Skip to Content

Proxectos do departamento de Economía

Premios ATRÉVETE 2022

O martes 21 de xuño de 2022 asistimos á entrega de premios de ideas de negocio do PROGRAMA ATRÉVETE, sendo premiada a alumna de 2ª ESO Noa María Latas García, da materia de Educación Financeira.

Para ver el reportaje completo pincha aquí

 

   

 

Parabéns a todos os participantes polo esforzo realizado e, en especial, á premiada.

PREMIOS do programa de EDUCACIÓN CÍVICO TRIBUTARIA da AEAT

O mércores 22 de xuño de 2022 asistimos á entrega de PREMIOS do programa de EDUCACIÓN CÍVICO TRIBUTARIA da AEAT , sendo premiad@s @s alumn@s Arturo López González, Brian Latas Blanco y Diana Penelas Trabado , das materias de Economía e Educación Financeira.

 

   

Parabéns a tod@ os premiad@s.

 

PROGRAMA ATRÉVETE: VISITA Á FUNDACIÓN CEL E AMSLAB

 

Venres 4  de marzo 9:15 - 14:00

O venres 4 de marzo de 2022,realizamos, cos alumnos de Educación Financeira de 2º ESO, unha visita á Fundación CEL e á empresa ASMlab, dentro do porgrama Atrévete da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Percorremos as instalacións do Centro de Iniciativas Empresariais e os alumnos tiveron ademais a oportunidade de charlar con emprendedores que desenvolven as súas iniciativas nesas instalacións, como os promotores de 3edata ou as emprendedoras de Inside Out English Centre. Posteriormente fomos ás instalacións de ASMlab, empresa líder no mercado de control de calidade. Vimos os distintos laboratorios e seccións da empresa: Ams food, Ams fashion, Ams vet e Ams biopharma.

Moitas grazas a todos por adicarnos tempo e ensinarnos as súas funcións e instalacións.

Enlace da noticia na páxina da Fundación CEL

   
   

Aprenderon moitas cousas e distintas ás que se ven nas clases no instituto. Agora coñecen un pouco mellor a actividade empresarial da contorna, un dos organismos que axuda a potenciala (Fundación CEL) e unha empresa lucense con relevancia a nivel europeo (AMSlab).

Concurso “Entender a factura da luz”

O martes 15 de marzo de 2022, o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, no punto informativo instalado pola Xunta na rúa Bispo Aguirre con motivo do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras fixo entrega dos premios do concurso “Entender a factura da luz”, realizado entre alumnos de 4º da ESO dos centros educativos de Galicia. En Lugo resultaron gañadores, unha alumna do IES Xoán Montes; outra do colexio María Auxiliadora, e as alumnas Alba Vellabona López, Xiana Longarela Yáñez, e Silvia Fernández Torres, do IES Ánxel Fole.

 

Parabéns a todos os participantes, e en especial ás premiadas, polo esforzo realizado.

VISITA VIRTUAL AO BCE

VISITA VIRTUAL AO BCE

 

 

O día 12/01/2022, o alumnado da materia de Economía de 2º de BAC fixo unha visita virtual ao Banco Central Europeo. Nela puido coñecer de primeira man, entre outras, a resposta ás seguintes preguntas: por que é importante manter a estabilidade de prezos e como afecta ao poder adquisitivo, como vela o BCE pola seguridade dos aforros dos cidadáns, caes foron os principais logros de Europa...

 

 

Premios Atrévete 2020

O luns 21 de decembro de 2020 fixemos a entrega de premios do concurso “ATRÉVETE A TER UNHA IDEA”, sendo os premiados Helena Ben Vázquez e Xan Rodríguez Navarrete, ambos da materia de Educación Financeira.

 

Parabéns a todos os participantes, e en especial aos premiados, polo esforzo realizado.

