Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

TICs

Imaxe de MarVaamonde

SUSCRIBIRSE A UNHA CARPETA COMPARTIDA

Aquí tendes o vídeo que vos axudará a subscribiros á carpeta compartida do CRA Ponte da Pedra. Nesta carpeta compartida iremos introducindo os correos de interese para o profesorado que nos vaian chegando (sindicatos, cursos de formación, etc).

Imaxe de MarVaamonde

Tecnoloxía ou metodoloxía?

Máis dun e dunha coñeceredes este fabuloso video que representa claramente a problemática da utilidade das TICS para que éstas realmente supoñan un cambio real na metodoloxía. Para os que non o vistes aínda, aquí volo deixo. Como mínimo suscitará un pouco de reflexión.

Imaxe de MarVaamonde

GAÑADORA DO I CONCURSO TIC "PEQUEPROFES"

Como parte da dinamización e formación TIC e co gallo de fomentar o uso da ferramenta da galería de fotos da páxina web do cole, o equipo TIC convocou o I Concurso TIC “Pequeprofes”. Tras unha participación do 75% do profesorado, a persoa que máis acertos tivo foi Mar Vara, da escola de Artes, que será obsequiada o próximo mércores 3 de xuño co premio prometido. NORABOA MAR!

 

Campeona Concurso TIC

 

Imaxe de MarVaamonde

PREMIOS EDIGA

Esta fin de semana o CRA Ponte da Pedra participou por segunda vez nos Premios Ediga, e non volveron coas mans valeiras.  Este traballo, xurdido gracias ao Proxecto de Formación e Asesoramento en Centros adicado á Pizarra Dixital interviñeron moitos dos mestres do CRA (Mar Vara, Sara, Viqui, Rocío, Isabel, César, Ángela, María, Pili), dun xeito colaborativo e coordinado por Verónica Ramos.

E aquí tendes un video coa presentación do material a cargo da nosa compañeira Pili: PINCHA PARA VER O VIDEO

Imaxe de MarVaamonde

OBXECTIVOS ANUAIS DO PLAN TIC (Curso 2008/09)


1.- Actualizar o inventario dos elementos TICs presentes nas escolas e na sede do CRA.
Atopamos necesario levar un rexistro o máis minucioso posible dos aparellos das escolas (marca e modelo, número de serie, estado,...) cun doble fin: coñecer e dar a coñecer aos novos mestres o inventario real dos recursos que conta o CRA e a súa localización e para facilitar e axilizar os procesos de arranxo e posibles partes de incidencia.

2.- Continuar coa construcción da páxina web do centro.
O ano pasado iniciouse a construcción da web do centro. Non obstante compre seguir traballando nela co fin de que se convirta no futuro nunha canle de intercambio de información entre as escolas do CRA e as familias. Consideramos que a páxina web pode convertirse nun elemento vertebrador para alcanzar a maior parte dos obxectivos anuais do presente CRA.

3.- Mellorar a formación do profesorado respecto ao uso das novas tecnoloxías, en concreto, sobre a utilización do Encerado Dixital.
O curso pasado realizouse un Proxecto de Formación e Asesoramento en Centros, co obxectivo de iniciar ao profesorado do CRA na utilización das pizarras dixitais interactivas, un material novo enviado pola Consellería de Educación nese mesmo ano.
Debido á gran renovación de profesorado deste curso, a metade dos mestres/as non están familiarizados coas PDIs, polo que vemos de novo necesario realizar un novo proceso de formación co fin de aproveitar ao máximo as posibilidades que ofrece.
Así mesmo, dende o equipo de Coordinación Tic trataremos de ofrecer pequenos seminarios de traballo ou elaboración de titoriais formativos co fin de aumentar e mellorar a capacitación do profesorado no uso e emprego das TICs en educación.

4.- Dotar ao alumnado dunha competencia dixital axeitada ás súas idades.
Ademáis da utilización das TICs como ferramentas ao servizo do mestre como medio de presentación dos contidos, é un obxectivo da nova lexislación o de dotar ao alumnado dunha competencia dixital. Neste sentido a integración das novas tecnoloxías no traballo cotián da aula (explicacións, actividades,…) contribuirá a que os nenos/as se vaian familiarizando con ditas tecnoloxías e coas posibilidades que éstas ofrecen.

5.- Colaborar a alcanzar os obxectivos prioritarios do Plan de Convivencia.
Unha das premisas do Plan de Convivencia é o de de aumentar as relacións entre as escolas, así como o de fomentar entre o alumnado do sentimento de pertenza a un centro. En base a isto, preténdese levar a cabo videoconferencias entre as escolas, co fin de que os alumnos/as realicen unha presentación do seu cole e se coñezan mellor. Tamén trataremos de fomentar o intercambio de mails entre o alumnado/profesorado do centro durante as clases.

6.- Utilizar as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico nas nosas clases.
Seguindo a lexislación actual, todos os titores e especialistas deben incorporar nas súas clases estas tecnoloxías, servindo de apoio na aula das nosas explicacións, realizando actividades, etc. A aplicación das TICs convértese nunha peza clave na educación e formación dos nosos alumnos/as.


Todos estes obxectivos perseguen outro xenérico que é o de contribuir á mellora da calidade da educación a través da integración das TICs nos procesos educativos dos alumnos/as.


 
COMPOÑENTES DO EQUIPO TIC
Mª Concepción Cascón Bravo
Jesús R. Prado Lorenzo
Pilar Fernández Blanco
Verónica Ramos Basoa
Mar Vaamonde García
Mar Vara Ogando
Coordina: Mar Vaamonde García

 

Distribuir contido


by Dr. Radut