Skip to Content

9.UN MISTERIO CAIDO DO CEO

8 - O INVERNO 2

ARREXUNTÁDEVOS BAIXO UNHA MANTIÑA PARA ESCOITAR ESTE NOVO PODCAST DE RABU RADIO.
 

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO QUE PASA A PRIMARIA. CURSO 2024-25

         Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas do 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 15 de marzo de 2013)modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro de 2017) informamos que:

   

1-Ábrese o prazo para que o alumnado do CRA de Meis que pasa a 1º de Primaria poida reservar praza no centro que temos adscrito, neste caso, o CPI de Mosteiro. 

 

 2-O período de reserva de praza abarca do 15 de xaneiro ao 5 de Febreiro(non se admitirán reservas fora de prazo)

 

3-A documentación (ANEXO 1) debe entregarse na escola na que o alumno/a está escolarizado ou na Sede do CRA de Meis en horario de 9:00-14:00h. Ademais, poderase xerar a solicitude a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

  -O alumnado que non reserve praza no centro que temos adscrito (CPI de Mosteiro) deberá comunicarllo á dirección do CRA de Meis e esperar ao prazo ordinario de admisión (1-20 de marzo)

-Se se reserva praza no centro que temos adscrito, non é posible presentar solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no CPI de Mosteiro e antes de que comece o prazo de admisión.

 

Para máis información ou calquera dúbida podedes chamar a dirección do centro no teléfono 886 151 390

MANDATOS DE RABUÑOSO 2023 - 2024

Rabuñoso xa se está a preparar para o Entroido! Este curso os seus mandatos son moi divertidos! 

Se a diversión non vos queredes perder,

os seguintes mandatos teredes que ver! 

MANDATOS DE RABUÑOSO 2023 - 2024

7 - O INVERNO

EXPERTOS E EXPERTAS

https://go.ivoox.com/rf/120441943

 

QUEDA SITIO NA VASOIRA?

https://go.ivoox.com/rf/120019744

 

RR7 - A MOSCA CHOSCA

https://go.ivoox.com/rf/119261107

https://go.ivoox.com/rf/119646867

 

Distribuir contido


by Dr. Radut