 

O programa ATRÉVETE, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, tiña prevista a súa clausura no mes de xuño, de forma previa ao fin do curso escolar 2019-2020. Posto que, ao longo da súa realización, se viu afectado pola aplicación de medidas fronte á COVID-19 que, polas súas características imprevisibles e inesperadas, imposibilitaron o desenvolvemento normal do programa e modificaron as circunstancias iniciais establecidas neste, decidiuse suspender o acto de clausura e entrega de premios por parte do Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade Profesional en Santiago de Compostela.

A devandita clausura do programa ATRÉVETE e a entrega de premios do concurso ATRÉVETE A TER UNHA IDEA, pospúxose ata o primeiro trimestre do vindeiro curso 2020/2021 de xeito que, ao non poderen facer un acto multitudinario coas autoridades, delegaron ao centro dita entrega.

Álbum: Curso 2020/21 -> Atrévete 2020 - Economía

Educación Cívico-Tributaria

 

En decembro de 2019 todos os alumnos con materias do departamento de Economía (2º

 

ESO, 4º ESO e 1º BAC) participaron nunhas charlas educativas do programa de EDUCACIÓN CÍVICO-TRIBUTARIA da Axencia Tributaria.

 

 

 

Varias funcionarias da Axencia acudiron ao noso instituto a informar e formar a os alumnos sobre os impostos e o destino dos cartos recaudados, co obxetivo primordial de transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e contrarios ás condutas defraudaudoras.

 

 

 

Moitas grazas ao persoal por adicar unha parte do seu tempo a completar a formación dos nosos alumnos.

Álbum: Curso 2018/19 -> Educacion civicotributaria

Obradoiros da Fundación MAPFRE

 

O 16 de novembro de 2018 realizáronse os Obradoiros da Fundación MAPFRE- Misión futuro.

 

Os alumnos de 2º ESO e 4º ESO con materias do departamento de Economía participaron nun obradoiro de aforro e previsión social, organizado pola Fundación Mapfre, no que lles achegaron a conceptos como a previsión de futuro, o aforro ou o consumo responsable como medida de protección fronte aos riscos que poidan sufrir.


Neste obradoiro proporcionáronlles ferramentas para converterse en cidadáns autónomos e informados de face a unha mellor xestión dos riscos que poidan atoparse ao longo da vida e puxeron en práctica os conceptos teóricos que aprenderon, creando situacións reais e empregando novas tecnoloxías como a realidade aumentada con tablets, tendo que superar, a través de xogos, cinco probas nas que adoptaron os diferentes roles dentro dunha familia.

Álbum: Curso 2018/19 -> actividad mapfre

A educación financeira comeza por regalar unha hucha.

 

Os alumnos matriculados na materia de Educación Financeira, do departamento de economía, recibiron como agasallo unha hucha dun cerdiño.

 

 

 

Primeiros auxilios

 

Coordinada polo departamento de Economía, e a petición do Consello Escolar, o 28 de marzo de 2019 uns 80 alumnos de 4º da ESO do do IES "Ánxel Fole" de Lugo recibiron unha XORNADA TÉCNICA, TEÓRICA E PRÁCTICA, DE PRIMEIROS AUXILIOS .

Cun horario desde as 09:00 ata as 11.30, a ponente da devandita xornada foi María García Díaz, técnica de prevención e especialista en enfermería do traballo do Centro Issga de Lugo.

A introdución da cultura preventiva en etapas anteriores á incorporación das persoas á actividade laboral xera unha conciencia consolidada, e a vía máis operativa para isto é a través do sistema educativo. Así, a prevención de riscos laborais debe promoverse en todas as etapas do sistema educativo.

Por isto, o ISSGA desenvolve actividades colaborar coa consellería competente en materia de educación na realización de actuacións nos centros educativos para promover a adquisición dunha cultura preventiva no campo laboral dos mozos da Comunidade Autónoma de Galicia, inculcándoles condutas seguras e saudables nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que como futuros empresarios e traballadores terán que enfrontarse.

 

 

 

Moitas grazas a todo o persoal do ISSGA implicado que fixo que os nosos alumnos puidesen recibir esta formación.

 

Álbum: Curso 2018/19 -> primeros auxilios
Distribuir contido


by Dr. Radut