Skip to Content

blogue dePablo

Percorrido polo Río Landro e a Ría de Viveiro

No pasado trimestre, o alumnado de 6º curso realizou unha saída didáctica pola contorna. Grazas a que gozaron dun estupendo día solleiro, puideron observar aves tales coma parrulos, e os propios peixes. Tamén admiraron a flora, concretamente, os xuncos. Asemade, viron elementos arquitectónicos fundamentais, como o muíño e o observatorio de aves. E ó voltar á aula, traballaron nunha ficha para afianzar estes contidos. Mira as imaxes!

 

 

 

 

Recollida de lixo no parque Pernas Peón

O pasado día 30 de setembro de 2019, tanto o alumnado de 5º coma o de 6º, visitou o parque máis famoso da nosa vila co gallo de recolectar o lixo. Para iso, puxémonos mans á obra, con guantes, bolsas, e o máis importante, a nosa conciencia ecolóxica sempre presente, para deixar ben limpos os nosos arredores. Por certo, saímos nos xornais!

Murais e esculturas!

O alumnado de 6º aproveitou o lixo sobrante das merendas (Bebibles, etc.) para realizar estas fantásticas figuras e esculturas, ás que podedes botar unha ollada nas seguintes imaxes... igualmente, tamén se realizou un magnífico mural co lema "Reciclar, reducir, reutilizar" e tamén un collage con material de refugallo. Esperamos que vos guste!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut