Skip to Content

Novas

Admisión alumnado ESO-Bacharelato 2016-2017

Aquí atoparás toda a información relativa ao procedemento de admisión para o curso 2016-2107. Esta información está tamén dispoñible no taboleiro do centro educativo.

1.- Prazo e Normativa:

O prazo de presentación de solicitudes sería do 1 ao 20 de marzo pero este curso foi ampliado e abrangue do 1 ao 29 de marzo.

Normativa: Orde do 12 de marzo do 2013.

2.- Solicitude:

O impreso de solicitude de admisión pode descargalo aquí mesmo e debe acompañalo do documento interno que lle proprocionarán na secretaría ou conserxería do centro educativo onde fará a solicitude de materias tamén denominada prematrícula. Estes documentos foron enviados tamén aos centros das nosas áreas de influencia e limítrofes.

3.- Documentación que acompañará á solicitude:

- DNI da alumna/o, libro de familia ou outro documento acreditativo da idade.

- Se solicita unha praza NEAE en 1ºESO: Documentación xustificativa.

- En caso de separación ou divorcio no que un dos proxenitores/titores teña atribuída a patria potestade: Resolución xudicial.

4.- Nota informativa:

4.1.- Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

4.2.- Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

4.3.- Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo depresentación de solicitudes de admisión.

5.-Postos escolares e vacantes

 

VACANTES

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS

1º ESO

90

34

2º ESO

70

11

3º ESO

60

2

4º ESO

60

15

1º BACH

99

42

2º BACH

99

34

 

6.-Datas de formalización da matrícula

Prazo ordinario de matrícula de ESO e Bacharelato: 25 de xuño a 10 de xullo.

Prazo extraordinario: 1 ao 10 de setembro.

Festival de teatro Grecolatino

As alumnas e alumnos que cursan Latín ou Grego en 4º de ESO e bacharelato voltaron, un ano máis, ao Festival de Teatro Grecolatino que se celebra na cidade de Lugo no mes de marzo, concretamente no auditorio Gustavo Freire. A obra que foron ver foi "Os xemelgos de Plauto" representada pola compañía Noites de Bohemia.

Ademais de acudir ao teatro, alumnos e profesores visitaron a sala de exposicións Porta Miñá onde se explica como se configurou a cidade de Lucus Augusti, seguindo o proceso evolutivo desta, dende as súas orixes, como campamento, pasando pola etapa de máximo esplendor e fortificación, a construción da Muralla, ata acadar o seu ocaso.

 

Xogade

Suspéndese a actividade de Xogade que se ía desenvolver o sábado 27 en Narón. Manterémosvos informados das novidades que poidan xurdir a próxima semana. Esta é a mensaxe que figura na web da Delegación de Atletismo de Ferrol.

 

 

Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Superior

A consellería de Educación publica a orde que regula a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior sendo os prazos de inscrición os que se describen a continuación:

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 ao 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 ao 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Texto da orde.

Festival de Entroido

Marabilloso estivo o Entroido no Agra de Raíces!!! A partires das 12.25h celebrouse no salón de actos o desfile e actuación de comparsas durante dúas horas. Actuaron un total de 15 comparsas cunha posta en escea e un vestiarios sorprendentes. Parabén a todas e a todos e que viva  o entroido!!!

MAGOSTO 2018

O pasado 12 de novembro, despois de moito esperar a que o tempo fora favorable, o fin celebramos a tradicional festa do Magosto no centro.  Tódolos alumnos e profesores tiveron a oportunidade de pasar unha xornada de tarde moi agradable na que non faltaron as castanas, os xogos populares e a música tradicional en directo.  O noso agradecemento as alumnas que amenizaron a festa con gaita e pandereta e a tódolos profesores e profesoras que colaboraron nos preparativos e o desenvolvemento da actividade.  Moitas grazas e contamos con vos para o ano que ven. Aquí deixamos unha imaxe dos preparativos.

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DA XUNTA

 

Informamos que xa saíu publicada a resolución provisional do fondo solidario de libros de texto da xunta  e axudas para a adquisisición de material escolar. Podeis consultar a relación de admitidos e excluídos(coa causa de exclusión) no taboleiro de anuncios do centro e nos arquivos que se achegan.

SEMANA CULTURAL RAÍCES 2018

Do 9 ao 13 de abril, tivo lugar a Semana Cultural do noso centro, onde as alumnas e alumnos, profesoras e profesores, tiveron a oportunidade de realizar varias saídas didácticas, asistir a charla e obradoiros de diferentes temáticas, así como a proxeccións de películas e documentáis. Estas foron algunhas das actividades desenvoltas:

-Saída ao Dolmen de Dombate e o Castelo de Vimianzo para 1º ESO

-Saída a E.S. Bazarra para 1º ESO

-Saída ao conxunto histórico de Moraime y os secadoiros de congro de Muxía para 2º ESO.

-Saída á Casa da Cultura de Cee á representación teatral "Leonardo e os fontaneiros" para 1º e 2º ESO.

-Saida a Celanova para visitar o Mosteiro de S. Salvador, a Capela de S. Miguel, concerto didáctico có órgano histórico do mosteiro y visita á Casa dos Poetas para 3º ESO.

-Saida ao Teatro Colón de Coruña para asistir á representación da obra "Cráneos Privilexiados" para 2º e 3º ESO.

-Diversas charlas a cargo do CIM e da Policía autonómica sobre violencia de xénero, ciberviolencia de xénero, ciberbulling para ESO e Bacharelato.

-Charla da Garda Civil (SEPRONA) sobre a prevención de incendios e coidado do entorno natural e charla sobre o lobo na comarca de Francisco José Lema  para 1º ESO.

-Charlas da empresa DAFIT para 1º ESO e 1º BACH sobre iniciativas emprendedoras.

-Charla solidaria da Asociación Egueire para toda a ESO.

-Diversas conferencias literarias a cargo de autores galegos (Antía Yáñez, Hector Cajaraville, Xosé Lóis Ripalda, Miguel Anxo Fernández) para os diferentes nivéis.

-Diversas conferencias a cargo da USC para os alumnos de 1º BACH.

-Obradoiros de actividades deportivas con DAFIT para 1º ESO.

-Obradoiros sobre ciberviolencia de xénero, obradoiro de xornalismo e obradoiros científicos do CICA para 3º ESO.

-Obradoiro de Matemáticas Divertidas para toda a ESO.

-Instalación da Exposición “Cartas de Amor” sobre violencia de xénero no corredor da Biblioteca e obradoiro sobre a mesma para toda a ESO.

-Proxeccións documental "Un desafío para todos" sobre o cambio climático en España  para toda a ESO e de películas como "Camino a la Escuela" para 1º e 2º ESO o "100 metros" para 3º ESO sobre valores e superación persoal.

-Etc.

FERMOSO MURAL PARA O AULA DE CONVIVENCIA

Neste curso, un grupo de alumnos de 4º da ESO baixo a supervisión das profesoras do Departamento de Debuxo, levaron a cabo a tarefa de decorar o aula de convivencia con este fermoso mural.  Agradecer ás profesoras Carmen Senande e Pilar Fueyo o deseño do mesmo e a súa labor, e a os alumnos o seu esforzo en conseguir este gran resultado.  Ver adxuntos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut