Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Educación Responsable

Imaxe de teresa

A CAIXA DE NÉMET

Esta semana, Nemet, o trasno da escola de Sísamo, ademais de emprestarnos uns xogos novos, enviounos unha caixa chea de maxia.

Dicía Német, que dentro da caixa se agochaba a persoa máis importante para cada un de nós. Indagamos sobre quen podía agocharse nunha caixa tan pequena. Fixemos hipóteses sobre esa persoa tan importante nas nosas vidas: o mago da palabra, Batman, Ladybug, Német, un can, Spiderman, bolboretas, xoguetes, un gato, un coello,...

A incertidume ía en aumento. Podían ser tantas cousas...

 

 

 

Cando quixemos descubrir de quen se trataba, tivemos que establecer unhas pautas como: ir de un en un esperando pacientemente a quenda; gardar silencio namentres mirábamos para non romper o feitizo e a maxia; volver ao noso sitio coa promesa de non contarlle a ningunha compañeira e compañeiro quen había dentro.

Esa persoa que escondía a caixa é tan importante nas nosas vidas e para cada un de nós, que a temos que coidar e querer moito, porque nos vai acompañar sempre.

Queredes saber de quen se trata...?

Vide á escola e mirade no interior da caixa...

Seguro que vos sorprende...

 

Imaxe de Emilia

OBRADOIRO EN FAMILIA DE ENTROIDO

Xa chegando o entroido decidimos reunir as familias e comezar a abrir boca. Antes de nada, moitísimas grazas por vir a compartir con nós. Elaboramos rosquillas cunha experta cociñeira (a avoa de Izán) e decoramos máscaras. A maña deu para todo ata queimamos a cociña e por pouco quedamos sin lambetadas...menos mal que a nai de Sara salvou a situación. Despois de tanta complicación o final disfrutamos en familia que deso se trataba. Moitas grazas familias!!

 

Imaxe de Emilia

HORTO 3

Neste mes sementamos remolachas e sacamos as malas herbas, fixo moitísimo calor. Aquí tedes unha mostra da nosa xornada!

 

 

 

Imaxe de Emilia

Obradoiro Familiar de Nadal

O Xoves 13 de decembro organizamos xunto coas familias un obradoiro de galleta e adornos de Nadal. Nesta ocasión tivemos a sorte de contar coa axuda de varios dos familiares dos nosos nenos e nenas. Moitísimas grazas a todas por vir e pasar un tempo con nos. Encántanos recibir visitas!!

 

Imaxe de Emilia

HORTO 2

O luns 26 de novembro volveu o noso experto en hortos a darnos as seguintes indicacións. Plantamos repolos e cebolas, imos ver como vai esta colleita!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut