Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Comunicado conxunto dos centros CEIP Alfonso R. Castelao, CEIP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Escultor Acuña e IES Álvaro Cunqueiro no día 13 de novembro de 2023.

Versión en pdf.

 

Excursión de fin de curso ao EBRO para 4º ESO

O alumnado de 4ºESO foi de excursión fin de curso ao EBRO, dende o 6 de maio ata o 10 de maio. Entre as actividades nas que participaron pódense destacar: barranquismo, ruta en bicicleta, kayak e nadar con atúns. Tamén foron ó Monasterio de Pedra e a Port Aventura.

En todas as actividades en que participamos, felicitáronnos polo comportamento do alumnado.

IX Obradoiros de primeiros auxilios

O noso centro celebrou, o 8 e 9 de abril, os IX Obradoiros de Primeiros Auxilios, sendo o alumnado de 1º de bacharelato o encargado de organizar e trasmitir os distintos contidos expostos no mesmo. Participou nestes obradoiros todo o alumnado do centro, así como o alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos.

A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física.

Olimpíada Matemática de 2º da ESO 2024

Este curso, o alumnado de 2º da ESO participou na Olimpíada Matemática que organiza cada ano AGAPEMA.

Desfrutaron dunha mañá moi matemática no IES Castelao acompañados polo seu profe.

Ademais, un dos nosos estudantes clasificouse para a fase galega que se celebrará en Lugo o 23 de maio. Unha pasada!

Parabéns!

 

2024/04/25 - Actualización do calendario do club de Ciencias para a terceira avaliación

Publicamos as datas nas que terán lugar as sesións do club de Ciencias neste 3º trimestre:

  • 1 ESO (Luis e Natalia)
    • Luns 8 de abril 2024: só alumnado que participar no CinVigo
    • Luns 15 de abril 2024: só alumnado que vai participar no CinVigo
    • Luns 29 de abril 2024: todo o alumnado
    • Luns 13 de maio 2024: todo o alumnado
    • Luns 27 de maio 2024: todo o alumnado
  • 2 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 8 de abril 2024
    • Luns 22 de abril 2024
    • Luns 6 de maio 2024
    • Xuño: actualizaremos proximamente
  • 3 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 15 de abril 2024
    • Luns 29 de abril 2024
    • Luns 13 de maio 2024
    • Luns 27 de maio 2024
    • Xuño: actualizaremos proximamente
  • 4 ESO e bacharelato (Antón e Suso)
    • Todos os luns lectivos.

 

2024/04/29 - Corrección ás listaxes de Axudas Le

O 29 de abril a Consellería fixo pública a CORRECCIÓN DE ERROS da listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24).

Pódese consultar toda a información en: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43021

 

2024/04/29 - Convocatoria premios extraordinarios de bacharelato

Iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Nesta ligazón tendes unha folla resumo que envía a Consellería.

 

Visita á exposicón de Bosco Caride no MARCO 2024

O día 24 o alumnado de 4° da ESO visitou o @museomarcovigo para facer unha visita guiada á exposición de @boscocaride Indicios.

Da súa man puidemos percorrer as salas e comentar con el diferentes aspectos deste traballo. Tamén puidemos pintar no obradoiro que nos tiñan preparado e así recordar as súas clases no instituto.

O día 26 foi o alumnado de bacharelato o que tivo a sorte de visitar a exposición.

Grazas Bosco por estas xornadas inesquecibles!

Tendes as fotos na galería.

Xornada de lanzamento do CanSat 2024

CanSat é un proxecto de ESERO (a rama de divulgación da ESA), no que alumnado de secundaria, bacharelato e FP traballa na construcción dun pequeno satélite que entra dentro dunha lata de refresco, co que teñen que recoller datos para un pequeno proxecto científico.

Para elo teñen que deseñar dende cero o seu CanSat: circuíto, software, carcasa, sistema de recuperación (paracaídas)... cumprindo requisitos de tamaño, peso e orzamento, toda unha simulación de proxecto de enxeñería!

Despois de todo o curso traballando no seu proxecto, os nosos equipos, CoiaSat e Panoramix7, asistiron á xornada de lanzamento no aeródromo das Gaivotas en Cerceda que foi todo un éxito!

Deixámosvos algunhas fotos na galería!

Distribuir contido


by Dr. Radut