Historia do IES

Introducción a historia do IES "12 de outubro"

Antiga estación de ferrocarril de Ourense. Nos terreos que ocupaba foi construído o "12 de outubro"

O "12 de outubro" foi inaugurado no ano 1953 co nome de "Taller Escuela Sindical de Formación Profesional 12 de Octubre". Este nome fai referencia a festividade que recorda os acontecementos históricos do descubrimento de América no ano 1492 e coincide coa data da inauguración oficial: o 12 de outubro de 1953. Foi, polo tanto, un centro pioneiro na formación profesional en toda a provincia ourensá, cando so existía o actual "Otero Pedrayo" no ensino secundario.

Atópase situado no cerne do barrio de "A Ponte", ocupando o solar da antiga estación ferroviaria antes de terse trasaldado o lugar que ocupa na actualidade. Este Centro sempre estivo adicado as ensinanzas de formación profesional, ata o ano 1992 no que se implantou a LOXSE, momento no que se incorporaron estudos de ESO e bacharelato, primeiro como experiencia piloto e posteriormente de forma definitiva.

Na actualidade os estudos de ESO e bacharelato comparten espacio e aprendizaxe cos ciclos de grao medio e superior de electricidade, metal e imaxe persoal.

Distribuir contido