Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

TÍTULOS

alumnado que superou a ESO ou o BACHARELATO no curso 2021-2022xa pode recoller o título correspondente na secretaría do centro (ou autorizar por escrito a outra persoa)

Charla "Mulleres reais no mundo real"

O alumnado de 4º ESO, con motivo de conmemorar o "Día da Muller Traballadora", asistiu a unha charla con dúas mulleres emprendedoras (Noa Conde e Jessica González) que elixiron profesións vinculadas ao transporte, e que conseguiron realizar os seus soños superando moitas dificultades polo feito de ser muller.

 

Probas de acreditación das Competencias dixitais para o alumnado

O alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e o alumnado de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica para conseguir a acreditación dixital solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV da resolución e entregándoo na secretaría do centro ata do mércores 13 de marzo.

Máis información.

Mesa intersectorial contra a violencia de xénero

O IES de Allariz participou na mesa local interinstitucional contra a violencia de xénero no Fogar dos Maiores (Servizos Sociais), o mércores 6 de marzo das 18 horas ás 20.00 á que asistiu a directora. 

Contamos coa presenza de persoal da área do equipo do EMUME de Ourense, onde M. Alida Iglesias Gil (xefa da unidade de Violencia sobre a Muller) e Monserrat Rodríguez Nogueiras (Garda Civil Ourense) abordaron os seguintes temas:

  • Lei 1/2004, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
  • Protocolo Cero
  • Situación actual da violencia de xénero na provincia de Ourense e o caso concreto de Allariz.

Solicitude aos sindicatos de docentes dunha folga europea contra a masacre en Gaza

FOLGA EUROPEA NO ENSINO CONTRA A MASACRE EN GAZA

Ante a masacre que está acontecendo en Gaza,  profesorado do centro sente e manifesta que hai que actuar, actuar e presionar como gremio especialmente sensible á matanza de nenos e nenas, que morren pola guerra ou por inanición.

Estamos a solicitar aos sindicatos de docentes, aos que se lles supón sensiblidade humanitaria e conciencia de clase unha iniciativa coordinadora e mobilizadora con outros sindicatos do ensino, xa non só a nivel galego, senón a nivel estatal e EUROPEO para unha acción( PARO, FOLGA,...) CONXUNTA e inminente , dada a gravidade do que está a acontecer.

A pasividade noutro xenocidio pésanos demasiado e non podemos permanecer pasivos. Por favor, activismo e iniciativa dos sindicatos por unha causa que nos toca moi de perto como persoas e como docentes! Únete  á iniciativa e solicita ao teu sindicato que traballe neste sentido.

Andaina contra a obesidade

O pasado luns, alumnado de 1º ESO participou na andaina organizada pola Consellería de Sanidade en colaboración co Concello de Allariz co gallo do Día Mundial contra a obesidade.

2º ESO VISITA A DOMUS E O MUNCYT

Velaquí xs temxs, acompañadxs polas/o súas/seu profes de: BioXeo, FQ e Tecno.

Andorra 24

 Preme na enlace para ver o ben que o pasou o alumnado de 4º ESO na súa viaxe de fin de etapa en Andorra

https://drive.google.com/file/d/1YJBIffjHcGu_aKLPhQ5sP2oxr7bwXTS3/view?usp=sharing

Día de Rosalía

Hoxe na biblioteca, celebramos o Día de Rosalía co recitado de poemas de Rosalía por parte de alumnado da ESO e lectura do manifesto. A Biblioteca estaba engalanada con paraugas decorados polo alumnado con poemas e motivos relacionados coa nosa grande escritora.

 

 

Experiencia Erasmus: Conexións Internacionais do IES de Allariz

 

A nosa alumna asistiu durante catro semanas ao Lycée Carnot (Francia) e foi acollida na casa dun estudante dese centro, quen previamente acollimos un mes no noso IES en novembro de 2023. A estadía da alumna coa súa familia francesa transcorreu sen contratempos, deixándonos profundamente satisfeitas.

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare