Skip to Content

Concurso de Coñecementos Financeiros do programa Finanzas Para Todos

 

O mércores 8 de maio ás 10:30h hora peninsular española un equipo formado por 6 estudantes de 4º da ESO participou no concurso de coñecementos financeiros do Programa Finanzas para Todos, promovido polo Banco de España e a CNMV. 

A participación do centro nesta actividade e neste programa foi impulsada polo Departamento de FOL, e fíxose en colaboración con profesores doutros departamentos.

Aquí podedes velos en plena acción. Unha experiencia diferente nunha competición onde se presentan centros de todo o Estado.

Desexámoslles moita sorte!

 

 



story | by Dr. Radut