San Valentín 2019

San Valentín chegou puntual ao instituto,  o día 14 de febreiro,  a repartir amizade e amor entre o alumnado e o profesorado. Un grupo de CUPIDOS dispúxose a repartir os caraveis , engalanados  para a ocasión, entre todos os seus compañeiros e compañeiras  e profesorado.

Feliz San Valentín para todos e todas.

Booktubers 2.0

Este curso experimentamos o que se sente ao ser un Booktuber. O alumnado de Bacharelato realizou un videotitorial sobre os seus libros favoritos e sobre o ranking de libros da súa vida. Non o perdades e dádenos un “LIKE”…

 

https://www.facebook.com/ies12deoutubro

Impartición dos cursos AFD

 No ficheiro adxunto atoparedes o curso AFD que se está a desenvolver actualmente no noso centro

Visita á TVG

O alumnado de 1º e 2º bac asistiron no mes de febreiro ás instalacións da TVG. Puidemos coñecer máis de cerca a profesión de xornalista, as cuestións técnicas e as curiosidades da nosa televisión pública. Entre outras platós, visitamos tamén o de “Coma un allo”.

 

 


1º da ESO no Teatro Principal

O venres8 de febreiro o noso alumnado de 1º ESO estivo no teatro Principal para disfrutar da obra “Vogando nos contos”. Representada por “Avelaíñas Teatro” é unha obra que mergulla ao espectador a través de múltiples contos no interese pola lectura e a tradición como ferramentas que fomentan os valores.

 

PLAZAS LIBRES PARA O CURSO AFD

PLAZAS LIBRES PARA O CURSO AFD DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS DE AUTOMATIZACIÓN INDUSTRIAL. Interesados presentarse no Centro ANTES DO VENRES 22 DE FEBREIRO 2019 para REALIZAR A PETICIÓN DE ADMISIÓN


Pinchando aquí tedes toda a información do curso

 

 

Actividades Dinamización da Lingua Galega

ACTIVIDADES DINAMIZACIÓN 2018 -19

1º TRIMESTRE

-         

Concurso Cabazas Samaín 1018

-         

Presentación power point sobre o Samaín e presentada aos 1º e 2º ESO

-         

Exposición Samaín no 1º andar

-         

Concurso Fotos Igualdade para o 25  de novembro ( todo o centro)

-         

Concurso Postais de Nadal 2018 ( todo o centro)

-         

Día da Ciencia en Galego “ A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo”

-         

Visita “ O Ártico arde” exposición de EduCaixa

 

2ºTRIMESTRE

-         

Saída didáctica a Santiago ( TVG, Museo do Pobo Galego e Gaias) ( 1º e 2º bac)

-         

Exposición  de máscaras de ANtroido ( 1º a 4º ESO)

-         

Traballo sobre gastronomía de inverno: cocido e repostería (1º e 2º ESO)

-         

Exposición e presentación sobre o antroido da zona: A PITA DE EIROAS -  Saída ao circuito  TINTIMÁN  para 1º ESO

 

3º TRIMESTRE

-         

Celebración da semana do libro , a finais de abril ( todo o centro) , coa asistencia de diferentes autores e autoras relacionados coas lecturas obrigatorias do curso.

-         

Celebración da Semana das Letras Galegas, coa exposición do autor homenaxeado ( Antón Fraguas) e asistencia de diferentes escritores

-         

CONCURSO DE LEMAS  en galego para imprimir logo nalgún obxecto concreto.

-         

Presentación ao concurso de “Os Maios” promovido polo Concello de Ourense

Semana da Empresa e o emprendedor

A próxima semana desenvolverase a IV Semana da Empresa no noso IES. As ponencias faranse no salón de actos entre as 11.30 e 13 horas, e nelas participarán alumnado de Ciclos Formativos e Bacharelato.

Aquí tedes o programa 

PLAZAS LIBRES PARA EL CURSO AFD DEL CERTIFICADO DE PROFESIONALIDAD: MECANIZADO POR ARRANQUE DE LABRA.

Interesados presentarse en el Centro ANTES DEL VIERNES 25 DE ENERO 2019 para REALIZAR LA PETICIÓN DE ADMISIÓN

Tedes toda a información pinchando aquí

 

Entrega de cestas sorteo viaxe didáctica Bruxelas-Ámsterdam e saída didáctica Fragas do Eume

O 24 de decembro fíxose entrega das cestas de Nadal sorteadas para recadar cartos para a viaxe didáctica a Bruxelas e Ámsterdam e para a saída didáctica ás Fragas do Eume.

O boleto gañador foi o número: 07181, é dicir, aquel que coincidíu coas catro últimas cifras do sorteo da once do 21 de decembro, tal e como figuraba nas rifas. 

Este boleto foi un dos que quedou no centro sen vender, polo que o premio declarouse deserto. Por esta razón, faise unha donación do mesmo ao comedor social de Cáritas. Nas fotografías o vicedirector do noso centro acompañado dunha profesora fan entrega das cestas cargadas de alimentos a encargada e os voluntarios e voluntarias deste comedor. 

Distribuir contido