Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de Jesus

Entrega Cartilla de Escolaridade

Tras a exposición pública do listado histórico de documentación antiga que posue o CRA Ponte da Pedra de antigos alumnos, no día de hoxe, 10 de novembro de 2016, tivemos a honra de entregar un pouquiño de historia a María del Carmen Rey Chouciño, ao darlle a súa cartilla de escolaridade, que se atopaba na escola de Cances.

Moitas emocións nos embargaron, coas lembranzas dos amigos e amigas da infancia de María.

Parabéns María por obter a túa cartilla de escolaridade. Máis vale tarde que nunca.

Moitos bicos e unha aperta moi forte, María.

 

Cartilla de escolaridade

Imaxe de Jesus

Documentación Histórica

 

No CRA Ponte da Pedra aprobouse en Claustro e Consello Escolar, solicitar a Xefatura Territorial, a doazón da documentación histórica que temos no centro educativo ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), tras previa exposición do listado de dita documentación, por se houbese algún veciño que desexase solicitar o seu certificado de escolarización ou libro de escolaridade do 1 ao 20 de novembro do 2016.

 

O director

 

 

 

 

Imaxe de Jesus

Plan de Convivencia

O  Consello Escolar do CRA Pote da Pedra ven de aprobar o Plan de Convivencia que rexirá o noso centro nos vindeiros cursos.

Dito Plan de Convivencia faise público a través desta páxina web para darlle a maior difusión posible entre a comunidade educativa do CRA Ponte da Pedra.

Así mesmo, haberá unha copia impresa na secretaría do centro educativo.

Atentamente,

A dirección.



by Dr. Radut