Visita á Axencia Tributaria de Ourense

Coñecendo a neesidade de contribuír para manter o sistema social

CONCURSO DAVEIGA

Teresa Balado Barciela imparte os obradoiros de formación en economía social pertencentes ao programa-concurso DAVEIGA no que participa o IES 12 de Outubro.
Teresa Balado Barciela é técnica en formación e emprendemento de Espazo Coop. 
Os obradoiros foron impartidos ao longo de tres días nos meses de outubro e novembro. 

"AVISO IMPORTANTE RIFAS CESTA NADAL PROVIAXE DIDÁCTICA ITALIA".

Por extravío/roubo, quedan anuladas as papeletas do número 06201 ao número 06250, correspondentes ao “SORTEO CESTAS DE NADAL” do IES 12 de Outubro (Ourense), o que se comunica aos/ás posibles interesados/a aos efectos oportunos.
Ourense, a 4 de decembro do 2019

Zumba en Anatomía Aplicada

Practicamos zumba na clase de anatomía aplicada como exemplo de exercicio aeróbico para aprender que o movemento forma parte das persoas e representa unha condición fundamental non só para o desenvolvemento físico, senón tamén para o desenvolvemento intelectual e socio afectivo. Na actividade estivemos acompañados polo alumnado de Educación Física de 2º da ESO.

Día da Ciencia en Galego 2019

E un ano máis celebramos o Día da Ciencia en Galego que xa vai pola edición número X. Este ano dedicado a Táboa Periódica e as Linguas Indíxenas. De momento aí vai un aperitivo: o noso alumnado de 4ª de ESO de Bioloxía e Xeoloxía e de Cultura Científica deseñou camisetas para cada un dos 118 elementos que compoñen a Táboa Periódico. No salón de actos do noso Centro intentamos reproducila coa colaboración do alumnado de 2º e 3º da ESO, de profesorado e tamén dos nosos conserxes. A fotografía reflicte o divertido do noso experimento. E aquí non acaba todo, seguimos coas actividades de conmemoración do dereito a gozar da ciencia en galego. Seguiremos informando… 

Viaxe Didáctica 2020

E a nosa viaxe didáctica, co alumnado de 4º ESO e Bacharelato, deste curso, será a Italia. Visitaremos as cidades de Florencia, Bolonia e Venecia. Vamos a empaparnos de arte que xa sabemos que como actividade creativa, ten un efecto liberador, curativo e é fundamental para o desenvolvemento persoal

Proxecto Ríos

E un ano máis continuamos co Proxecto Ríos. A finais do mes de outubro fixemos a nosa saída de outono co alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO para obter datos acerca da saúde do tramo do río Loña que foi adoptado polo noso Centro. 

Factores do movemento en Anatomía Aplicada

Traballamos de xeito práctico os factores do movemento: coordinación, equilíbrio e ritmo nas clases de anatomía aplicada a través dos bailes do mundo.

Distribuir contido