No mes de Decembro celebramos os aniversarios dos nosos amiguiñ@s Egan e Mariña e nada máis empezar o novo ano, celebramos o aniverasrio de Lis. Pasámolo pipa con tres festas rachadas!!!! Parabéns a tod@s!!
Neste curso relacionamos o 25 N co PDI da Biblioteca "Coidámonos cos cinco sentidos" coa visibilización das/os que nos coidan todos os días. Tamén coñecemos a historia das irmáns Mirabal, tamén coñecidas como as "Bolboretas", pola súa loita fronte a violencia contra as mulleres no seu país de orixe. A súa historia deu orixe ao 25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Para recordalas fixemos retratos simbolizando as bolboretas en Lingua de Signos
O avó de Lis explicounos como era antigamente o proceso de recollida do millo. Fomos polo millo a unha leira da contorna, que nos cedeu xentilmente un veciño da zona, despois levámolo ata a escola e alí esfollamos o millo e fixemoslle un atado coa carrupa para poder colgalo. Ademais explicounos como era antigamente a escola de Artes, foi todo unha honra saber tantas cousas da escola na que entramos cada día.
COMENTARIOS
hai 3 anos 10 semanas
hai 4 anos 17 semanas
hai 4 anos 17 semanas
hai 4 anos 17 semanas
hai 4 anos 17 semanas
hai 4 anos 17 semanas
hai 4 anos 17 semanas
hai 4 anos 17 semanas
hai 4 anos 17 semanas
hai 5 anos 46 semanas