Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

SEMANA E FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe de AnaFernandez

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o autor homenaxeado nas Letras Galegas foi Florencio Delgado Gurriarán.

O alumnado coñeceu a súa vida e obra a través dun divertido conto no que Florencio contábanos o mais importante del a través duns prismáticos. Así que puxémonos mans á obra e coa axuda das familias ou na aula elaboramos os nosos propios prismáticos para despois saír a observar a natureza, esa natureza galega que tanto lle gustaba a Florencio.

Observamos un montón de cousas diferentes desde as nosas escolas: árbores, plantas, flores, bichiños, terra, o ceo...

E rematamos esta actividade debuxando o que mais nos gustou de todo o observado. O resultado foron uns cadros fermosos duns grandes artistas.

Nas aulas tamen traballamos un poema de Florencio sobre os maios, titulado "Aí ven o maio". E así aprendimos o que son os maios, como se celebran, con qué se fan... e incluso cantamos algunha canción.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 19 de maio celebramos a festa das Letras Galegas na escola de Cances. Foi unha xornada diferente, divertida, con moitas actividades, música...de convivencia conxunta despois de tanto tempo.

Comezamos a maña realizando diferentes xogos: paracaídas, carreiras de sacos, búsqueda de pezas dun crebacabezas, carreira de mazarocas, trompos, zancos, a ra, os birlos...

 

Construímos entre todas e todos un fermoso maio en homenaxe a Florencio Delgado e colocamos ao seu carón o crebacabezas, unindo todas as pezas atopadas, e ao final era unha imaxe de Florencio. 

 

Merendamos pan de ovo para repoñer forzas e coller enerxía.

E para finalizar a maña gozamos dun concerto divertidísimo do músico Paco Nogueiras, co seu espectáculo "Brinca vai". Non paramos de cantar e bailar, foi unha auténtica festa!!!

 

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POR FACER POSIBLE ESTE FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS E ESTA XORNADA DE CONVIVENCIA TAN NECESARIA!!! 



story | by Dr. Radut