O centro escolar pretende actuar como dinamizador deportivo para fomentar hábitos saudables nos períodos lectivos non obrigatorios, como son os recreos. Para conseguilo para o alumnado poderá practicar distintos deportes cada día:
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
10:10-10:30
BALONCESTO
FÚTBOL SALA
BALONMÁN
VOLEIBOL
BADMINTON
12:10-12:30
BALONCESTO
FÚTBOL SALA
BALONMÁN
VOLEIBOL
BADMINTON
Estas actividades serán organizadas polo departamento de Educación Física, coa colaboración do alumnado de 4º ESO.
Participamos con este proxecto no plan DEPORTIVO DE CENTRO do programa PROXECTA da Secretaría Xeral para o Deporte.
O mércores, 13 de novembro os grupos de 4º da ESO, acompañados polos profesores Nieves Monge, Rosa Amboaje e José Ramos, asistiron a unha charla no concello de Vigo co título enredamos nas redes...?
O contido da actividade foi unha charla, acompañada dunha presentación de sensibilización que incluía videoclips musicais axeitados aos gustos e idades do alumnado, co obxectivo de reflexionar sobre como empregan as rapazas e os rapaces as redes sociais (para que..., con quen...) e que se dean conta dos riscos aos que se expoñen. Coñecer que é ser acosada/acosado polas redes, que significa o cibercontrol, que sucede coas fotos que soben ou cales son as consecuencias de expor nas redes por exemplo "estados de ánimo". Informouse de como protexerse nas redes, así como as boas prácticas para o emprego dunha linguaxe axeitada para favorecer unha boa comunicación, se nos enredar...
Co gallo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo, volveu por en marcha a iniciativa Enlaza Vigo, para reflectir o compromiso real do conxunto da cidadanía no combate do terrorismo machista.
Desde o ano 2003, ano no que se comezan a realizar oficialmente estatísticas sobre a Violencia de xénero, ata o día de hoxe, máis de 702 mulleres foron asasinadas, só en España, a mans das súas parellas ou exparellas (fonte: Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade).
O alumnado de 1º ESO A, dirixido polo seu profesor de Proxecto Interdisciplinar, Juan Vázquez, participa este ano coa elaboración dun tapiz sobre o tema. Aquí o tedes:
Os tapices de todos os centros, incluido o noso, estarán expostos na Rúa do Príncipe, diante do MARCO, desde o día 21 ao 27 de novembro, de xeito ininterrumpido de 10:00 a 20:00h.
Un ano máis, terceirocurso consecutivo, alumnosdo Alvaro Cunqueiro dos diferentes niveis da ESO participaron no concurso nacional de inglés THE BIG CHALLENGE . Os resultados foron magníficos, particularmente nos dous niveis superiores de 3º e 4º da ESO. No nivel de 3º da ESO temos no noso centro o campión de Galicia e ocupando o posto 13 a nivel nacional: ANXO COSTA POSADA, así como PALOMA RIAL PAZ – posto 16 de Galicia no nivel de 1º Eso e IRIA HERBELLO LAGO, posto nº 13 de Galicia no nivel de 4º ESO .
Todos os alumnos participaron con ilusión e quedaron encantados cos diversos premios que a organización lles mandou. Desde o Departamento de Inglés: GRAZASA TODOS POLA VOSA ILUSIÓN E ESFORZO e vémonos na seguinte edición do concurso o año próximo .
O alumnado de 2º da E.s.o. asistiu os días 17 e 18 de abril, á vista guiada polas instalacións do Museo Etnográfico Liste e á realización do obradoiro “Instrumentos Humildes”. A actividade foi un éxito, se tedes algunha dúbida premede no vídeo.
Un ano máis o alumnado do noso centro deu renda solta a súa creatividade participando no Obradoiro de Instrumentos Musicais. Foron os alumnos/as de 2º ESO os que realizaron esta pequena actividade. Aquí vos deixo algúns dos traballos:
Os instrumentos que maior puntuación obtiveron na votación realizada por toda a comunidades educativa do centro foron os seguintes:
1º Premio: William Cárcer Velarder 2º ESO B - Berimbao.
2º Premio: Diego Castro González 2º ESO A - Xilófono de botellas.
3º Premio: Brais Vila González 2º ESO B - Bongós.
Accésit: Miguel Camiña Fernández 2º ESO A - Frauta de pan.
Accésit: Aroa Mosquera Vila 2º ESO C - Perchófono (berimbao caseiro).
Accésit: Miguel Pardo Novoa 2º ESO C- Frauta traveseira.
O equipo de orientación do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo e CEIP Escultor Acuña, formado a partires do Proxecto “Descubrindo o Norte” en colaboración coa Universidade de Vigo e que está integrado polo alumnado de ambos centros ademais dalgún “fichaxe” do IES Val Miñor de Nigrán (Ensino Público todos eles), acaban de chegar do Campionato Escolar Galego de Deporte de Orientación celebrado en O Barco de Valdeorras (Ourense).
Ao marxe dos resultados, quero felicitar a todo o equipo por todo: como deportistas por habelo dado todo, polo respecto manifestado ante os seus rivais, por haber difrutado de todos os seus logros e por non haberse frustrado polos erros cometidos; como estudantes por saber poñer en práctica en situacións reais todo o aprendido; e como compañeiros por haber conseguido facer un grupo estupendo, responsable e divertido que fixo que me senta moi orgulloso de poder compartir todo este tempo con todos eles.
Este equipo acadou o Campionato Galego na categoría Infantil Feminino. Nesta mesma categoría destacaron Paula López Pequeño e Inés Alonso Méndez nos postos noveno e duodécimo respectivamente. Na categoría Infantil Masculino tamén brillaron os nosos orientadores xa que entre os nove primeiros postos entraron catro: 9 segundos impediron a Yomar Costa subirse ao podio: un cuarto posto non está nada mal. Os equipos Cadete Feminino e Masculino foron un pouco máis discretos, en canto a resultados.