Skip to Content

Saída á sala Ártika 2024

Un ano máis o Departamento de Lingua Galega organizou unha saída á Sala Ártika.

Primeiro foi o alumnado de 4º da ESO gozou da representación da peza A mosca, que previamente traballaron na clase.

Unhas semanas despois foron os de 1º da ESO, nesta ocasión asistiron á estrea de Monstros. Coma sempre unha experiencia fantástica!

 

Xuntanza do club de lectura 2024

O Club de Lectura Merlín reuniuse este trimestre en dúas ocasións para conversar arredor do libro de Diego Giráldez O noso sangue. Foi moi interesante ver as expectativas, como pensaban que ía rematar e o sorprendente xiro argumental que os sorprendeu.

Xa estamos desexando facer a seguinte lectura!

Excursión 3º ESO a Manzaneda 2024

O alumnado de 3º da ESO realizará unha excursión do 17 ao 19 de abril a Manzaneda (Ourense).

Ata o 8 de marzo poderá entregarse en secretaría a documentación asinada que podedes descargar nos seguintes enlaces:

Ademais levarase a cabo unha venda de rifas a través da ANPA para axudar a sufragar a excursión

 

2024/03/01 - Aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2024-2025

Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2024-2025.

Poden consultar as vacantes dispoñibles no centro neste enlace ou no recibidor do instituto.

A solicitude pódese facer presencialmente no centro ou a través da aplicación de admisiónalumnado.

Visita á asociación Alento e ao Conservatorio Superior de Música 2024

Os pasados días 27 e 29 de marzo o Departamento de Música realizou dúas actividades extraescolares co alumnado do centro.

O martes 27 o coro formado por alumnas de 3ºESO visitaron as instalacións que a Asociación Alento ten no barrio de Navia e ofreceron un concerto aos residentes, os cales nos acolleron con moita ilusión e afecto.

Por outra banda, o xoves 29 foron alumnos e alumnas de 2ºESO A e B quenes disfrutaron dun magnífico concerto didáctico da orquestra de vento do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Agradecemos ao Concello de Vigo pola organización e agardamos que esta iniciativa se poda repetir no futuro para poder así disfrutar de música en directo e poñer en valor as agrupacións e institución musicais da cidade.

Obradoiro de Crêpes 2024

O pasado mes de xaneiro, os días 29 e 30, o alumnado de Francés participou nun taller de crêpes. Tiveron a oportunidade de coñecer a cultura bretona, de poñer en práctica a lingua francesa así como degustar e facer a súa propia crêpe.

A actividade foi un éxito grazas á implicación do alumnado e o seu bo comportamento.

  

2024/02/29 - Vacantes para o curso 2024-2025

Xa están publicadas as vacantes para o curso 2024-2025.

Pódense consultar tamén no recibidor do centro.

Curso Vacantes
1º ESO 17
2º ESO 0
3º ESO 2
4º ESO 8
1º Bacharelato de Ciencias e tecnoloxía 0
1º Bacharelato de Humanidades e ciencias sociais 0
2º Bacharelato de Ciencias e tecnoloxía 10
2º Bacharelato de Humanidades e ciencias sociais 7

 

Aplicación AdmisionAlumnado

 

2024/02/22 - Publicación das listaxes de alumnado admitido para o curso 2024-2025 procedente dos centros adscritos

Todo o alumnado dos centros adscritos que fixo a reserva de praza para o noso centro está admitido. Pódense consultar as listas na aplicación de admisión alumnado ou no taboleiro do recibidor do instituto.

Deberán formalizar a matrícula do 23 de xuño ao 7 de xullo (ambos incluídos).

En breve actualizaremos as instrucións de matrícula.

 

Visita ao Parlamento de Galicia 2024

O pasado xoves o alumnado de Afondamento realizou unha visita guiada polo Parlamento de Galicia. Este curso participamos nos Contratos Programa da Conselleria de Educación.

En marzo asistiremos ao concurso de debate Parlamento Xove con dous equipazos de mozas/os. O Parlamento é, ademais, espazo de exposición de artistas galegos contemporáneos. Ficamos abraiados coa súa colección!

Para aproveitar ben a viaxe, fixemos unha visita ao Museo do Pobo Galego.

Unha visita a Compostela do máis aproveitada, non si?

2024/02/15 - Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

A Consellería publicou a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Pódese revisar a orde na publicación do DOG.

Tamén está dispoñible toda a información na aplicación AxudasLe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut