Festas, conmemoracións e saídas

Blogues

Rukutrú

CRAteca

PARABÉNS, PARA TODOS!

Bo venres, familia:

Hoxe é un día raro, máis raro se cabe que os que levamos acumulados polo confinamento. Rematamos curso cos nosos peques fora das aulas, temos que estar ledos, se palpan as vacacións, pero quedamos sen celebracións, alborotos, bágoas compartidas, abrazos e biquiños de pequerrechos e grandes, chuches e pegadas pegañosas que acompañaban ao derradeiro día na escola.  Unha proba máis para facer máis forte a nosa resilencia.

E como cada ano, aproveitamos este día para celebrar os aniversarios dos nen@s que escolleron a estación do sol para soprar velas e recibir agasallos. Así que hoxe é o turno de XABIER e ANDRÉ. Parabéns por adiantado, biquiños e abrazos por duplicado. 

Aquí tedes o Libro agasallo virtual que os vosos compis fixeron e no que plasmaron algunhas das cousas que máis vos gustan. Creo que acertaron, non si?

 

Como nas outras ocasións, teño xogos preparados. O primeiro, xa sabedes, o quebracabezas que esconde un vídeo-canción de aniversario. Desta volta no vídeo aparecen “Masha y el oso”, a min gustoume e a vós?

 

Agora vai un xogo algo tenebroso. Entramos nun castelo e o seu dono nos pide que lle deamos un pouco de orden. Temos que colocar a imaxes na parte de abaixo, nun lado ou noutro, segundo empezen por vogal ou non. Quen se atreve?

 

O xogo que ven a continuación está adicado a Xabier, que xa sei que é un experto en Xeografía. O que queira atreverse ten que ler e unir o nome das comunidades autónomas co seu lugar no mapa de España.

 

E como as outras veces,  ahí van as coroas para estes cumpleañeiros veteranos, en formato quebracabezas. Premede nas imaxes para poder xogar.

 

 

E agora van as tartas. Mágoa que sexan virtuais!

 

 

PARABÉNS, PARA TI!

Bo xoves, familia:

Hoxe temos celebración que festexar: GRABRIELA está de aniversario. Recordo cando naceu porque estabamos de festa de fin de curso na Carballeira de San Fins. Como pasa o tempo! Moitos biquiños, Gabri!!

Gabriella, supoño que queres ver o agasallo dos teus compis. Aquí tes o libriño virtual que con moito agarimo elaboramos. Moitas grazas a todos os peques e ás familias por todo o voso esforzo e colaboración.

 

Agora ven o momento de xogar, pero sen perder de vista que tamén podemos aprender e mellorar habilidades. Este primeiro xogo quebracabezas seguro que xa vos resulta familiar. Tedes que ir facendo clic nas imaxes que empecen pola sílaba ou letra que aparece arriba resaltada en azul. Despóis tedes un vídeo sorpresa que xa coñecedes e ao mellor lles trae recordos aos vosos papis e mamis.

 

O seguinte xogo é un pouco diferente. Está feito coa plataforma wordwall. A vosa misión é facer estourar globos para que as caixas caian dentro do seu vagón, según a letra pola que empezan. Tedes que estar moi atentos que os globos se desprazan rápido e poden caer no vagón equivocado. Volvemos xogar coas letras do nome da nosa compi. Pincha na imaxe para acceder ao xogo.

 

É para rematar a corona da cumpleañeira e a tarta, en formatos virtuais. Premede nas imaxes para facer os quebracabezas. 

 

 

 

PARABÉNS, PARA TI!

Bo venres, familia:

Mañán teremos un día especial, o vosa compañeira SARA celebrará o seu aniversario e dende a escola non podemos deixar de celebralo. Moitísimos parabéns!! Moitísimos bicos voados!!

Quero seguir agradecendo aos nen@s e as familias a participación  e implicación para que hoxe sexa un día de celebración.

Esta é a vosa obra, o Libro agasallo en formato virtual, ao que xa imos estando acostumados. Chic@s, nela reflexades as vosas ganas aínda que xa esteamos acabando este curso tan atípico e teñamos moito cansancio acumulado.

 

As seguintes propostas son xogos online, onde o nome de Sara está moi presente. Primeiro imos facer o quebracabezas para poder escoitar a canción especial para este día. Desta volta é unha canción diferente, a ver si vos gusta!

 

Neste outro xogo utilizo o nome de SARA para que clasifiquedes as imaxes que van aparecendo, nun lado ou no outro lado, segundo a sílaba pola que empecen. Se dubidades, premede no circuliño da "i", que as imaxes teñen sonido.

 

Agora veñen 2 quebracabezas da aplicación jigsawplanet que xa coñecedes. As pezas están moi revoltas. Quen é capaz de ordenalas para descubrir as sorpresas que agardan a Sara?

 

 

A COR DA PEL

Bo martes, familia!

Hoxe imos falar sobre a cor da pel. En Educación Infantil recurrimos aos contos para abordar temáticas diferentes. Hoxe vos traio un conto de Eva Mª River, elaborado pola Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI), co título: “Un chocolate muy especial”.

 

Despois de pasar moito tempo buscando información útil para traballar o tema do racismo e a diversidade cultural nestas idades, topei con Angélica Dass, unha fotógrafa brasileña que abordou este tema a través do seu proxecto Humanae, co que trata de facernos reflexionar sobre as etiquetas que temos sobre as razas e sobre a gran gama cromática que ten realmente a pel humana. O seu proxecto, aínda en construcción, conxiste na realización de retratos fotográficos, xa leva máis de 4.000, de persoas voluntarias de todo o mundo, ás que etiqueta seguindo o sistema Pantone, que non é mais que unha paleta ou gama de cores á que se lle da unha numeración, de xeito que poidamos reproducir a cor exacta en cada momento. Ollade este vídeo explicativo do seu proxecto.

A idea de hoxe é que fagades un retrato voso tratando de facer fincapé en reflexar o mellor posible a cor real da vosa pelPrimeiro teredes que pintar todo o folio, mesturando cores coas acuarelas ou témperas, ata dar coa cor da vosa pel, e cando seque debuxades encima o voso retrato. Veña, a pintar, que sodes uns artistas!

A METADE DO BISCOITO

Bo luns, familia!

Hoxe imos comenzar cun conto que lles gusta moito a tod@s en xeral: “Cocorico” da editorial OQO, escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch. Ahí vai:

No adxunto tedes unha ficha de comprensión do conto, por si a queredes facer.

Acabo de atopar un xogo Lim estupendo sobre Cocoricofeito pola mestra Belén Velasco da EEI Tarrio Samieira. Inclúe tamén o conto. Podedes premer directamente nas actividades se xa escoitáchedes o conto.

 

Agora imos a traballar o concepto de “METADE”. Para iso vos propoño unha actividade sinxela para  que visualicedes o concepto.

Collede unhas poucas pezas, máis ou menos iguais (fabas, garabanzos, pastas, pedriñas, cereixas, ...) o que teñades pola casa. Imos meter nun pratiño unha cantidade par delas. Colleremos 2 pratiños máis e repartiremos a cada vez o conxunto das pezas nos pratiños, de xeito que en cada prato haxa a mesma cantidade. Cada un dos pratiños ten unha METADE do que había antes. Podedes mandar unha foto do voso reparto. Eu fixen este 2 repartos:

 

Para os máis atrevidos, vai este xogo online. Ven da web de Educapeques e traballa simultaneamente os conceptos opostos: METADE-DOBRE.  O DOBRE dunha cantidade e sumar, contar 2 veces esa cantidade. Tedes que descargar o xogo no voso ordenador e logo abrilo para poder xogar. 

 

LLE PASA ALGO AO PLANETA?

Bo venres, familia!

Hoxe, 5 de maio, é a data reivindicativa que a ONU escolleu para adicar ao Medio Ambiente, pola necesidade que temos os humanos de cambiar o modo de usar os recursos que nos ofrece o planeta e así conservalo, pois é  o único fogar que coñecemos, ... de momento.

O curso pasado traballamos un chisquiño sobre un conto escrito e ilustrado por Eva Clemente que se titula “¿Qué le pasa al planeta?" A ver quen se acorda:

Como vedes este conto quere facernos entender que as grandes empresas e os gobernos poden ser axentes de cambio para mellorar o Medio Ambiente, pero sobre todo cada uno de nós podemos facer moitas cousas pequechiñas que sumadas producen cambios significativos.

É a mesma idea que nos deixaba o historiador Howard Zinn nunha das súas célebres frases: “Se a xente puidera ver que o cambio se produce como resultado de millóns de pequenas accións que parecen totalmente insignificantes, entón non dubidarían en realizar estes pequenos actos”.

O momento actual que vivimos inmersos na pandemia do Covid19, está deixando patente nas nosas rúas o excesivo consumo de artículos non reutilizables como mascarillas e luvas hixiénicas que logo aparecen ciscadas por todas partes. Pensade que se poden empregar mascarillas reutilizables e lavar a menudo as mans en lugar de usar luvas.

Recordades o conto que un compañeiro trouxo á escola polo seu aniversario? Pois ollade o que nos cantaLa ballena llena” sobre o uso de mascarillas e luvas:

 

A actividade de hoxe é que recollades a través dun debuxo, dun vídeo, dunhas fotos, dun audio, dun escrito nun papel, ... como se vós ocurra, algunhas desas pequenas cousas que facedes a diario ou de vez en cando e que axudan a coidar o planeta. Así podemos aportar ideas entre tod@s para mellorar o noso entorno.

Con todas as ideas aportadas por vós, logo podo elaborar algún xogo online e subilo por aquí. Boa finde chic@s!!

ANIMAIS DE GALICIA EN PERIGO

Un dos temas preferidos dos vosos fill@s son os animais e tamén é un tema que me apaixona a min. Así que sobre iso traballaremos hoxe. Galicia goza dun entorno natural privilexiado pero está ameazada polo cambio climático igual que o resto do planeta. En Galicia existen animais autóctonos que están en perigo de extinción. A primeira labor para revertir este proceso é coñecelos. Vou a presentarvos algúns deles a través dos quebracabezas.

 

Imos continuar co tema. Agora tedes que ver imaxes de diferentes animais e tratar de escribir o seu nome. A ver se dades! Este é un xogo de cokitos.com. 

 

E se xa traballáchedes todo o que puxen hoxe, penso que andaredes algo cansos, así que voi ir rematando cun xogo moi completo sobre animais. É extraido da páxina do MEC e feito por profes. Conto que vos agrade!

XOGANDO COAS LETRAS

Bo mércores, familia!

Se onte xogabamos cos números, hoxe tócalle o turno ás LETRAS. Imos comenzar por una canción que nos axuda a aprender o abecedario.

 

Despois de ensaiar un rato a canción, xa estaredes listos para o xogo que ven agora da man de CIBERKIDZ. Hai que ordenar as letras para completar o abecedario, colocándoas debaixo de cada pitiño. Coidado que non aparece a letra “Ñ”. Veña, a xogar!

 

As letras que máis acaparan a nosa atención e que primeiro se traballan na escola, soen ser as vogais. Pois ben, o traballo que ven a continuación, da plataforma liveworksheets, consiste en escribir as vogais que faltan de 5 palabras, que alguén roubou. Veña, este é fácil! Recordade ao rematar, premer en "¡Terminado!" e logo en "Comprobar mis respuestas".

 

Agora imos practicar mecanografía. Como na era dixital usamos teclados, teremos que aprender a manexalos e averiguar onde están situadas as letras. O xogo consiste en copiar as palabras que aparecen usando o teclado do teu ordenador. Se intentades lelas primeiro ou deletrealas, moito mellor. É outra aplicación de CIBERKIDZ.

 

Nesta derradeira ficha, tedes que localizar a sílaba inicial dunhas palabras colocando cada imaxe sobre a súa sílaba. Para os que xa len ou están iniciándose, esta actividade de liveworksheets pode ser útil.

 

AS CONTAS MANDAN

Bo martes, familia!

Hoxe imos retomar unha das miñas actividades favoritas, o manexo dos números. Empezaremos por un conxunto de xogos ao que xa estamos acostumados porque o empregamos habitualmente na escola, Papelillos, da editorial Algaida. Aínda que tedes moitas actividades relacionadas cos números, tamén podedes remexer e fedellar nas outras. A ver canto aprendedes!!

 

Dende a Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI) nos ofrecen un xogo online para contar obxectos. Inclue 4 xogos ou niveis de dificultade. Hai que estar superatentos para que as contas saian!

 

Sobre estas líneas tedes un xogo de sumas sen apoio visual, ata 20, elaborado por Arcademics. É unha carreira de motos de auga, na que podes xogar con outros xogadores. A ver quen chega antes á meta!! Puro exercicio de cálculo mental.

 

E para rematar imos cun xogo de restas, agora si, con apoio visual. Xogo aportado de novo pola editorial Algaida. Resulta moi visual para entender o concepto da resta. Ánimo, que ides ser uns expertos nas contas!! Ah! e tede algo de paciencia que tarda en cargar.

 

O VERÁN E A SEGURIDADE INFANTIL

Bo luns, familia!

Este novo mes que iniciamos é para os nen@s e para tod@s a antesala da época estival. Na escola adicamos estas datas a traballar a estación do verán, as medidas de seguridade que debemos respectar cando estamos ao aire libre e sobre todo en contacto co sol e coa auga.

Como o sol empeza a quentar moito, hai que ter claro como protexernos del. Aquí vai un vídeo moi breve sobre o tema:

  

A continuación van unhas recomendacións para nen@s sobre que facer para evitar accidentes cando estamos na piscina.

 

E agora imos practicar o que sabemos cun xogo lim sobre o verán. A ver quen da chegado ata o final: ten 42 páxinas. Recorda en cada páxina premer sobre a ”V” amarela da parte inferior, no lado esquerdo das frechas, para comprobar a túa resposta.

Sesión caseira!

Bo día familia!

Menos mal que agora xa podemos realizar actividade física fora da casa, así que vos animamos a que fagades todo tipo de cousas como: andar, correr, saltar, patinar, andar na bici, no patín, bailar...

Pero como aínda non podemos ir ao cole, dende a área de Educación Física vos propoñemos facer unha sesión caseira de lanzamentos.

A continuación, tedes un enlace ao vídeo dunha compañeira que vos explica os pasos a seguir para realizalo.

https://www.youtube.com/watch?v=e1bg8HOfWmA

 

A ver que tal esa puntería!

 

ÁFRICA, O NOSO VECIÑO

Bo luns, familia!

Hoxe é o Día de África, e aproveitando que o RETO musical tamén trata o tema vouno complementar cun par de vídeos e unha actividade sinxela.

O primeiro vídeo é un conto “La tortuga y la gaviota” presentado por Víctor, un africano que nos transmite a idea de aprender a valorar o que temos e o que somos. Ahí vai, espero que vos guste.

 

O seguinte vídeo fai unha presentación breve do continente africano adaptada para nen@s, da man de Dani, unha xoven youtuber de happylearning.

 

Nos adxuntos deixo 3 adiviñas que atopei no blog aulavirtualdeayl.blogspot.com/ dunha mestra e A.L. e P.T. para ler, memorizar e debuxar sobre animais que habitan neste fermoso continente. 

Tamén aparece nos adxuntos o Caderno 3 de fichas para o equipo vermello. En breve terei listos os outros dous.

Novo audioconto!

Bo día familia!

"A princesa do Caurel" é o libro que vos propoñemos para escoitar e participar nél.

A través do seguinte enlace poderedes escoitalo:

https://www.youtube.com/watch?v=d_5a507M97E&fbclid=IwAR2ZIuRtnAfWU0oLI7WxlAEZ-mJE0LrADP75RXvpXsrGypxIKTLrjE2UYbw

Unha aperta moi grande a todas e todos!

QUEBRACABEZAS CON ARTE DA TERRA

Bo venres, familia!

Como o prometido é débeda, hoxe elaborei os quebracabezas dos land arts superchulos que me enviáchedes a semana pasada. Sodes uns artistas!!

Os quebracabezas foron feitos coa mesma plataforma das veces pasadas: jigsawplantet.com

Tedes que facer o voso e os dos vosos compañeir@s. Quen se atreva con todos vai quedar en cachiños, con tanta peza.

Se pinchades en cada imaxe accededes á aplicación, e para iniciar o quebracabezas tedes que premer no botón con 2 frechas curvas que hai na parte inferior esquerda da pantalla.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS NOSOS AMIGOS POLINIZADORES

Bo mércores, familia!

Hai días que non teño idea do tema a tratar, hoxe é un deles. Pero vin que nesta data celébrase o Día Mundial das abellas e xa se me prenderon as luces. Un 20 de maio naceu Anton Jansa, esloveno do século XVIII, que se considera o pioneiro da apicultura moderna, por eso se escolleu este día.

Uns dos traballos máis importantes que estes bichiños fan no planteta é a polinización. A polinización é basicamente o transporte do polen dunhas flores a outras para conseguir froitos, sementes e novas plantas. A maioría dos polinizadores son seres vivos: insectos como abellas, abellóns, vespas, bolboretas, moscas, mosquitos, formigas e escarabellos pero tamén algunhas aves como os colibrís e ata morcegos, micos, lémures e  certas lagartixas. Tamén hai outros polinizadores que non están vivos, como a auga e o vento.

Sobre estas liñas tedes un vídeo que fala dos animais polinizadores e da súa importancia para conservar a biodiversidade do planeta.

 

Se premedes na imaxe do lémur ides a unha reportaxe fotográfica sobre animais polinizadores da National Geografhic en España.

As abellas son os polinizadores máis importantes das plantas con flores. Polinizan a 3ª parte dos alimentos vexetais que consumimos os humanos. A súa poboación está disminuindo moitísimo pola contaminación, os pesticidas e a pérdída do seu hábitad; de ahí a necesidade de protexelas.

Deixemos asentar esta información e imos xogar un pouco usando como tema as abellas. Como xa sei que sodes expertos probemos cun xogo de parellas da web educativa infantil.ehoyweb.es, con 3 niveis de dificultade. A ver quen chega ao 3º nivel! 

 

Agora  para rematar  o día tedes 2 fichas de lóxica-matemática sobre abellas, escollidas da aplicación Liveworksheets para facer online (non imprimades, porfi).

Nesta primeira ficha tedes que colocar as imaxes no seu lugar dentro da táboa. Tedes que prestar atención ao tamaño e ao debuxo.

 

 

Nestoutra ficha simplemente contades os obxectos da esquerda e unides co nº que representa a súa cantidade.

 

VIAXANDO POLO SISTEMA SOLAR

Bo martes, familia!

Hoxe vou retomar o tema do ESPACIO, que traballamos un pouquiño na aula alá polo mes de novembro aproveitando o taller tan chulo que os de Ciencia en Ruta nos ofreceron sobre os foguetes.

Primeiro quero que recordedes ese vídeo que tanto vos agradaba sobre o lanzamento dun transbordador espacial da N.A.S.A.:

 

 

Rebuscando na internet atopei unha web especializada no tema con moitas actividades para nen@s: www.esa.int/kids

Esta web presenta dun xeito ameno, varios temas relacionados co espacio a través da súa mascota Paxi, un extraterrestre prodecente dun planeta situado noutro sistema solar da nosa galaxia. Ollade este vídeo:

 

 

Agora tedes unha tarefa-xogo: as naves espaciais perderon as súas pezas e tedes que axudar a Paxi a recollelas. Move o rato para desplazar a nave de Paxi, pero coidado que se repiten as pezas e so podes collelas unha única vez. Tes moitos niveis que superar, ánimo que podes!

 

Para que recordedes os nomes dos planetas do noso Sistema Solar aquí tedes esta actividade elaborada por Nabila Touati dende a plataforma LearningappsTedes que facer clic sobre as chinchetas de cores para acceder aos nomes. Pedide axuda os que necesitedes que vos lean as palabras.

 

A seguinte actividade, elaborada dende a plataforma liveworksheets, é moi similar á anterior; tedes que colocar as palabras no seu recadro prestando atención á súa inicial. Como xa sabedes, ao acabar, que hai que premer en “¡Terminado!” e logo en “Comprobar mis respuestas”. 

Ah! e recordade que estas fichas non hai que imprimilas, así axudaremos a curar o planeta.

 

E para finalizar unha actividade moi sinxela: une cada planeta coa súa metade. Ao rematar, seguide as indicacións da actividade anterior. 

Novo conto

Bos días familia!

Esta semana vos propoñemos un novo conto, titulado "Chibos Chibóns". No seguinte enlace podedes escoitalo:

 

https://www.youtube.com/watch?v=aHuZ-mP2K4U&feature=youtu.be&fbclid=IwAR1oKUcb1Gj_lW7O5A8xEbdR-aiVA6aLIecGq1vzC5j04-IgNijeyFfkMrE

 

Esperemos que o gocedes!

CAMIÑANDO ENTRE DINOSAUROS

Boa tarde de luns, familia!

Hoxe veño preparada con actividades relacionadas cos dinosauros, un tema que interesa a moitos dos nos@s rapaces. Para saber un chisco máis do asunto imos comenzar cun vídeo explicativo:

 

Sobre estas líneas tedes un dos xogos que máis me gustan; os quebracabezas. Na  web de arbolabc.com nos ofrecen a posibilidade de construir 6 quebracabezas diferentes de dinosauros e nos dan a opción de poñer máis ou menos pezas.

 

Na web educaplay.com atopei un xogo de parellas, para os que xa ledes e para os demáis con axuda. Hai que emparellar cada palabra coa parte do corpo do dinosauro á que se refire.

 

Extraido da web pbkids.org vos propoño un xogo de dinosauros, no que teñen que medir e sumar troncos para construir unha ponte. Primeiro tedes que medir a ponte e logo colocar os troncos. Está en inglés pero resulta sinxelo de comprender.

 

Na web mundoprimaria.com subiron un xogo para formar os nomes de 6 dinosauros diferentes a partir das letras que compoñen cada nome.

 

Neste outro enlace accededes unha aplicación para colorear dinosauros online. Se o preferides deixo nos adxuntos algúns debuxos en pdf para imprimir.

A FAMILIA, NÚCLEO DA SOCIEDADE

Bo venres familia!

Hoxe é o Día Internacional da Familia, declarada pola ONU dende 1984, data que no CRA celebramos dende hai anos de xeito especial e ao que adicamos sempre unha manualidade que os nen@s levan para casa como recordo.

Unindo esto co tempo que temos hoxe de entrada de anticiclón e a necesidade de sair cos pequech@s a pasear para aliviar a situación de confinamento, ocurríuseme que podedes facer neste paseo un LAND ART. Vou facer unha breve alusión a este término, veredes que chulo e sinxelo de facer!! Para enrolar aos meus nen@s nesta actividade ahí vai este vídeo:

 O Land Art é un movemento de arte contemporáneo no que se unen paisaxe e obra de arte, que surdiu a finais da década dos 70 no século pasado en USA. Emprega como material a propia natureza: madeira, terra, pedras, arena, rochas, lume, auga, neve, flores, sementes, ... para intervir na mesma. As obras así creadas parecen unha mestura entre escultura e arquitectura.

A paisaxe é fundamental porque primeiro hai que observar o entorno, interpretalo, dialogar con el, e despois iniciar o diseño da nosa obra.

Un land art soe ser moito máis efímero que as obras de arte convencionais porque deixa que a choiva, a erosión, a auga, o vento, ... interveñan na obra. Por eso, a necesidade de recoller estas obras a través de fotografías, bocetos ou vídeos.

A súa intención tamén é sacar o arte dos museos e do seu contexto habitual facendo uso de materiais tradicionalmente considerados pouco artísticos ou sen valor. Ollade algúns exemplos:

 

 

A miña intención é publicar por aquí as fotos das vosas creacións. Mirade outros exemplos de land arts feitos por cativos, para inspirarvos:

 

COS NÚMEROS E AS SERIES

Bo xoves, familia!

Hoxe toca traballar cos números. Imos repasar o seu orden ata o 10. Empezamos cunha actividade para ordenar ourizos do 1 ao 10. 

 Agora imos facer ao revés. Temos cohetes que hai que ordenar do 9 ao 0, para iniciar o despegue. Alá imos!

Para recordar ben este orden, imos ver 2 vídeos, pero atentos a cousa se complica porque contamos e ordenamos ata o 20. No primeiro vídeo contaremos en sentido ascendente e no segundo, máis difícil, en sentido descendente.

 

 

Imos rematar por hoxe cun xogo de series con figuras que atopei na web juegosarcoiris.com, no que seguramente seredes expertos xa que practicabamos moito na clase. Tedes que ler a serie que está arriba e pensar que figura falta no recadro. Cando xa o teñades claro, buscade a figura abaixo e premede nela.

 

A IMPORTANCIA DOS CONTOS

Bo mércores, familia!

Estou convencida de que os contos abren moitos camiños, así que hoxe vou centrarme neles. Para empezar, tedes no enlace de abaixo unha pequena guía do autor Pedro Pablo Sacristán,onde se explican algunhas das razóns para defender esta idea.

https://issuu.com/cuentosparadormir/docs/educar-con-cuentos-v1.0

 

Aquí tedes 2 contos online do mesmo autor, para que vos lean, e para ler os que xa sabedes. A practicar!

 

 

E agora imos xogar co que levan os contos por dentro, coas palabras e coas letras. Todos os xogos de hoxe proceden do portal educativo e colaborativo Genmagic.org.

Aquí tedes un xogo que moitos coñecedes, o SUDOKU, pero non de nº senón de letras que vós tedes que elixir para poder xogar. Recordade que non se poden repetir as letras, nin nas filas nin nas columnas. Premede nas casillas as veces que precisedes ata atopar a letra que ides colocar nela.

 

Este outro xogo ten por obxecto formar palabras de animais coa axuda das imaxes. Igual que no outro, tedes que premer as veces necesarias cada casilla para atopar a letra desexada.

 

O derradeiro xogo de hoxe é moi similar ao anterior; hai que formar palabras de animais, coa diferencia de que tedes que usar o teclado e amosa a palabra a escribir pero coas letras mesturadas. Quen se atreve!

PARABÉNS, PARA TI !!

Bo martes, familia!

Hoxe temos un día especial, o voso compañeiro AMINE celebra o seu Aniversario e dende a escola non podemos deixar de celebralo. Moitísimos parabéns!! Moitísimos bicos voados!!

Quero seguir agradecendo aos nen@s e as familias a participación durante todo este tempo tan extraño de confinamento e a vosa implicación para que hoxe sexa un día de celebración.

Ahí vai a vosa obra, en formato virtual ao que xa nos imos acostumando. Chic@s, nela reflexades as vosas ganas, a vosa enerxía inesgotable e o convencemento de que xuntos sairemos adiante.

 

As seguintes propostas son xogos online, onde o noso cumpleañeiro está moi presente. Primeiro imos facer unha viaxe virtual a un lugar moi especial para Amine e a súa familia.

 

Neste xogo utilizo o nome de AMINE (aparece na cabeceira) para que busquedes nomes de compañeir@s ou de profes que empezan por cada unha das letras do seu nome. Cando completedes o xogo poderedes acceder ao noso vídeo especial para festexar o día.

 

Ui! Estes quebracabezas están un pouco desemparexados. Que imaxes amosan? Necesitamos axudantes para que recoloquen as pezas. Quen se atreve?

  

CAVILANDO SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bo luns, familia!

Todos os anos adicamos unhas sesións durante esta semana a traballar na clase o autor homenaxeado no Día Das Letras Galegas.

Este ano tocoulle o turno a RICARDO CARVALHO CALERO. A continuación tedes un dos seus contos, "As pitas baixo a choiva", a verdade moi gracioso, un pouco longo para os nen@s de Infantil pero merece a pena contalo.

 

Relacionado co conto déixovos nos documentos adxuntos un album dixital co mesmo nome, con 4 cancións compostas por un grupo de amigos da música baixo o nome de: "A banda das pitas".

Tamén deixo nos adxuntos un extracto de  6 fichas referidas ao conto, que forman parte dunha unidade didáctica que elaborou a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Quen queira facelas que as reparta entre varios días, así sacarédeslle máis proveito.

 

E para aprender algo sobre o autor homenaxeado, tedes un xogo online moi chulo e sinxelo creado coa aplicación Genially. Veña, atrevédevos a xogar!

UN REBUMBIO DE EMOCIÓNS

Bo venres, familia!

Hoxe quero centrar os meus esforzos no estado emocional dos nosos nen@s e de nós os adultos, nesta situación na que levamos inmersos xa bastante tempo.

Vou empezar esta  nova entrada cun conto: “Rosa contra el virus”, elaborado polo Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid. Aínda que xa temos á nosa disposición contos para nen@s pequenos sobre a pandemia do COVID19, este conto ofrece unha serie de recomendacións para os proxenitores que poden ser de utilidade.

 

Sobre estas líneas aparecen 2 actividades realizadas coa aplicación LearningApps, que tratan de axudar aos nen@s a relacionar estados de ánimo con expresións corporais e con determinadas actividades da vida cotiá.

  

A páxina de sésamo.com preséntanos un xogo no que aparecen situacións cotiás que activan certas emocións nos nen@s. O xogador terá que resolver a situación conflictiva a partir de varias opcións que se lle ofrecen.

  

Deixo nos documentos adxuntos o conto en pdf e 3 guías de axuda moi resumidas elaboradas polo Colexio oficial de Psicoloxía de Madrid:

  • Unhas recomendacións básicas nas saídas que fagamos cos nosos pequech@s.
  • Unha pequena guía para manter as rutinas escolares na casa.
  • Recomendacións para profesionais que atenden ao público.

No enlace de abaixo, tedes moita información variada que trata de aportar axuda psicolóxica frente a diversas situacións relacionadas co confinamento. Unha vez dentro da web tedes que premer en “Otros documentos” para acceder á información.

https://www.copmadrid.org/web/publicaciones

 

AS FORMAS DA RÚA

Boa tarde de xoves, familia!

Hoxe fai bo día e posiblemente poidades sair a dar un paseo. Xa sabedes que na rúa hai que seguir unhas normas, que afectan aos conductores de vehículos (incluso aos ciclistas, aos conductores de patinetes, ...) e tamén aos peóns.

En primeiro lugar imos ver un par de vídeos sobre estas normas de tráfico e sobre os sinais. Estade atentos que hai moito que recordar!

 

 

 

Agora probade estes 2 xogos, a ver canto sabedes!.

 

 

Por último se me ocurre, que cando saiades a pasear (recordade tamén as normas para protexernos frente ao CORONAVIRUS) podedes facer un xogo; “AS FORMAS DA RÚA”.

Para iso, precisaredes: un papel ou libreta, un lapis e os ollos ben abertos para descubrir sinais e facer un rexistro deles.

Antes de sair teredes que diseñar unha táboa (no documento adxunto deixo unha feita que podedes copiar, non é preciso imprimir) para apuntar:

  • Nome da vosa rúa. Buscade a placa onde está escrita ou preguntade a un maior.
  • Hora de saída. Tedes que debuxar un reloxo e colocar as agullas no seu lugar.
  • Debuxo do sinal: na 1ª columna da táboa tedes que debuxar ou pegar  gomets de xeito que haxa: 1 triángulo, 1 círculo, 1 cadrado, 3  rectángulos estreitos ou raias deitadas, simulando un paso de peóns.             

Agora queda o máis importante, facer un bo paseo e rexistrar os sinais triangulares (de perigro) que vexades, os sinais circulares (os vermellos de prohibición ou azuis de obligación), os sinais cadrados ou rectangulares (os que informan de algo) e os pasos de peóns pintados no chan. Debuxamos un pauciño por cada sinal que vemos e cando cheguemos a casa sumamos e escribimos en  díxitos, o total de pauciños debuxados.

Se non resulta perigroso facédevos unha foto ao lado dun sinal (ollo cos vehículos) e logo outra foto coa vosa táboa de rexistro. Quen será capaz de sumar máis pauciños?

COA TESTA CHEA DE NÚMEROS

Bo mércores, familia!

Hoxe volvemos retomar o traballo con números. Imos empezar por realizar actividades de conteo.

Empezamos co Equipo verde e facemos actividades de conteo ata o número 5. Ahí vai un xogo:

 

Agora complicamos un pouco a actividade. Contaremos obxectos ata o número 10:

 

Máis difícil aínda. Teremos que contar un número concreto de vexetais mesturados con outros diferentes. Hai que estar atentos!  

 

O xogo que ven a continuación busca o conteo de animais ata o 20, pero adxudicándolle unha cor diferente a cada animal, para facilitar o proceso. Se premedes en cada animal da táboa varias veces, poderedes cambiar a cor  do seu fondo, ata conseguir a que lle corresponde. Logo, so teredes que contar os animais que teñan esa cor. A concentración ten que ser máxima!

 

A derradeira actividade de hoxe, esixe lectura comprensiva. Trátase de resolver problemas matemáticos básicos (sumas e restas mentais) utilizando 2 personaxes: a galiña Tica e o can Tapo. A ver quen se atreve, é realmente difícil!

E TI QUE COMES?

Bo martes, familia!

Seguimos co tema de onte, os animais. Para entrar en materia, primeiro imos agudizar os oídos para tratar de averiguar de que animal se trata. Tedes que dicir en voz alta como se chama ese animal.

Agora imos complicar un pouco o asunto. Temos que relacionar cada cría coa súa nai formando parellas, e outra vez o mesmo, dicir o nome da cría e maila nai. Esta actividade foi creada por Iroslava Flores coa aplicación Learning apps.

A continuación tedes unha ficha para relacionar con raias cada animal coa súa casiña. Recordade premer no botón "¡Terminado!" para facer a autocorrección e a continuación no botón "Comprobar mis respuestas".

Agora imos traballar a clasificación dos animais según o que comen:

  • Herbívoros: os que se alimentan de vexetais.
  • Carnívoros: os que se alimentan doutros animais.
  • Omnívoros: os que comen vexetais e tamén animais.

Fai a seguinte ficha, tendo en conta esta clasificación. Pide axuda, si precisas que cho lean.

Cómo se alimentan los animales0

E para rematar hoxe, tedes que coidar dos animais da granxa de Lola. Ide con tino, primerio hai que darlle o que precisan (carretillas laranxas) e logo o que queren (carretillas azuis).

La granja de Lola 

ERES TI MIÑA NAI?

Bo luns, familia!

Aproveitando que onte foi o día da nai e estamos na primavera, vou traballar o tema do nacemento dos seres vivos e a clasificación básica de animais atendendo a este criterio: ovíparos e vivíparos.

Introduzo o tema cun conto, ¿ERES MI MAMÁ? escrito e ilustrado por P.D. Eastman.

 

A continuación traballaremos a comprensión do conto, que vos diga que foi o que máis lle gustou, recordar os animais e máquinas que se ven, os lugares que aparecen,  buscar onde aparece o título, o escritor  e ilustrador.

Animade ao nen@ a que faga un debuxo do mesmo e axudádelle a que sexa o máis completo posible: que copien ou resigan en maíusculas o título, que debuxen os personaxes, obxectos que aparecen no lugar, e incluso poñer os nomes do que dibuxan ou poñelos vós coa axuda deles.

No documento adxunto déixovos o conto en pdf que atopei, con imáxenes para colorear, por se a alguén lle apetece.

No vídeo de abaixo, de tipo informativo, se explica de xeito sinxelo a diferenciación entre animais ovíparos e vivíparos. Pode resultar, a priori, algo impactante porque mostra o nacemento de varios animais.

 Para reforzar o tema traballado, a contiuación tedes un xogo de clasificación de animais, según poñan ovos ou non.

Deixo nos adxuntos un paquete de fichas de trazos de números do 1 ao 3 para o equipo verde.

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión