicia (AMCRAGA) con motivo da xuntanza que mantiveron coa conselleira de Educación e co conselleiro de Medio Rural, para dar visibilidade á fusión de dous CRAs: o de Santa Comba e Coristanco xunto coa escola de Lañas, en A Baña. Asemade, serviu para amosar a unión que existe entre os diferentes CRAs o que apoiaron ámbolos dous conselleiros alí presentes. Porén, tanto Dona Carmen Pomar como Don José González, grande defensores de este tipo de ensino, comprometéronse a seguir apoiando estos centros e convidaron a que se continúe a labor que se leva a cabo nos CRAs e que favorece a vida no ámbito rural e a continuidade do mesmo. 

Nos seguintes enlaces podedes ver as novas sobre esta xuntanza:

 La Voz de Galicia

Portal Educativo da Xunta de Galicia

Concello de A Baña (Galería de fotos)

LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL CURSO 19-20

A Consellería de Educación vén de publicar a Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, participación no fondo solidario e de axudas para a adquición de material escolar.

Prazo de presentación: do 21 de maio ao 21 de xuño.

Podedes acceder aos seguintes enlaces:

SOLICITUDES

FONDOLIBROS

SEDE ELECTRÓNICA

O alumnado que pasa para 1º,2º e 3º e faga entrega presencial da solicitude, deberá levala ao Centro no que continuará os seus estudos o vindeiro curso 2019/2020.

Para calqueira dúbida, poñédevos en contacto coa dirección do centro

Listaxe definitivo de admitid@s para o vindeiro curso 2019-2020 en 4º de Educación infantil

Publicamos a listaxe definitiva do alumnado admitido para comezar a segunda etapa de educación infantil para o vindeiro curso no noso centro, podedes descargar o arquivo adxunto. Como saberedes, hai que facer a formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño. Antes de esta data, convidámosvos a todo o alumnado admitido a visitar a súa futura escola e pasar un día de convivencia en horario de 11:30 a 13horas e onde xa vos informaremos da formalización de matrícula e da documentación a presentar. Benvid@s a tod@s!!!

Visita institucional para poñer en alza a innovación educativa no CRA

Este pasado venres, 26 de abril, tivemos unha nova visita no centro. nesta ocasión tratouse dunha visita institucional para ver de primeira man o noso traballo diario e como a innovación educativa forma parte do mesmo. Para iso, visitounos o Delegado Territorial da Xunta de Galicia e representante do goberno galego, Don Ovidio Rodeiro Tato a quen acompañou o inspector de educación Don Celso Currás Fernández e os tamén convidados pola Xefatura territorial, os alcaldes dos concellos que conforman o CRA, dado que son eles os que teñen a titularidade das mesmas e os encargados do seu mantemento. Deste xeito, comprobaron a importancia da robótica nestas idades tan tempranas e a facilidade que teñen estos nenos e nenas para desenvolverse con diferentes aplicacións educativas axudan a traballar os centros de interese do alumnado e acadar os obxectivos lóxico-matemático e lingüístico dun xeito lúdico e innovador.

 Seleccionado a primeira imaxe, poderedes ver a nota de prensa publicada na páx oficial da Xunta na que se explica o obxeto de esta visista ao CRA Boqueixón Vedra "Neira Vilas". Non podemos menos que agradecer tanto o interese suscitado á hora de coñecer as nosas demandas como o feito de valorar o traballo que se realiza.

    

 

Listaxe provisional de admitidos para o vindeiro curso

Facemos achega da listaxe provisional de admitidos para 4º de Educación Infantil e que comezarán  esta segunda etapa de infantil o vindeiro curso 2019-2020. Para calqueira dúbida podedes poñervos en contacto con nós, ven en calquera das nosas escolas, na sede do CRA, en Lestedo, os martes de 16 a 18 horas e mércores de 9 a 14 horas e si o preferides mediante correo eléctronico no seguinte enderezo: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es ou no teléfono: 616440471.

O noso CRA na Facultade de Psicoloxía

O pasado venres, o equipo directivo do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas", foi convidado á facultade de Psicoloxía da USC para impartir unha charla sobre a innovación educativa no rural, concretamente para que o alumnado tivera unha visión práctica das escolas rurais, de como nosorganizamos o profesorado itinerante e como se organiza un centro coas peculiaridades que ten un CRA.

Alá estivemos co profesor Don Antón Costa Rico e Dona Carmela Cambeiro Lourido, do Departamento de Pedagoxía da Facultade de Educación da USC, compartindo o noso día a día e como un profesor vive e sinte a escola rural, asemade tamén estiveron interesados en coñecer a visión de un pai neste tipo de escolas. 

Sólo temos palabras de agradecemento polo trato recibido, o interese que amosaron os asistentes e o receptivos que estiveron tod@. Agora queda que nos devolvan a visita. Deste xeito, aceptaron encantados visitar as nosas escolas o vindeiro curso e ver de primeira man esta realidade que temos no rural, a carón das nosas casas.

Gracias a toda a familia do CRA que o facedes posible, dende o profesorado ata os pais e nais, que sen a súa confianza isto non sería posible!!

 

Descubrindo o cabalo galego e o centro de capacitación en Sergude na compaña de Anxo e Servando

Que mellor xeito que celebrar o día da árbore que descubrindo a paisaxe de Boqueixón. Alá nos fomos ata Sergude para coñecer o centro do Cabalo de pura raza Galega, na que Xacobo e Paula nos ensinaron o educadiño que teñen aos cabalos, facendo incluso unha exhibición de doma. Logo fomos paseando ata a Centro de capacitación agraria na que nos ensinaron as instalacións e moito do que alí aprenden, merendamos e desfrutamso do espectáculo que nos trouxeron Anxo Moure e Servando Barreiro gracias á mediación da ANPA e ao Concello de Vedra por facerse cargo dos gastos de este taller.

Para ver un resumo do que foi este día, podedes seleccionar a seguinte imaxe.

Mar Benegas no CRA

Como saberedes, este curso estamos traballando dun xeito especial a poesía e quen mellor que Mar Benegas para levar  acabo dun taller e de paso coñecer diferentes obras de esta autora e facernos sentir máis a poesía. Para iso, xuntámonos todo o cole na escola de Lestedo e levamos a cabo dous talleres máis, un sobre a luz da man do profe Antonio, no que nos convertemos nos amos da luz e un terceiro taller sobre a arte, na que puidemos expresar as nosas emocións e sentimentos en diferentes tipos de materiais. Poderedes ver un resumo do que foi a mañán seleccionando a foto de abaixo. Esperamos que vos guste e atención que en nada temos outra saída para contarvos o que alí imos facer e aprender.... ata pronto!!

Alumnado admitido nos centros adscritos para o curso 2019-2020

Facendo clic no centro de adscrición que seleccionáchedes para matricular ao voso fillo, ou mesmo no nivel que cursará o vindeiro curso, veredes o listado de admitivos para cada nivel. Lembrade que este alumando terá que formalizar matrícula do 20 ao 30 de xuño nos centros nos que foron admitidos, ben no CPI Antonio Orza Couto o no CPI de Vedra.

CPI ANTONIO ORZA COUTO

CPI DE VEDRA: 1º PRIMARIA

                        2 PRIMARIA

                        3º PRIMARIA

Vacantes por escolas para o vindeiro curso 2019-2020

Achegámosvos as vacantes das que dispoñemos en cada escola do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas". Lembrade que podedes solicitar praza do 1 ao 15 de marzo en calquera das escolas e mesmo na sede do CRA, en Lestedo. Asemade, celebraremos a xornada de portas abertas o vindeiro luns 11 de marzo de 12 a 13:30 horas. Agardámosvos!!!

Tamén podedes descargar o arquivo adxunto coas correspondentes vacantes.

 

PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2019/2020

 

Dona Raquel García Fraga, como secretaria do Centro CRA de Boqueixón- Vedra “Neira Vilas” (Boqueixón),

CERTIFICA que, as prazas vacantes nas nosas escolas para o vindeiro curso son as seguintes:

 

ESCOLA

NÚMERO DE PRAZAS VACANTES

ESCOLA DE LESTEDO

11

ESCOLA DE SAN XIAO

19

ESCOLA DE SERGUDE

7

ESCOLA DE CAMPORRAPADO

12

ESCOLA DE SAN FINS DE SALES

10

ESCOLA DE SARANDÓN

5

TOTAL

64

 

 

Lestedo, 27 de febreiro de 2019

 

 

Festival de Entroido 2019

Un ano máis celebramos o noso entroido no CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas" na casa da terceira idade de Vedra. Foron moitos os preparativos, moitos nervos, moito pensar pero tamén recompensado coas risas e o que disfrutamos do gran día con toda a gran familia que formamos a comunidade educativa.

Este ano, a temática escollida entre todo o claustro foi o entroido da Ulla. Alí desfilaron abandeirados, correos, xenerais, o coro de bonito e de vellos, as parrandas e ata non faltou a charanga dos festicultores. Ao escenario foron subindo nesta orde e deron cadanseu o mellor de sí: bailaron, cantaron e non faltaron nin a presentación dos correos, nin os esperados atranques d@s nos@s xenerales e xeneralas que non defraudaron e aseguraron o futuro desta tradición na nosa comarca. Para finalizar, os xenerales e xeneralas botaron os vivas ao CRA e a tod@s @s que formamos parte do mesmo.

Como colofón final e grazas ao bo facer da nosa ANPA, puidemos desfrutar da merenda entroideira na compaña de todas as familias.

Só nos queda darvos as grazas a cada familia pola vosa colaboración en cada cousa que se vos solicita, ao "técnico de son" por estar sempre voluntarioso e como non, polo seu bo facer. Por todo iso....

VIVAN as familias do CRA Boqueixón-Vedra...VIVAAA!!!

VIVA a xente do seu mellor apreeecio!!...VIVA!!

VIVA quen os mira e rooodeeea!!!...VIVAAAA!!!

Facendo clic no seguinte collage, poderes ver un resumo do que foi o noso festival de entroido.

 

RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA 2019-2020

Do 1 ao 20 de marzo será o período de admisión do nenos e nenas nados no 2016, que cumpren 3 anos neste 2019 e polo tanto comezan no mes de setembro a segunda etapa de educación infantil. Tamén corresponde facer a reserva de praza aquel alumnado que cambiando de centro, non lle correspondía facelo en febrerio, cando se fixo a reserva a centros adscritos.

Aquí tendes toda a información sobre este tema. Asemade, para calquera dúbida xa vos poñemos como podedes poñervos en contacto con nós.

Do mesmo xeito, podedes descargar un arquivo adxunto con toda a información e mesmo os formularios ao final desta publicación.

ADMISIÓN CURSO 2019-2020

Atendendoaodisposto na ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para  a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos  DOG 15-03-2015) modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1-02-2017) o prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo.

PRESENTARASE UNHA ÚNICA SOLICITUDE ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS no centro que se solicita en primeiro lugar do VENRES 1 AO MÉRCORES 20 DE MARZO. (formulario normalizado ED550B ORDE do 12 de marzo de 2013 modificada polaOrde do 25 de xaneiro de 2017 

As solicitudes de admisión  cubriranse  (Do 1 ao 20 de marzo) mediante o  formulario normalizado (ED550B) a través da aplicación de xestión do proceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado 

Menú:  Solicitudes- Solicitudes de admisión- Crear solicitude de admisión        MANUAL FAMILIAS

CRA BOQUEIXÓN-VEDRA “NEIRA VILAS”

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

CÓDIGO DE CENTRO 15032571

e presentaranse:

A)NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (precísase CHAVE 365 ou certificado dixital)

           B) HORARIO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

            ESCOLAS  DO CRA ( Camporrapado, Sergude, Lestedo,Sarandón, San Fins, San Xián)

Tódolos días de 9 a 14

SEDE DO CRA BOQUEIXÓN- VEDRA (Vilar s/n- Lestedo)

  • MARTES 16:00-18:00
  • MERCORÉS: 9:00-14:00

Teléfono de Contacto:  616440471

 Dito formulario (ED550B) tamén será facilitado en papel gratuitamente nas Escolas e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación e nos BLOGs das escolas.

 Xunto coa solicitude de admisión, achegarase copia do DNI do alumno ou copia da folla do libro de familia onde apareza o neno/a, e copia do DNIs dos pais/titores legais. (De entregarse varias solicitudes perderanse tódolos dereitos de prioridade como figura na normativa citada)

 Os alumnos xa escolarizados, que presenten unha solicitude de admisión noutro centro,  teñen a obriga de comunicalo ao seu centro de orixe.

 No caso de que se teña que baremar (habendo máis demanda de prazas que vacantes), do 25 de marzo ao 5 de Abril solicitarase a información acreditativa xunto coas follas 3 e 5 do formulario normalizado (ED550B)

 As listaxes de admitidos e excluídos provisionais presentaranse nos taboleiros das escolas antes do 25 de abril e as  listaxes definitivas antes do 15 de maio de 2019. 

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 28 de Xuño de 2019.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS!!

A admisión de matrículas paar o vindeiro curso xa está á volta da esquina e por iso convidámosvos a tod@s os que queirades, a visitar as nosas escolas o luns 11 de marzo en horario de 12 a 13:30. Podedes coñecer calquera delas ou mesmo todas e ver tanto as instalacións como o xeito de traballar nas mesmas. Ven a coñecer un xeito diferente de facer escola, ven a coñecer a escola rural, unha escola para educar en familia!!!

 

 

 

 

UN NOVO RECOÑECEMENTO PARA TODA A FAMILIA EDUCATIVA DO CRA

Na tarde de onte, no Palacio de Fonseca, o noso CRA recibiu un recoñecemento de excelencia e calidade educativa  no ámbito da potencialización da relación coas familias. Este premio veu da man de Familias Mundi co seu presidente e catedrático á cabeza Don Agustín Dosil, encargado de facerlle entrega do recoñecemento á directora do centro, dona Mª Elena García que ata Fonseca se acercou con unha representación do profesorado, xunto con Yolanda Neira, anterior directora e que tamén tivo moito que ver na relación existente entre este centro e as familias. Tampouco faltaron representantes da ANPA, entrantes e saintes, e que entre todos fan que sexa moi doado traballar coas familias en xeral e os nenos e nenas en particular. O recoñecemento é para tod@s, familias e mestres, os que están e os que marcharon pero que sempre permanecerán e que fan posible, que co seu bo facer e ser, o CRA Boqueixón- Vedra "Neira VIlas" teña premios de esta altura. Lóxicamente, un agradecemento aos concellos de Vedra e Boqueixón pola entrega e traballo que amosan para coas nosas escolas no día a día. Esto sólo pode convertirse en seguir dando o mellor de nós para que repercuta no mellor que ten o CRA...os nosos nenos e nenas.

Facendo clic na primeira imaxe,na que a directora ensina o diploma, veredes o momento máis importante da tarde e a intervención de Elena.

 

Aprendendo a plantar e coidas os nosos montes

Comeza o tempo de sementar e neste centro xa nos puxemos mans á obra nas hortas das nosas escolas e mesmo nas casas veciñas. Entrementres, este curso estamos inmersos nun proxecto mediambiental sobre o coidado e conservación dos nosos montes. Porén, levamos a cabo unha plantación de 30 castiñeiros que o distrito 3 de ordes, do servicio de preveción de incendios nos fixo chegar e o concello de Boqueixón, que puxo todas as facilidade spara levar a cabo a plantación nese terreno e e memso fixo achegar a motobomba, unha das auténticas atraccións da xornada. Facendo clic na seguinte imaxe poderedes ver un resumo do que fixemos no epicentro do CRA e que é a testemuña da unión das escolas de Boueixón e Vedra, O Pico Sacro.

 

Reserva de plaza para centros adscritos

Mañán venres 1 de febreiro, comeza o plazo para solicitar plaza nos centros adscritos, aqueles nenos e nenas que rematan infantil, no caso das escolas de Boqueixón ou que rematan segundo curso de primaria, no caso das escolas de Vedra. Aquí poderedes encontrar os impresos, tanto en galego como en castelán. tamén os podedes solicitar en cada escola.

 Atendendo ao disposto na ORDE do 12 de marzo de 2013pola que se desenvolve o procedemento para  a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos  DOG 15-03-2015) modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1-02-2017) o prazo de reserva de praza para continuar estudos en centros adscritos será do 1 ao 15 de febreiro.

ADSCRIPCIÓN DO CRA BOQUEIXÓN-VEDRA “Neira Vilas”

ÁBRESE O PRAZO PARA FACER A RESERVA DE PRAZA PARA OS NENOS QUE PASAN A 1º ou 3º de

PRIMARIA NOS CENTROS AOS QUE ESTÁ ADSCRITO O

CRA DE BOQUEIXÓN-VEDRA “NEIRA VILAS”:

 

( CPI PLURILINGÜE DE VEDRA/ CPI ANTONIO ORZA COUTO)

                                  S Fins                                      Camporrapado

                                San Xián                                          Sergude

                                 Lestedo

                               Sarandón

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrición deberá presentar nas escolas do CRA, na sede do CRA ou directamente na Sede electrónica da Xunta de Galicia a solicitude de reserva xerándoa previamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Menú:  Solicitudes- Solicitudes de reserva - Crear solicitude de reserva 

Esta solicitude deberá presentarse en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital CHAVE 365.

 1) De entregarse en papel, entregaráselle na escolaao/á titor/aquen facilitará o xustificante de entrega da mesmo, ou na sede do CRA en horario de Dirección:      Martes de 16 a 18 horas

Mércores de 9 a 14 horas 

 2) De presentarse electronicamente debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixitalou CHAVE 365. De presentaladestexeito non sería necesario entregala en papel no centro.   

Ámbalas dúas opcións son viables.   

En caso de ter dificultades coa aplicación, a documentación (modelo ED550A) facilitarase no centro en ámbalas dúas linguasoficiais e poderase cubrir igualmente de xeito manual.

As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar aoprazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2019.    

A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.

A nosa sementeira xa está aquí!!

Acabamos de empezar o ano e xa botamos a andar a nosa horta para a vindeira primavera- verano. Deste xeito e como non podía ser de outra forma, reciclamos material para levala a cabo. Porén, aproveitamos botellas de cinco litros de auga para enchelas de terra, fixémoslles un buratiño, sementamos nelas as prantas que escollimos para esta tempada, regamos e incluso fixemos un traballo de lectoescritura para saber que plantas imos ter en cada botella. Primeira parte feita pero isto non queda aquí e asegurámosvos que isto promete.....Seguiremos contándovos!!! Ata pronto...

 

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión