Skip to Content

Francés

Atelier crêpes La Marinière

O pasado 20 de marzo, o noso alumnado de francés de 1º da ESO ata 3º da ESO puido comprobar que tódolos meses do ano valen para gozar dunha boa crêpe bretoa e aínda máis se as realizan eles mesmos.

Ademais de entrar na cociña do foodtruck La Marinière, coa axuda de Jérémy, o noso alumnado puxo en práctica os seus coñecementos para pedir esta delicia bretoa: toda unha actividade na que conflúen os praceres da lingua ! 

Atelier_crêpes_web_2024 de XLMRZFLE

Máis fotos aquí

La matinée : J - 7

Quedan 7 días para a nosa xornada teatral para a cal contamos coa colaboración dos departamentos de lingua castelá, lingua galega, linguas estranxeiras (inglés e alemán), música e o departamento de imaxe e son. 

Eu, xa teño o miña entrada!  

Ticket_matinée_2024 de XLMRZFLE

La matinée 2024

Co motivo do  80 aniversario do desembarco en Normandía, o departamento de francés elaborou unha  xornada na que o alumnado de francés percorre os acontecementos que asolaron Francia e reinterpreta algunhas figuras e/ou obras da cultura francesa por medio das súas creacións dramáticas, musicais e audiovisuais

Affiche_La matinée_2024 de XLMRZFLE

O Francés no IES Arcebispo Xelmírez I

Día de encontro

O departamento de francés do IES Xelmírez I organizou o pasado 21 de marzo un Día de encontro co alumnado do Lycée Saint-François d’Assise de Savenay sur Loire. Isto é un instituto de nova creación que tivemos a oportunidade de coñecer da man dos seus propios alumnos que tiñan preparado un vídeo do seu centro.

O noso alumnado de francés de 4º da ESO ata 2º de BAC acolleu así os seus pares franceses durante a media mañá do xoves, durante a cal asistiron a clases, intercambiaron o seu enxeño para resolver adiviñanzas, compartiron as súas habilidades musicais ou dramáticas, contando bromas nas dúas linguas, e incluso puideron despedirse do segundo trimestre cunha sesión de vídeo-DJ organizada polo equipo de Imaxe e Son do noso centro.

Día de encontro_web_2024 de XLMRZFLE

Sport et science, l'union fait la force.

Este ano está sen dúbida marcado pola celebración dos Xogos Olímpicos na cidade de París e, para celebrar este evento, o pasado 6 e 7 de marzo, o noso alumnado de francés de 2º da ESO visitou a exposición “Deporte e ciencia, a unidade é a forza” nas instalacións da Alianza Francesa, e descubriu o papel da ciencia nas prácticas deportivas.

Ademais de descubrir os carteis que adornaran os muros da estación de Montparnasse-Bienvenue (Paris) durante dous meses, o noso alumnado practicou os seus coñecementos da lingua e ampliounos grazas a actividade pedagóxica elaborada polo equipo da Alianza Francesa.

Sport et science_Alliance_2024 de XLMRZFLE

Montbéliard 2024

Un grupo de 14 das nosas alumnas e alumnos de francés de 4º da ESO realizaron estes días un intercambio de estudios co Lycée Germaine Tillion de Montbéliard, no noreste de Francia. Alí foron acollidos por familias locais cuxos fillos nos visitarán en Compostela o próximo mes de maio.

Ademais de participar nas aulas e tarefas organizadas polo centro receptor os nosos alumnos realizaron diversas actividades que lles axudan a comprender a realidade social e cultural do lugar; unha delas foi a visita ao Museo Peugeot, unha das referenciais industriais da rexión do Franco Condado. Tamén puideron visitar a cidade de Besançon, cuxa ciudadela alberga entre outros a o Museo da Resistencia e da Deportación, espazo sobre o que os alumnos teñen que traballar nas clases de francés e de historia.

A viaxe tiña reservada unha sorpresa, a coincidencia co inicio da xira das Tanxugueiras, que arrancou precisamente no Teatro de Montbéliard, concerto ao cal amablemente nos invitou o Liceo Germaine Tillion, e no que dúas das nosas alumnas se converteron en protagonistas ao ser convidadas por Aida, Olaia e Sabela a subir a bailar ao escenario. Despois puidemos falar con elas e sacarnos algunhas fotos.

Rematada a nosa viaxe, que forma parte do programa EduExchanges da Xunta de Galicia, queremos agradecer a colaboración constante das familias das nosas alumnas e alumnos, e por suposto a xenerosidade das familias anfitrioas e do centro receptor, en especial a Charlène, profesora de español que tanto nos facilitou as cousas.

Eduexchange 2024_Montbéliard de XLMRZFLE

Nadal 2023-24

Programacións

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut