Skip to Content

Remoergómetro

 

 

 O remoergómetro é unha disciplina que consiste en remar nunha máquina co mesmo xesto técnico que no Remo Olímpico ou de Banco Móbil.

 

     

 

O alumnado de ESO e Bacharelato tivo a oportunidade de participar, ao longo da semana do 9 ao 13 de marzo, da actividade "REMOERGÓMETRO" organizada polo Departamento de Educación Física en colaboración co Club Náutico de Bouzas.

A máquina sobre a que se practica ten o mesmo nome que a disciplina: Remoergómetro. Consta dunha pantalla e un microprocesador onde se amosan todos os parámetros que mide ( tempo de execución, distancia, potencia e ritmo de paladas). O banco desprázase por unha guía grazas á flexo-extensión das pernas. As competicións desta modalidade dispútanse sobre unha distancia determinada que hai que percorrer no menor tempo posible.

 

 



page | by Dr. Radut