Skip to Content

Xornada de prelanzamento do CanSat na Cidade da Cultura 2024

O pasado 6 de marzo, o alumnado do club de ciencias que participa no proxecto CanSat acudiu á Cidade da Cultura a Santiago de Compostela para compartir unha xornada co resto de centros que preparan este proxecto.

Os nosos equipos (CoiaSat e P4noramix7), tiveron a oportunidade de coñecer ao resto de grupos galegos e pasar un día de convicencia todos xuntos. Tamén puideron desfrutar das charlas de El Barroquista, SpaceLab, e coñecer o proxecto MarumaSat.

Seguiremos traballando nos nosos proxectos agardando ao día do lanzamento!

2024/03/11 - Ampliado o prazo para a solicitude das probas de acreditación da competencia dixital do alumnado

A Consellería de Educación amplía ata o 15 de marzo o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Para a inscrición deberá presentarse na administración do centro o anexo IV da convocatoria debidamente cumprimentado.

Enlace á resolución do 28 de febreiro de 2024.

 

Saída á sala Ártika 2024

Un ano máis o Departamento de Lingua Galega organizou unha saída á Sala Ártika.

Primeiro foi o alumnado de 4º da ESO gozou da representación da peza A mosca, que previamente traballaron na clase.

Unhas semanas despois foron os de 1º da ESO, nesta ocasión asistiron á estrea de Monstros. Coma sempre unha experiencia fantástica!

 

Xuntanza do club de lectura 2024

O Club de Lectura Merlín reuniuse este trimestre en dúas ocasións para conversar arredor do libro de Diego Giráldez O noso sangue. Foi moi interesante ver as expectativas, como pensaban que ía rematar e o sorprendente xiro argumental que os sorprendeu.

Xa estamos desexando facer a seguinte lectura!

Excursión 3º ESO a Manzaneda 2024

O alumnado de 3º da ESO realizará unha excursión do 17 ao 19 de abril a Manzaneda (Ourense).

Ata o 8 de marzo poderá entregarse en secretaría a documentación asinada que podedes descargar nos seguintes enlaces:

Ademais levarase a cabo unha venda de rifas a través da ANPA para axudar a sufragar a excursión

 

2024/03/01 - Aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2024-2025

Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2024-2025.

Poden consultar as vacantes dispoñibles no centro neste enlace ou no recibidor do instituto.

A solicitude pódese facer presencialmente no centro ou a través da aplicación de admisiónalumnado.

Visita á asociación Alento e ao Conservatorio Superior de Música 2024

Os pasados días 27 e 29 de marzo o Departamento de Música realizou dúas actividades extraescolares co alumnado do centro.

O martes 27 o coro formado por alumnas de 3ºESO visitaron as instalacións que a Asociación Alento ten no barrio de Navia e ofreceron un concerto aos residentes, os cales nos acolleron con moita ilusión e afecto.

Por outra banda, o xoves 29 foron alumnos e alumnas de 2ºESO A e B quenes disfrutaron dun magnífico concerto didáctico da orquestra de vento do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Agradecemos ao Concello de Vigo pola organización e agardamos que esta iniciativa se poda repetir no futuro para poder así disfrutar de música en directo e poñer en valor as agrupacións e institución musicais da cidade.

Obradoiro de Crêpes 2024

O pasado mes de xaneiro, os días 29 e 30, o alumnado de Francés participou nun taller de crêpes. Tiveron a oportunidade de coñecer a cultura bretona, de poñer en práctica a lingua francesa así como degustar e facer a súa propia crêpe.

A actividade foi un éxito grazas á implicación do alumnado e o seu bo comportamento.

  

2024/02/29 - Vacantes para o curso 2024-2025

Xa están publicadas as vacantes para o curso 2024-2025.

Pódense consultar tamén no recibidor do centro.

Curso Vacantes
1º ESO 17
2º ESO 0
3º ESO 2
4º ESO 8
1º Bacharelato de Ciencias e tecnoloxía 0
1º Bacharelato de Humanidades e ciencias sociais 0
2º Bacharelato de Ciencias e tecnoloxía 10
2º Bacharelato de Humanidades e ciencias sociais 7

 

Aplicación AdmisionAlumnado

 

2024/02/22 - Publicación das listaxes de alumnado admitido para o curso 2024-2025 procedente dos centros adscritos

Todo o alumnado dos centros adscritos que fixo a reserva de praza para o noso centro está admitido. Pódense consultar as listas na aplicación de admisión alumnado ou no taboleiro do recibidor do instituto.

Deberán formalizar a matrícula do 23 de xuño ao 7 de xullo (ambos incluídos).

En breve actualizaremos as instrucións de matrícula.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut