Skip to Content

blogue dePablo

Smartboards!

Por fin temos encerados dixitais en tódalas unidades do noso centro! Neste ano 2021 puidemos finalmente adquirir as que nos faltaban, e agora todo o noso alumnado gozará deste recurso tan esencial a día de hoxe no ensino, que nos permite visualizar vídeos, imaxes, xogos e infinidade de actividades interactivas!

Espinete!!

A nosa compañeira Martina, de 4º B, quere compartir con todas e todos vós estas imaxes da mascota que ten a súa madriña. Trátase dun ourizo moi lindo e simpático, e o seu nome é Espinete. Tamén vos envía moitos saúdos a todas/os!!!

 

 

 

Visita do experto en nutrición

Uns días antes do comezo do confinamento no mes de marzo deste ano 2020, tivemos unha visita por parte dun experto en nutrición e alimentación saudable e ecolóxica. Esta persoa explicounos tanto a nais/pais coma a mestres/as, por exemplo, a diferenza entre a leite fresca e a que non o é. Ou tamén, as desvantaxes dos produtos ultraprocesados, avogando deste xeito polo consumo de alimentos procedentes das hortas de proximidade. Así que, xa sabes, visita o mercado da túa vila!!!

 

 

Visita ó Eroski Center

O pasado mes de xaneiro, o alumnado de 5º curso (4 anos) visitou o Eroski, situado no centro da nosa vila. Deste xeito, a responsable que nos atendeu, acompañounos e explicounos como funcionaban as diferentes seccións: froitería, peixería, panadería, carnicería, a zona de frío, e o departamento de coidado persoal e estética. Tamén tivemos a oportunidade de realizar xogos para adiviñar alimentos, etc. Esperamos que vos gusten as imaxes!!!

Realidade aumentada

Nestes tempos de confinamento que estamos a vivir, nos que estamos desexando estar en contacto coa natureza, dende Aulas Galegas propóñennos poder visualizar animais a tamaño real, é dicir, en 3 dimensións, empregando o noso propio smartphone. Estes son os pasos:

  • Busca o nome dun animal en Google Chrome
  • Preme na opción Ver en 3D

  • Dálle a Ver no teu espazo.
  • Move o móbil para que apareza en pantalla.

 

Dende Aulas Galegas tamén nos lembran que o teu móbil debe ser compatible con AR CORE e coa tecnoloxía 3D. A continuación, tes un enlace para comprobar se o teu dispositivo dispón da mesma:

https://andro4all.com/2018/07/moviles-compatibles-arcore-realidad-aumentada-google-android

Próbao e non te asustes se aparece un tigre no salón!!!

 

Curtametraxe!!!

Como xa explicamos anteriormente, unha das actividades que levamos a cabo foi realizar unha curta animada partindo do conto "Buscando o norte".

Non nos deu tempo a rematalo, debido ao parón das clases lectivas, pero todo o alumnado estivo traballando con moita motivación e ilusión para poder realizalo: limos e escollimos o conto, preparamos os decorados e as personaxes, gravamos voces, e tamén aprendemos refráns! Aquí tedes algunhas imaxes!

Knolling 2020

O Knolling ou a arte de ver os obxectos dende outra perspectiva, tamén se traballa na nosa escola! Neste caso, durante o tempo anterior ó confinamento, empregamos material de refugallo, e creamos algunhas obras, que podes visualizar a continuación!

 

 

Día Internacional da Muller 2020

Con motivo do Día Internacional da Muller, o pasado 11 de marzo, tivemos unha visita da psicóloga do CIM (Centro de Información á Muller), mediante a cal o noso alumnado realizou unha serie de actividades que podedes visualizar a continuación. Amais, entregamos o libro e o caderno dos Bolechas "Pola igualdade" enviado pola Consellería de Educación. Bota unha ollada ás instantáneas!

 

A cociñar!!!!!!!!

Ola nenos e nenas!

Sabemos que estes días estades a cociñar moito na casa, así que encantaríanos que compartísedes connosco as vosas receitas.

A profe Candi, coa súa filla Rafaela, e a profe Lucía, déixannos algunas das receitas que fixeron estes días.

 

Moitos bicos!!!!

  

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=qerVQ5ax6SM

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=qerVQ5ax6SM

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=qerVQ5ax6SM

 

https://babycocina.com/receta/nutella-casera/

 

 

 

 

 

Intelixencia Artificial

Seguindo coa participación en proxectos de innovación educativa, un par de mestras están a participar nun curso do Ministerio do Interior sobre Intelixencia Artificial. A derradeira parte de este curso é realizar co alumnado de 6º de Infantil unhas actividades para introducilos na aprendizaxe de esta materia. Á hora de preparar as actividades pensouse en, de maneira transversal, traballar á vez actividades relacionadas con outros proxectos do centro. Polo momento levamos realizadas 3 actividades distintas:

 

Programamos emocións: pola aula repartimos emojis que reflicten distintas emocións. Cada grupo saca unha tarxeta dunha situación e ten que “programar” a un compañeiro ou compañeira para que colla o emoji da emoción que se produce ante a situación da imaxe que acaba de recibir. 

 

Adiviñamos animais: Preparamos no taboleiro de chan de 5x5 dous puntos de partida, onde se sitúan dous “robots” de dous equipos distintos. Cada equipo debe programar ao seu “robot”para que, seguindo as instrucións, pasen polas celas onde hai interrogacións. Cada interrogación ten unha adiviña sobre algún animal que teñen que resolver para seguir avanzando.

 

Programamos pirámides alimentarias: A actividade consistiu en realizar unha pirámide alimenticia utilizando vasos e botes de refugallo nos que pegamos imaxes de distintos alimentos. Por equipas, teñen que “programar” a secuencia de pasos para que un compañeiro/a realice a pirámide.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut