Skip to Content

blogue dePablo

Actividades para casa!

Ante esta situación que estamos a vivir, deixámosvos unha serie de actividades para realizar nos vosos fogares. Moito ánimo e forza! Esperamos vervos pronto. Moitos bicos!

 

Lucía e Candi

 

 

As actividades que vos recomendamos serán breves, variadas, manipulativas e activas. Por exemplo:

 

 

 

-Recortar e rachar papel de diferentes tipos: xornal, revistas…

 

- Amasar e modelar con plastilina.

 

 

-Debuxar e decorar con diferentes técnicas e recursos que teñan por casa: ceras, rotuladores, lapis de cores, xices, témperas, teas, papeis, adhesivos…

 

- Xogo simbólico: cociña, construcións, coches, disfraces, bonecos…

 

 

- Tempo de lectura: ler ou contar contos, historias, actividades de comprensión sobre a lectura, facer debuxos sobre os mesmos…

 

 

- Xogos de mesa: parchís, oca, cartas…

 

 

- Bailes, coreografías…

 

 

CORONAVIRUS PARA AS/OS PEQUES:

 

CONTO “ ROSA CONTRA EL VIRUS”

https://www.youtube.com/watch?v=Z9w6B_PpYjo

 

QUE É O CORONAVIRUS?:

https://www.youtube.com/watch?v=XcDRGkfqPXg

 

O XOGO DO CORONAVIRUS:

https://www.youtube.com/watch?v=XnIo0uRgKSQ

 

EXPERIMENTO CORONAVIRUS

https://www.youtube.com/watch?v=yPjUf7t6qmM

 

 

 

 

PARA IMPRIMIR:

 

CADERNOS DE RELACIÓN:

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2016/12/CADA-OVEJA-CON-SU-PAREJA-1.pdf

 

PARA RECORTAR CON TESOIRAS

https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2019/09/fichas-grafomotricidad-educacion-infantil.pdf

 

 

 

 

ACTIVIDADE ALIMENTACIÓN:

 

SOMOS COCIÑEIROS DE DEBUXOS:

https://www.pinterest.es/pin/302585668708313518/

 

 

XOGOS PARA PC /TABLET:

 

1. XOGOS ALIMENTACIÓN SAUDABLE

https://spain.minilandeducational.com/school/juegos-online-alimentacion-saludable-ninos

 

2. PEQUELANDIA

http://www.pequelandia.org/menu/

 

3. VEDOQUE

https://vedoque.com/sec.php?s=infantil

 

 

4. XOGAMOS COS NÚMEROS

http://www.waece.org/sabemos/indicenumeros.htm

 

5. FÁBRICA DE CARAS

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=fabrica-caras

 

 

XOGOS ABN

 

1. EQUIVALENCIAS

https://phosphorus.github.io/app.html?id=167619044&turbo=false&full-screen=true

 

2. CONTAR

https://scratch.mit.edu/projects/166804761/fullscreen

 

3. OPERACIÓNS

https://scratch.mit.edu/projects/179199609/fullscreen

 

 

 

MOTRICIDADE FINA E GROSA

https://www.youtube.com/watch?v=e_PzRZr0ch8&t=301s

https://www.youtube.com/watch?v=BnKIAFebJzo

https://www.youtube.com/watch?v=9oHq-joy22w&list=PLfVDJFxsvnTRfRvl7gJPUUc3GFYCO4anA&index=2&t=0s

 

 

 

ARTE E MANUALIDADES

https://alumnoon.com/preescolar/actividades.php?c=530

https://veronic.pastelruj.com/grandes-manos-y-pies/

 

Máis educación vial!!!

Continuamos outorgando importancia a este tipo de ensino, de xeito que o alumnado de 5 anos “B” creou os seus propias/os bonecas/os policías en formato papel, e ademais, aprendeu consellos sobre como desprazarnos cando andamos pola rúa, preto dunha estrada, respectar as sinais de tráfico, etc.

 

O polbo Pepito visitou os nosos fogares!!!

A mascota do curso de 3 anos “B” viaxou ás casas do alumnado deste curso! Desta maneira, Pepito celebrou o magosto, preparou a árbore de Nadal, etc. Ademais, as familias das nenas e dos nenos botaron unha man redactando os textos. Bota unha ollada ás imaxes!!

O polbo Pepito!

Na aula de 3 anos “B” estivemos a realizar actividades relacionadas coa nosa mascota, o polvo Pepito. Por conseguinte, levamos a cabo debuxos, fichas e outras accións, ás que podedes botar unha ollada a continuación.

 

Tartarugas na escola!

Como xa adiantamos en anteriores artigos, temos as nosas propias mascotas na escola. Trátase de dúas tartarugas que disponen do seu propio acuario, e que as nosas nenas e nenos alimentan e coidan tódolos días. Así, poden coñecer de primeira man, e nunca mellor dito, a relevancia do benestar dos animais que nos rodean.

 

Seguimos coas mascotas!

Cada educanda/o de 3 anos trouxo unha fotografía das súas mascotas, fundamentalmente cans e gatos, pero tamén tivemos un ave!. Deste xeito, continuamos a traballar neste Plan Proxecta, ensinando ó noso alumnado a valorar e respectar ós seres vivos que nos rodean.

Unha visita moi especial

Fai unas semanas, tivemos unha presenza realmente extraordinaria, a nosa amiga Tachi trouxo ó seu can Blues, para levar a cabo unha serie de actividades co alumnado de 3 anos. Deste xeito, aprenderon a valorar a relevancia dos animais, neste caso, as mascotas, como seres que merecen respecto e atención.

 

Viaxe ao Reino das Emocións 2020

O alumnado de máis idade da nosa escola, de 5 anos, empregou o xogo “Viaxe ao Reino das Emocións”, elaborado por parte da Fundación Meniños. Como podedes observar nas imaxes, existen diversas cartas como a da calma, de actividade, de expresión emocional, etc. Deste xeito, contribuimos a potenciar e mellorar a educación emocional das/os nosas pupilas/os.

 

Dragóns e bonecos!!

Neste caso, as nenas e os nenos de 4 anos levaron a cabo coas súas propias mans a elaboración de dragóns, aproveitando material de refugallo, en coherencia coa nosa idea de coidar do planeta. Ademais, crearon e pintaron bonecos ós que podes botar unha ollada! Tamén aprenderon unha canción que di así:

 

O dragón é máis grande ca un león

ten máis dentes, ten máis cola,

sáelle fume da cachola

 

O dragón, cal se fose enorme avión,

cruza o ceo, dá terror,

Como voa sen motor!

 

O dragón é amigo da dragoa,

e comparten no xantar,

a ración de pan de broa!

 

 

 

Chegaron os monstros!!!

Ó estarmos traballando a relevancia da educación emocional, o alumnado de 3 anos, aproveitando as caixas dos panos de papel, elaborou os seus propios monstros de diferentes cores, cada un representando unha emoción. Amais, tamén creamos monstros-folla, que tamén simbolizarían a tristeza, a alegría, o medo, o enfado e a sorpresa. Bota unha ollada ó traballo das/os nosas/os artistas!

Distribuir contido


by Dr. Radut