Skip to Content

Actividades curso 2009-2010

Concurso relato curto Coca Cola

Varios alumnos do IES “Alvaro  Cunqueiro” participaron, como en anos anteriores, no concurso Jóvenes Talentos que convoca Coca Cola para premiar relatos curtos escritos por escolares de segundo curso da ESO. O departamento de Lingua Castelá e Literatura realizou unha selección previa dos traballos presentados e enviou ao concurso os seis mellor valorados (dous por cada un dos grupos A, B e C), que resultaron ser os seguintes:

Juan Area Figueroa e Carme Carrasco Pérez (de 2º A), Miguel López Caamaño e Sunil López Mahabubani ( de 2º B), Elisabeth Fandiño Domínguez e Lucía Verdugo Gonzalo (de 2º C). 

Foi gañadora do concurso a alumna Carme Carrasco Pérez , quen, acompañada da súa profesora María del Carmen Veiga, acudiu ao Auditorio de Ourense para recibir o premio, que consistiu nun trofeo, un diploma, unha mochila de viaxe, un reprodutor MP3 e unha camiseta.

 

Ao final da entrega de premios, os alumnos, os seus profesores e seus pais foron obsequiados cunha cea.

Parabéns á gañadora e aos seleccionados.

Teatro inglés

 

Como en anos anteriores o Seminario de Inglés organizou varias representacións teatrais no salón de actos do noso centro. As obras, por suposto en inglés, estiveron dirixidas dunha banda aos alumnos de 3º e 4º da ESO a doutra aos de bacharelato. Iniciouse a temporada no mes de Novembro con "Food for Thought" para os da ESO; no segundo trimestre tocoulle o turno a "Clever Cupid" -sempre un éxito- para os de bacharelato e finalmente "Going Underground" que aínda hay pouco que se representou.

 
   

 Esta é unha actividade que conta co favor da maioría dos alumnos xa que non é só outra maneira de aprender e escoitar a lingua nos falantes nativos senón que é unha ocasión para divertirse, reírse e participar; mesmo pode descubrir algunha oculta vocación naqueles que son elixidos para tomar unha parte máis directa no espectáculo e teñen que subir ao escenario entre as risas e berros dos demáis. Son eles tamén os que aparecen nas fotos.

CONCERTO DE XÓVENES TALENTOS NA MÚSICA

     
 

O pasado 18 de Marzo tivo lugar no Auditorio do instituto un concerto polos propios alumnos que cursan estudios de música en distintos centros da cidade ou ben pertencen a grupos creados por eles mesmos.O concerto quixo servir tanto para recoñecer a este alumnado o seu esforzo e talento como para que os demáis poidesen disfrutar e animarse se cadra a iniciar eles mesmos unha actividade musical maís intensa.Parabéns e grazas os participantes pola súa xenerosidade e o alumnado de 4º C por facer a presentación.

     
     
     
   

 + fotos

Miriam Matos e Sara Iñarrea primeira e segunda clasificada no I Campionato Escolar Vigués de Remoergómetro

 

 
      

O pasado sábado 10 de abril celebrouse no pavillón de Bouzas a fase final do I Campionato Escolar Vigués de Remoergómetro na que participaron deportistas de oito institutos vigueses.

O noso instituto estivo representado nesta ocasión por oito alumnos e alumnas os cales tiveron en todas as categorías unha boa actuación. Destacou a actuación de Miriam Matos, que adxudicouse o primeiro posto na categoría cadete feminina con un tempo sobre os 500 m de 1:55:80, e Sara Iñarrea na mesma proba que acadou o segundo lugar con un tempo de 1:56:60, con unha regata plantexada polas dúas deportistas con moita intelixencia e ritmo.

 O resto de participantes do noso instituto tiveron tamén unha destacada actuación acadando os postos cuartos e quintos no resto de categorías.

O remate da xornada sorteouse un PC portátil e unha consola WII entre todos os participantes. Sara Iñarea tivo a sorte dos campións e levouse para casa a consola Wii entre a ledicia da afición do instituto que acudiu a presenciar o evento.

 

Estes son os resultados finais do campionato:

 

 CATEGORÍA INFANTIL FEMENINO

Paula Vieitez Glez. IES Rosais Dous 1:58.9
Ainoa Regueira Santos IES Castelao 2:01.5
Gabriela Alfonso Yoldi IES Rosais Dous 2:02.2

   CATEGORÍA INFANTIL MASCULINO

Adrián Gil Sierra IES de Teis 1:47.3
Alexandre Silva Pereira IES Castelao 1:49.0
David Macías Carbajo IES Rosais Dous 1:49.1

CATEGORÍA CADETE FEMENINO

Miriam Matos Paes IES Alvaro Cunqueiro 1:55.8
Sara Iñarrea Santomé IES Alvaro Cunqueiro 1:56.6
Natalia Fdez. Glez. IES de Teis 1:57.4

   CATEGORÍA CADETE MASCULINO

Christian Pereira A. IES Santo Tomé 1:36.1
Blaz Ocepek IES Castelao 1:36.8
Anxo Sedín Lama IES Castelao 1:37.0

CATEGORÍA JUVENIL FEMENINO

Paloma Bandeira Mtnez IES Rosais Dous 1:51.8
Iria Dmguez. Reguera IES Rosais Dous 1:55.1
Cristina Casa Pérez IES Santo Tomé 1:57.3
   CATEGORÍA JUVENIL MASCULINO

Aarón Rguez. Romero IES Alexandre Bóveda 1:31.6
Alberto Carazo Monroy IES Alexandre Bóveda 1:31.9
Javier Prieto Troncoso IES Rosais Dous 1:37.4
       
 Enhoraboa dende aquí a todos os participantes. Ata o ano que ven!
       
       

Último día do 2º trimestre

 

Con motivo do "Día mundial da auga", no noso Instituto, en colaboración con UNICEF, tivo lugar unha carreira cos alumnos/as de 1º e 2º de ESO. A finalidade foi recoller fondos para a construcción e potabilización de auga en Níger.

 

            

Os alumnos/as de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato, participaron nun campeonato de fútbol-sala no Salón de actos do noso centro.

 

   

 

   

 

   

English play

 

      WEDNESDAY 7th APRIL, 2O1O

              12:30 pm

  

                  Groups: 

                               ESO- 3A,B, C

                               ESO- 4A,B, C 

   

 Based on the story of the creation of the London underground , the actors of this play perform different events happened both on the train and outside it . All in a funny and cheerful way in which the students feel involved in the play as some of them are requested to hop onto the stage and be part of the performance  , all this creates hillarious scenes and moments which the audience - their mates themselves - thank and reward with big applauses . Moments such as a quiz contest in which the students were asked questions about the tube itself  ( four students were the contestants ) ; a scene in which two passengers fall in love and the boy -Romeo - sings a song to his love  ( the two lovers were also students ) ; the protests against the idea of demolishing a very old tube station just to build a car park .... , in the end they succeeded and the station wasn´t demolished  .  Songs were also part of the play . It was much fun for th e students and they enjoyed it thoroughly.

   

 Basada en la historis de la creación del metro de Londres , los actores de esta obra representan diferentes acontecimientos que suceden en el tren y en la estación . Todo de un modo divertido y agradable en el que los alumnos se sienten involucrados en la obra pues se les poide a algunos de ellos que salten al escenario y sean parte de la representación ; todo ello crea escenas y moemnetos muy divertidos que el público - sus propios compañeros - agradecen y premian con grandes aplausos . Momentos tales como el concurso en el que se les hace preguntas sobre el metro ( los participantes eran cuatro alumnos ) ; una escena en la que dos pasajeros se enamoran y él - llamado Romeo - canta una canción a su enamorada ( los dos enmorados eran también dos alumnos ) ; las protestas en contra de la destrucción de una de las estaciones más antiguas del metro para construir un aparcamiento ... , al final consiguen que no se demoliera dicha estación . Diversas canciones fueron par te de la obra . Fue muy divertida y los alumnos lo disfrutaron mucho

Universidade e natureza

 

O mércores 10 de marzo, os alumnos/as de 2º de Bacharelato fixeron unha saída didáctica dentro do programa " Vigo por dentro" coa finalidade de estudar a conservación e recuperación  dos  espazos naturais.

A visita consta de dous itinerarios guiados nos que atopamos moitos dos hábitats característicos do entorno da cidade. Carballeiras, bosques e lagoas son unha pequena mostra da diversidade biolóxica que conforma a paisaxe de Galicia.

 

   

 

 

 

 

 

 

Remoergómetro

 

 

 O remoergómetro é unha disciplina que consiste en remar nunha máquina co mesmo xesto técnico que no Remo Olímpico ou de Banco Móbil.

 

     

 

O alumnado de ESO e Bacharelato tivo a oportunidade de participar, ao longo da semana do 9 ao 13 de marzo, da actividade "REMOERGÓMETRO" organizada polo Departamento de Educación Física en colaboración co Club Náutico de Bouzas.

A máquina sobre a que se practica ten o mesmo nome que a disciplina: Remoergómetro. Consta dunha pantalla e un microprocesador onde se amosan todos os parámetros que mide ( tempo de execución, distancia, potencia e ritmo de paladas). O banco desprázase por unha guía grazas á flexo-extensión das pernas. As competicións desta modalidade dispútanse sobre unha distancia determinada que hai que percorrer no menor tempo posible.

 

 

Estudo antropométrico infantil en Vigo

 

 

Na última década o número de nenos obesos aumentou considerablemente. O Concello de Vigo, que forma parte da Rede Española de Cidades Saudabeis, que perseguen promover estratexias locais integrais e de desenvolvemento sostible baseados nos principios e obxectivos de Saude para todos, elaborou para o 2009-10 un  plan orientado á poboación infantil comprendida entre 12 e 16 anos.

   
 IES Álvaro Cunqueiro participou nese proxecto cun total de 114 alumnos de 1º , 2º, 3º e 4º da ESO.

A utilidade deste estudo é identificar a magnitude da obesidade e o sobrepeso na nosa poboación ca finalidade de promover actuacións encamiñadas a mellorala, adoptar medidas de prevención sensatas e axustadas ás necesidades reais e tamén poder avaliar os seus efectos.

     
Distribuir contido


by Dr. Radut