Skip to Content

Reunión informativa para as familias do alumnado que solicite a admisión en 1º ESO, para o curso 2024-25

Convocamos ás familias do alumnado que solicite a admisión en 1º ESO, para o curso 2024-25, a unha reunión informativa sobre a oferta educativa do centro e as súas normas de organización e funcionamento.

Esta terá lugar o 16 de xaneiro, ás 19:15 h, na Aula Magna do IES Arcebispo Xelmírez I.

O IES Arcebispo Xelmírez I foi galardoado co I Premio ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional

O IES Arcebispo Xelmírez I foi galardoado co I Premio ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional. Este galardón recoñece un traballo de anos, constante, moitas veces invisible, ao ser considerado un exemplo de boas prácticas sustentado no desempeño colectivo da xestión do conflito, a escoita activa, a asertividade, o recoñecemento e o manexo das emocións, a empatía, a diversidade sexual e a igualdade.


Parabéns a toda a comunidade educativa do IES Arcebispo Xelmírez, e en especial á arquitecta desta marabilla de proxecto, Carme Moure.

I Premio BREVITER de microrrelatos

O instituto convoca o I Premio BREVITER de microrrelatos. As obras poden presentarse até o 1 de marzo de 2024. As bases están no arquivo anexo.

 

Prazo de matrícula para a Ensinanza Secundaria de Adultos (ESA), nivel II e nivel IV

Do 9 ao 16 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula para o alumnado que estea interesado en cursar a Ensinanza Secundaria de Adultos (ESA), no nivel II e no nivel IV.

O alumnado de ESO 1º na libraría Couceiro

O 13 de decembro de 2023, o alumnado de ESO 1ºA visitou a libraría Couceiro, onde coñeceu a historia e a organización da libraría e asistiu a un obradoiro sobre encadernación. Os grupos de ESO 1ºB e C farán esta mesma visita no mes de xaneiro de 2024.

O alumnado de ESO 1º nunha exposición sobre pop art

O 13 de decembro de 2023, o alumnado de ESO 1ºA visitou unha exposición sobre pop art en Afundación. Os grupos de ESO 1ºB e C farán esta mesma visita no mes de xaneiro de 2024.

Lista de alumnas/os seleccionadas/os para a viaxe de intercambio co IES Ciudad de los Poetas de Madrid

Lista de alumnas/os seleccionadas/os para a viaxe de intercambio co IES Ciudad de los Poetas de Madrid.
Ao haber máis alumnas/os preinscritos que prazas xerouse unha lista de agarda de 15 persoas. Se houbese algunha renuncia estas persoas en reserva ocuparán a praza pola orde indicada. 

ESO 1º: visitas

Data

Horas

Grupo

Visita

Profesorado

13.12.

12.00-13.50

ESO 1ºA

Couceiro/Afundación

3 (1 de Artes plásticas)

10.01.

10.30-11.30

ESO 1ºA

Ánxel Casal

2

17.01.

12.00-13.50

ESO 1ºB

Couceiro/Afundación

3 (1 de Artes plásticas)

24.01.

12.00-13.50

ESO 1ºC

Couceiro/Afundación

3 (1 de Artes plásticas)

21.02.

10.30-11.30

ESO 1ºB

Ánxel Casal

2

06.03.

10.30-11.30

ESO 1ºC

Ánxel Casal

2

 

Redes sociais da biblioteca: Instagram

Viaxe de estudos a Burgos e Atapuerca

Alumnado de 1º de Bacharelato e profesorado do departamento de Bioloxía do IES Arcebispo Xelmírez I aprendendo e divertíndose por Burgos e Atapuerca. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut