Skip to Content

1º Torneo Xadrez do IES ÁLVARO CUNQUEIRO

Na segunda semana de Xuño celebramos o noso I Torneo de Xadrez, pois temos unha grande afición a este xogo entre o noso alumnado. Por cuestións organizativas este primeiro ano só puideron participar 16 alumnos/as pero houbo máis interesados/as.

Seguro que no curso próximo poderase celebrar o II Torneo de Xadrez, onde ampliaremos as posibilidades de participación.

E o ganador foi:  Pazos Morales, Brais Alfonso. Noraboa!

Aqui podes ver a partida final.

 

Resultados ABAU 2023

Publicadas as notas das ABAU de xuño, o 100 % do alumnado que se presentou superou a proba. Noraboa!!

A cor na cafetería da man de 1º da ESO e 1º de bacharelato

Estes días podemos desfrutar na cafetería do centro de dúas exposicións promovidas polo departamento de EPVA:

 - Exposicion “Composicións de cor” 1º bach de Debuxo Artistico

 - Móbiles de cores con Baricentros, 1º ESO En colaboración cos departamentos de Matematicas e Debuxo

Pasádevos pola cafetería!

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes para movilidade ERASMUS no curso 2022-2023

Amplíase ata o luns 15 de maio o prazo de presentación de solicutdes para a movilidade ERASMUS KA121.

Para máis información acceder ao apartado de novas ou ao enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesalvarocunqueiro/convocatoria-movilidades-erasmus-ka121-2022-2023

O club de Lego no día de Star Wars 2023

O alumnado do club de Lego decidu crear unha representación baseada en Star Wars para este día 4 de maio. Aquí tendes algunhas fotos!

 

Musiqueando 2023

O pasado 28 de abril, 40 alumnos e alumnas de 2ºESO participaron na xornada musical coñecida como Musiqueando. Esta iniciativa impulsada por COAEM (Confederación de Asociacións de Ensinanza Musical do Estado Español) pretende compartir e poñer en valor a música que os rapaces realizan nas diferentes aulas do estado.

Neste ano 2023, o noso centro participou co alumnado de 2ºESO cantando na residencia xeriátrica "El Rocío" situado no barrio de Coia. Recibíronnos con moito agarimo e agardamos volver pronto a cantar para eles.

Máis fotos na galería!

 

CinVigo 2023

Esta pasada fin de semana o alumnado do club de ciencias de 3º e 4º da ESO participou xunto co alumnado do IES Alexande Bóveda na primeira edición de CinVigo, unha feira de ciencia na rúa organizada polo centro de investigación CinBio.

Aínda que a primeira hora do sábado o tempo non parecía acompañar moito, finalmente a xornada foi todo un éxito e o alumnado desfrutou transmitindo o aprendido e traballado no proxecto do parque da Bouza.

Agardamos xa pola próxima edición!

Máis imaxes na galería.

Rally sen fronteiras 2023

Este ano dous grupos de 2º de ESO e un grupo de 4º de ESO animáronse a participar no Rally sen fronteiras, un concurso de matemáticas por grupos para toda a ESO. Penso que pasamos unha boa tarde no centro, traballando nas probas de matemáticas cos compañeiros e compañeiras. Grazas por animarvos a participar!

Ademais, o grupo de 2º ESO D clasificouse para a fase galega en Santiago! Pasaron alí un bo día co profesorado de matemáticas, coñeceron a facultade de Química, viron algúns experimentos, deron unha volta pola cidade.

Deixámosvos as fotos na galería.

Mes do libro 2023

Dende a biblioteca do centro ofrecemos a posibilidade de prestar libros ás famlias durante este mes de abril, mes do libro.

Nesta listaxe podedes atopar algunhas novelas que poden ser do voso interese.

VIII Obradoiros de Primeiros Auxilios

O noso centro celebrou, o 20 e 21 de marzo, os VIII Obradoiros de Primeiros Auxilios, sendo o alumnado de 1º de bacharelato o encargado de organizar e trasmitir os distintos contidos expostos no mesmo. Participou nestes obradoiros todo o alumnado do centro, así como o alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos. A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física.

Na galería tendes máis fotos do obradoiro!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut