Skip to Content

Reserva

RESERVA PARA O ALUMANDO DO NOSO CENTRO

PREMATRÍCULA (Impresos, só para o alumnado matriculado)

Estes son os impresos para facer a prematrícula e, polo tanto, a previsión para o curso 24-25.

As opcións e optativas son as mesmas que as do ano pasado, a excepción de Valores Éticos  e cívicos bilingüe en 3º ESO e Filosofía bilingüe en 4º ESO que desaparecen.

2º ESO atallo

3º ESO atallo

4º ESO atallo

1º BAC atallo

 2º BAC atallo

 

 RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS

 

Instrucións para a reserva de praza en centro de adscrición atallo

Información sobre o proceso e criterios de selección: Orde do 21 de outubro de 2022 atallo

 

RESERVA DE PRAZA CURSO 2024/ 25  

Quen pode reservar praza?

a) Alumnado dos centros adscritos: CEIP As Mercedes,  CEIP Curros Enríquez,  CEIP Mestre Vide,  CEIP Manuel Sueiro que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2023/24 en 1º de ESO.

b) Alumnado dos centros adscritos: CPI José García, CPR A Purísima, CPR Concepción Arenal, CPR Divina Pastora, CPR Guillelme Brown, CPR Miraflores que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2023/24 en 1º Bch.

 

O alumnado que non estea comprendido nos apartados anteriores e pretenda cursar estudos neste centro deberá acollerse ao disposto no proceso de ADMISIÓN.

 

Prazos
Do 15 de xaneiro ó 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

Documentación
Documentación que debe entregarse no centro onde cursa estudos actualmente:
 

- Anexo I  atallo

- Só no caso de non autorizar  a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).

 
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares comunicaráselles aos intersados e publicarase no taboleiro de anuncios do centro e nesta páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).
No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

 

AdxuntoTamaño
2024-2_InstrucciónsReservaCentros.pdf410.74 KB
2º ESO.pdf731.71 KB
3º ESO.pdf750.33 KB
4º ESO.pdf200.92 KB
1º BACH.pdf257.95 KB
2º BACH.pdf265.83 KB


page | by Dr. Radut