Skip to Content

2024/03/20 - Aberto o prazo de solicitude de bolsas para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación

Xa está aberto o prazo para a solicitude de bolsas para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación. Podedes revisar a información sobre as bolsas na páxina do propio Ministerio:

 

 

Día da nena e a muller na ciencia 2024

O alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de participar na xornada do Día da Muller e a Nena na Ciencia no Verbum.

Alí puidemos coñecer en primeira persoa a científicas galegas, unha delas do noso barrio, que nos falaron do que supuxo e supón para elas ser investigadoras. Tamén nos falaron de grandes mulleres que fixeron importantes achegas científicas e nunca recibiron o recoñecemento social que merecían.

Despois, o noso alumnado puido desenvolver pequenos experimentos, como a elaboración de sales de baño, moldear polímeros, analizar con microscopios ou mesmo darlle luz a Hedy Lamarr, a actriz austriaca que inventou o wifi.

Unha apaixoante xornada de Ciencia que nos ensinou que o coñecemento e a investigación non entende de xéneros!

Parlamento Xove 2024

Dous grupos de estudantes de 1º de bacharelato participan esta fin de semana na 15ª edición do Parlamento Xove. Levan varias semanas preparando xunto ás súas profesoras un interesante tema de debate:

Os Estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?

Para seguir en directo a competición aquí tendes os enlaces para o streaming de YouTube:

Na seguinte ligazón tendes os horarios e as salas dos distintos debates nos que participan os equipos do centro.

 

8 de marzo 2024

Orgullosas do noso Equipo de Igualdade Morgana que onte no noso centro e hoxe nos adscritos levaron a cabo a I Olimpiada pola Igualdade do IES Álvaro Cunqueiro.
 
Elas son unhas campioas e así o demostraron realizando diferentes xogos tendo como referentes a diferentes mulleres deportistas. Parabéns rapazas e grazas ao CEIP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Escultor Acuña e ó CEIP Javier Sensat.

 

Feliz e reivindicativo 8M!

Visita de Fillas de Cassandra 2024

O alumnado de música recibiu unha agradable sorpresa ao poder compartir unha aula coas artistas galegas máis recoñecidas do momento Fillas de Cassandra.

As dúas integrantes compartiron a mañá con eles e incluso houbo alumnas que se atreveron a cantar con elas.

Grazas, María e Sara por unha mañá que de seguro nunca esquecerán!

Xornada de prelanzamento do CanSat na Cidade da Cultura 2024

O pasado 6 de marzo, o alumnado do club de ciencias que participa no proxecto CanSat acudiu á Cidade da Cultura a Santiago de Compostela para compartir unha xornada co resto de centros que preparan este proxecto.

Os nosos equipos (CoiaSat e P4noramix7), tiveron a oportunidade de coñecer ao resto de grupos galegos e pasar un día de convicencia todos xuntos. Tamén puideron desfrutar das charlas de El Barroquista, SpaceLab, e coñecer o proxecto MarumaSat.

Seguiremos traballando nos nosos proxectos agardando ao día do lanzamento!

2024/03/11 - Ampliado o prazo para a solicitude das probas de acreditación da competencia dixital do alumnado

A Consellería de Educación amplía ata o 15 de marzo o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Para a inscrición deberá presentarse na administración do centro o anexo IV da convocatoria debidamente cumprimentado.

Enlace á resolución do 28 de febreiro de 2024.

 

Saída á sala Ártika 2024

Un ano máis o Departamento de Lingua Galega organizou unha saída á Sala Ártika.

Primeiro foi o alumnado de 4º da ESO gozou da representación da peza A mosca, que previamente traballaron na clase.

Unhas semanas despois foron os de 1º da ESO, nesta ocasión asistiron á estrea de Monstros. Coma sempre unha experiencia fantástica!

 

Xuntanza do club de lectura 2024

O Club de Lectura Merlín reuniuse este trimestre en dúas ocasións para conversar arredor do libro de Diego Giráldez O noso sangue. Foi moi interesante ver as expectativas, como pensaban que ía rematar e o sorprendente xiro argumental que os sorprendeu.

Xa estamos desexando facer a seguinte lectura!

Excursión 3º ESO a Manzaneda 2024

O alumnado de 3º da ESO realizará unha excursión do 17 ao 19 de abril a Manzaneda (Ourense).

Ata o 8 de marzo poderá entregarse en secretaría a documentación asinada que podedes descargar nos seguintes enlaces:

Ademais levarase a cabo unha venda de rifas a través da ANPA para axudar a sufragar a excursión

 

Distribuir contido


by Dr. Radut