Benvida

 

     Historicamente, o Instituto de Ensino Secundario Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela veuse caracterizando como unha das comunidades educativas máis inquietas do país, na procura da mellora e da innovación pedagóxicas e na experimentación de novas vías de transmisión cultural e de comunicación social, así como na normalización da lingua propia.

Nesta liña é onde debemos enmarcar a presente páxina web, como unha canle máis que nos brindan as novas tecnoloxías para a interrelación dos estamentos que compoñen a nosa comunidade escolar, así como a desta coa sociedade na que se insire e á que serve como centro educativo.

Nas diferentes seccións en que se estrutura, poderase topar desde a información administrativa fundamental, os calendarios oficiais do curso, pasando polos horarios da actividade pedagóxica, os períodos de atención aos pais e nais, até a configuración dos equipos docentes, os libros de texto, as actividades complementarias, os enlaces de interese...

Desde o Instituto Xelmirez, comprometidos como estamos co ensino público compostelán, querémosvos animar a participar activamente nesta nova plataforma de comunicación educativa.

O DIRECTOR

Libros de texto para o curso 2016-2017

Datas para a matricula de alumnos de novo ingreso

1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO: 27, 28, 29, 30 DE XUÑO E 1 DE XULLO.

1º BACHARELATO, 2º BACHARELATO: 4, 5, 6, 7, 8 DE XULLO

PARABÉNS!!! (PREMIOS LITERARIOS)

      A alumna Noela Rivas Cantelar, de 2º de ESO gañou o Certame de relato curto en Galego de Coca-Cola. A gañadora viaxará a Londres e a Madrid para participar nun campus.

      A alumna Raquel Aller Domínguez, de 1º de bacharelato, obtivo, co seu traballo La envidia llama al fuego, o primeiro premio na categoría xuvenil do V Concurso de Microrrelatos convocado pola Fundación Camilo José Cela para conmemorar o centenario do nacemento do escritor padronés.

Listado definitivo de admisións

Listado definitivo (pdf)

Segundo o artigo 32.1 da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, contra esta relación definitiva de admitidos e excluidos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Reclamacións 2º de Bacharelato

Distribuir contido