Skip to Content

Erasmus+ Jobshadowing en Finlandia

100Durante o mes de setembro de 2023, tres profesoras de bioloxía (a xefa do departamento) e inglés (a xefa do departamento e maila coordinadora da sección bilingüe) do noso centro tiveron a oportunidade de visitar un instituto finés, participando en clases de diferentes materias (bioloxía, xeoloxía,física e química, música, inglés, castelán, finés para estranxeiros e mesmo xaponés) e reuníndose con multitude de profesionais educativos do centro de acollida para aprenderen os segredos do seu tan aclamado sistema educativo.

 ; A acollida por parte do centro finés Kipina foi fantástica, polo que queda aberta a porta para posibles colaboracións futuras.



story | by Dr. Radut