Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

ENTROIDO

Imaxe de AnaFernandez

Chegou a festa do Entroido, tan esperada por todas as nenas e nenos!! 

O primeiro foi descubrir ao meco deste ano que foi... Rosalía de Castro!! A nosa escritora, a través da páxina web, todos os días contábanos o que tíñamos que traer ao día seguinte: unhas flores, un pano no pescozo, que se os ollos pintados, unha saia... Foi moi divertido e ao final, o xoves todos viñemos ao cole disfrazados de Rosalía de Castro. E ademais celebramos o seu día.

Durante toda a semana, nas aulas traballaron diferentes cousiñas relacionadas co entroido en Galicia a través de obradoiros de máscaras típicas e tradicionais, lecturas e contos de entroido, recuncho de disfraces e diferentes propostas de aprendizaxe: elaboración de gorros típicos, debuxos de personaxes de entroido (peliqueiros, cigarróns...), asociación de tarxetas, robótica, obradoiros de arte...

 

E para rematar a semana, o venres celebramos en cada unha das escolas a festa do Entroido. 

Todas e todos chegaron disfrazados do que mais lles gustaba, estaban ben fermosiñas e fermosiños e  moi felices.

Ao longo da maña fixemos diferentes actividades como pasarrúas pola parroquia, festa da fariña, instalación artística de xogo, photocall, bailes...

Tamén merendamos pan de ovo, orellas, rosquillas...típicos doces de entroido.

Pasamos unha xornada moi divertida!!

 

QUE VIVA O ENTROIDO!!!



story | by Dr. Radut