Skip to Content

2024/04/25 - Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no curso 2024 - 2025

No día de hoxe publicaranse no taboleiro do centro as listaxes de alumnado admitido e non admitido no centro para o curso 2024 - 2025.

O período de reclamación será do 26 de abril ao 3 de maio, ambolos dous incluídos.

As persoas que tramitaron a solicitude a través da aplicación de Admisión Alumnado, poderán consultar as listaxes a través da propia aplicación.

2024-04-23 - AxudasLe: publicas as listaxes provisionais

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos informan de que o día 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións.

Podédela revisar na aplicación AxudasLe.

CinVigo 2024

Este ano os clubs de ciencias do IES Alexandre Bóveda e o IES Álvaro Cunqueiro volveron traballar conxuntamente para presentar un proxecto no CinVigo, levando a ciencia ás rúas do centro da cidade.

Igual que o curso pasado, o club segue traballando a nosa contorna. Despois de dar a coñecer o parque da Bouza, este curso o alumnado centrouse nas especies de plantas silvestres comestibles que hai ao noso redor e como podemos aproveitalas.

Tivemos ademais a grande sorte de contar coas familias que se implicaron de cheo no proxecto. O resultado foi.... exquisito!

Premede na foto para ir á galería!

@cinbio_uvigo

 

Visita á ESAD 2024

O pasado 15 de abril, un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4ºESO achegáronse á Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) situada no barrio de Navia para presenciar un ensaio do musical "Hairspray".

Diversos números deste musical vanse interpretar por alumnado deste centro educativo no InnovArt'24, organizado pola Consellería de Educación en Santiago de Compostela os días 18 e 19 de abril.

Foi unha xornada fantástica rodeados de tanto talento!

Visita ao CESGA 2024

O pasado venres 12 de abril tres estudantes de 2º de bacharelato tiveron a sorte de participar nunha visita ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Aprenderon sobre as diferenzas entre computación cuántica e clásica e os tipos de ordenadores cuánticos que traballan os distintintos centros de investigación e compañías.

Ademais puideron visitar a instalación so supercomputador FINISTERRAE e o ordenador cuántico que ten o CESGA, o QMIO.

Foi unha boa xornada que fixo que o madrugón para o autobús pagase a pena.

Xa agardando para a próxima, na que ogallá poda acudir máis alumnado!

Contra o masacre en Palestina 2024

O venres 12 de abril unímonos á lectura do manifesto contra o masacre en Palestina ao que estaban chamados os centros públicos de Galicia.

Un bo número de alumnado e profesorado pediu non ignorar nin silenciar o que está a pasar en Gaza, porque iso é incompatible coa solidariedade, a xustiza e a cidadanía democrática.

Dende o IES Álvaro Cunqueiro denunciamos o xenocidio que se está a cometer contra o pobo palestino, esiximos un cese inmediato do fogo en Palestina porque TODAS SOMOS PALESTINA.

 

Visita aos centros de FP 2024

O día 9 de abril o alumnado de 4° da ESO visitou os centros de FP Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade onde puideron valorar outras saídas profesionais unha vez que teñan o título da ESO.

Coma sempre grazas por recibirnos tan ben, foi unha xornada moi proveitosa para o noso alumnado!

 

2020/04/05 - Calendario exames pendentes abril

Xa están dispoñibles os horarios dos exames das materias pendentes dos cursos anteriores do mes de abril.

2024/04/05 - Publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido sen baremo

Xa están publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido no centro sen baremo para o curso 2024-2025.

As listaxes atópanse penduradas no recibidor do centro.

Este alumnado corresponde aos cursos de

  • 1º ESO
  • 3º ESO
  • 2º bacharelato

As listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido despois da aplicación do baremo publicaranse o 25 de abril.

Visita ao porto de Vigo 2024

Hoxe o alumnado de terceiro da ESO e o de cuatro diversificación, realizaron unha visita ao porto pesqueiro de Vigo.

Coñecimos ás aguias de Harris, que manteñen a raia ás gaivotas, os tipos de barcos, o viveiro de mariscos e a lonxa.

Pasámolo super!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut