Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Comunicado conxunto dos centros CEIP Alfonso R. Castelao, CEIP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Escultor Acuña e IES Álvaro Cunqueiro no día 13 de novembro de 2023.

Versión en pdf.

 

2024/05/24 - Calendario da convocatoria extraordinaria de 2º de bacharelato e das materias pendentes de 1º de bacharelato do curso pasado

Xa temos dispoñible o calendario de exames da convocatoria extraordinara de segundo de bacharelato e das materias pendentes de 1º de bacharelato do curso pasado.

2024/05/24 - Actualización do calendario do Club de Ciencias

Publicamos unha actualización as datas nas que terán lugar as sesións do club de Ciencias neste 3º trimestre:

  • 1 ESO (Luis e Natalia)
    • Luns 8 de abril 2024: só alumnado que participar no CinVigo
    • Luns 15 de abril 2024: só alumnado que vai participar no CinVigo
    • Luns 29 de abril 2024: todo o alumnado
    • Luns 13 de maio 2024: todo o alumnado
    • Luns 27 de maio 2024: (só o alumnado que non vai ao club de cine)

 

2024/05/21 - Apertura do prazo de solicitude de fondolibros

Xa está aberto o prazo para a solicitude de Fondolibros 2024/2025. Poden consultar toda a información en: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

No seguinte arquivo teñen as datas mais relevantes: FONDOLIBROS 2024

 

NOTA IMPORTANTE SOBRE OS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR:

a) As persoas proxenitoras non separadas legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, as titoras ou acolledoras do alumnado.

b) Nos casos de separación ou divorcio: 

-- Con custodia compartida: a unidade familiar está composta polas persoas proxenitoras e os seus descendente comúns 

-- Con custodia exclusiva: a unidade familiar está composta pola persoa proxenitora que teña a custodia exclusiva e os fillos suxeitos a esta custodia e, de ser o caso, polo novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora. Non se inclúe á outra persoa proxenitora do alumnado.

c) Os/as fillos/as menores de idade. 

d) Os/as fillos/as maiores de idade con discapacidade que estean incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 

e) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos se convivan no domicilio familiar.

 

Reto Muiñeira 2024

Por fin chegou o día! Despois de moito ensaiar, o día 16 de maio celebramos o día da muiñeira coa nosa tradicional competición.

Foi unha mañá moi divertida, bailamos, coñecemos un pouco mellor a nosa cultura e achegámonos ás nosas tradicións. Moitos parabéns a todos o participantes, especialmente aos gañadores!

 

  

Excursión de fin de curso ao delta do Ebro para 4º ESO

O alumnado de 4ºESO foi de excursión fin de curso ao EBRO, dende o 6 de maio ata o 10 de maio. Entre as actividades nas que participaron pódense destacar: barranquismo, ruta en bicicleta, kayak e nadar con atúns. Tamén foron ó Monasterio de Pedra e a Port Aventura.

En todas as actividades en que participamos, felicitáronnos polo comportamento do alumnado.

Olimpíada Matemática de 2º da ESO 2024

Este curso, o alumnado de 2º da ESO participou na Olimpíada Matemática que organiza cada ano AGAPEMA.

Desfrutaron dunha mañá moi matemática no IES Castelao acompañados polo seu profe.

Ademais, un dos nosos estudantes clasificouse para a fase galega que se celebrará en Lugo o 23 de maio. Unha pasada!

Parabéns!

 

2024/04/25 - Actualización do calendario do club de Ciencias para a terceira avaliación

Publicamos as datas nas que terán lugar as sesións do club de Ciencias neste 3º trimestre:

  • 1 ESO (Luis e Natalia)
    • Luns 8 de abril 2024: só alumnado que participar no CinVigo
    • Luns 15 de abril 2024: só alumnado que vai participar no CinVigo
    • Luns 29 de abril 2024: todo o alumnado
    • Luns 13 de maio 2024: todo o alumnado
    • Luns 27 de maio 2024: todo o alumnado
  • 2 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 8 de abril 2024
    • Luns 22 de abril 2024
    • Luns 6 de maio 2024
    • Xuño: actualizaremos proximamente
  • 3 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 15 de abril 2024
    • Luns 29 de abril 2024
    • Luns 13 de maio 2024
    • Luns 27 de maio 2024 (non haberá sesión)
    • Xuño: actualizaremos proximamente
  • 4 ESO e bacharelato (Antón e Suso)
    • Todos os luns lectivos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut