
Benvidos a web do IES "12 de outubro".
Aquí vas atopar toda a información que necesites sobre o noso Centro.

Benvidos a web do IES "12 de outubro".
Aquí vas atopar toda a información que necesites sobre o noso Centro.
Co gallo do "Día das letras galegas" os alumnos de 3º ESO D elaboraron un cómic resaltando as diversas facetas do escritor ao que esta dedicado este ano, Valentín Paz Andrade.
Ademáis, no enlace da imaxe, pódese acceder a un cuestionario para profundizar máis sobre este multifacético persoaxe.
Os alumnos/as de 1º e 2º de bacharelato do Centro, xunto coas súas profesoras de Lingua Galega realizaron, o xoves 19 de abril, una saída didáctica para coñecer os espazos nos que se desenvolve a novela "A praia dos afogados" de Domingo Villar. Recorreron o itinerario real realizado polo detectiva Leo Caldas.
Visitaron os espazos urbanos da novela (Panxón e praia América) guiados pola actriz de teatro Ana Carreiro. Tamén recorreron os espazos naturais (Monteferro e a ría) guiados polo biólogo e cartógrafo Lois Vilar, que como especialista en talasonimia lles falou dos topónimos mariños de Baiona, a función dos faros e dos penedos, os naufraxios do lugar ou a acción das correntes mariñas. Datos documentais e reais que serviron ó autor para compoñer a trama desta novela de acción e suspense.
A nivel mundial celebrouse ao longo da última semana de marzo a Semana Mundial da Francofonía. O nos instituto no ía ser menos e foron moitas e moi variadas as actividades realizadas. Resumirémoslas do seguinte xeito:
Os alumnos de electricidade visitaron as instalacións da empresa GALFOR, sita no polígono de San Cibrao das Viñas, o día 27 de marzo. Centráronse especialmente nos aspectos electrotécnicos, de seguridade e de organización da empresa, con fin de complementar os contidos do seu currículo.




O día 8 de marzo conmemoramos o día da Muller Traballadora con diversas actividades, entre as que cabe salientar unha exposición de fotos nas que alumnos e profesores estaban desempregando traballos tradicionalmente atribuídos ao sexo contrario. os slogams eran: "igualdade de dereitos, igualdade de oportunidades", "Todos/as a todo". Asimesmo, no hall do centro e ao longo de toda a semana, os alumnos podían ver unha presentación con importantes mensaxes relacionadas co esforzo, que ao longo dos séculos tiveron que facer as mulleres para lograr unha igualdade de dereitos. Estaba apoiado con vídeos musicais de artistas recoñecidos que abordaron esta temática.
Os alumnos do módulo de FOL do IES "12 de outubro" asistiron ás xornadas de primeiros auxilios organizadas por este departamento no noso centro. As persoas responsables de impartilas foron dous voluntarios de Protección Civil do Concello de Barbadás. Os alumnos tiveron a oportunidade de practicar a R.C.P., manobra de Heinlich, qué facer coas feridas, queimaduras, intoxicacións...
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2010 | ||