Skip to Content

CERTAME TEATRO 2023-24

 

Como centro impulsor da modalidade de Música e Artes Escénicas, o IES As Lagoas contemplaba desde había tempo a organización dun certame de teatro escolar,  e hoxe por fin, ese desexo  é unha realidade.

O teatro busca desenvolver entre o alumnado a dimensión estética e creativa da vida, desenvolver as competencias básicas, fomentar a integración  e estreitar as relacións dentro das comunidades escolares e sociais.

Trátase dun certame local, dirixido aos centros públicos e concertados da cidade de Ourense que impartan ESO e BAC, alumnado co que estarán formados os grupos.

O prazo de inscrición rematará o 21 de marzo de 2024, incluído, e unha vez rematado, procederase a elaborar o calendario que será comunicado aos centros participantes. O período de representacións programarase a tarde dos luns dos meses de maio e xuño.

As persoas interesadas  poderán acceder a toda a información e documentación relativa ao certamen na sección da web dedidaca a iso.

 

·      Bases e inscrición

AQUÍ bases.

AQUÍ ficha de inscrición.

AQUÍ impreso AUTORIZACIÓN IMAXES DE MENORES.

 

·      Calendario certame
·      Galería de fotos

AdxuntoTamaño
certame-teatro-23-24.pdf292.29 KB
BASES CERTAME.pdf524.23 KB
FICHA INSCRICIÓN.pdf218.33 KB
Autorización imaxes.pdf533.39 KB


page | by Dr. Radut