CHARLA SOBRE NOMES DE LUGAR E IDENTIDADE GALEGA

Para coñecer os detalles desta conferencia, organizada polo departamento de Latín/Grego para o seu alumnado, PREME AQUÍ.

CANTIGAS DE AMIGO PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ

Se queres máis información sobre a actividade, PREME AQUÍ.

AQUÍ  tes todas as cantigas elaboradas.

2ª CONVIVENCIA INTERXERACIONAL NO CENTRO SOCIAL DE BECERREÁ

Por segundo ano consecutivo desenvolveuse unha xornada de convivencia interxeracional entre o alumnado de 3º da ESO e os e as maiores do Concello de Becerreá que acoden regularmente ao Centro Social da vila.  Como no pasdo curso, a experiencia estivo coordinada desde a titoría do grupo e o departamento de Orientación. Xogos de mesa, xogos de adiviñanzas e un chocolate quente con roscón para facer máis doce a tarde foron as actividades centrais desta segunda experiencia entre alumnado do centro e persoas maiores da nosa contorna máis próxima. ESTAS son as imaxes máis destacables da xuntanza.

2ª CONVIVENCIA INTERXERACIONAL NO CENTRO SOCIAL DE BECERREÁ

TALLER DE CÓMIC NA BIBLIOTECA DO IES DE BECERREÁ

AQUÍ tes información desta actividade que se desenvolve na nosa biblioteca, que conta coa participación de alumnado de 1º e 2º da ESO e 1º de Bac, estando coordinado polo profesor Alexandro Morgado.

ALUMNADO DE LATÍN E GREGO PARTICIPAN NO "CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA ODISEA"

Tres grupos de Latín e Grego do IES de Becerreá ("Aliadas de Minerva" de 2°BAC, "Amazonas" de 1°BAC e 'Goliatus' de 1° BAC e 4° ESO) debutaron do 15 ó 19 de xaneiro no Concurso Odisea 2024 que organiza cada ano a Sociedade Española de Estudos Clásicos. Cada día da semana os grupos enfrontáronse a unhas preguntas sobre o mundo clásico que supuxeron todo un reto para eles. Foi necesaria a total cooperación entre os membros dos equipos e a implicación de todos eles para poder resolvelas e chegar airosos ó 'preguntón' final.  Aínda que non conseguiron chegar ó podium esta vez, alcanzaron o top 30 de entre 315 centros de toda Galicia. Os participantes afirman que foi unha experiencia única na que aprenderon moito e moi motivadora, xa que cada día era un desafío. Todos están desexando participar de novo o ano que vén e mellorar marcas! Se queres, podes ver aquí as IMAXES dos grupos participantes.

O ALUMNADO DE BAC ACODE AO CINE PARA VER "O CORNO"

O departamento de Lingua Galega organizou o visionado da película "O Corno" nos Cines Cristal de Lugo, nun pase particular para o alumnado de 1º e 2º da Bacharelato do noso centro. IMAXES.

VIAXE A PARÍS.

Do 8 ao 12 de xaneiro boa parte do alumnado de Francés de 3º e 4º da ESO viaxou ata a capital francesa, acompañados pola súa profesora, María José, e pola titora de 3º, Fernanda Follana. E así relatan a súa experiencia: "Tras moito tempo pensando, planeando e recaudando fondos para a excursión, o día 8 de xaneiro voamos cara a París. Deixando de lado o imprevisto da perda de maletas e o intenso frío, podemos asegurar que estivemos a coñecer unha cidade preciosa, chea de elegancia grazas aos xardíns do Pazo de Versalles, incriblemente iluminada polas luces da Torre Eiffel, clásica como as maxestosas salas do Museo do Louvre. Rica en cultura, moi ben reflectida na Conciergerie e no Museo de Les Invalides. Con fermosas rúas apreciables desde as alturas da Torre Montparnasse e do Arco do Triunfo. Inundada das últimas tendencias da moda nas Galerías Lafayette. En resumo, podemos dicir que foi unha viaxe marabillosa e que recordaremos sempre!" PREME AQUÍ para ver algunhas imaxes do grupo.

BO NADAL E PRÓSPERO 2024 A TODOS OS MEMBROS DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Durante a semana do 25-N celebramos no noso centro unha exposición de fotografías realizadas por alumnas con mensaxes alusivas a esta realidade. Tamén Tamén se desenvolveu un obradoiro, orientado a alumnas e alumnos de 2º e 4º, centrado sobre o tema da violencia de xénero en contornas virtuais. Noutra charla, realizada dentro do Plan Director para a Convivencia e desenvolta polo formador da Garda Civil Héctor Méndez, para o alumnado de 3º da ESO, abordáronse as causas da mesma, as variantes que esta violencia presenta e os datos estatísticos máis reveladores deste tráxico fenómeno (IMAXES da exposición e das conferencias). Por outra banda, o alumnado de Latín e Grego realizou unha serie de podcasts nos que estudan e explican as desigualdades de xénero nas civilizacións grega e romana, que podes escoitar AQUÍ.

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

ENCONTRO COMARCAL DE BÁDMINTON ESCOLAR 23-24

Coma todos os cursos, e baixo o auspicio do programa "Xogade", tivo lugar o encontro escolar de bádminton entre o alumnado da ESO dos centros da comarca e o alumnado de 2º do noso centro. Participaron alumnas e alumnos dos CPI de Pedrafita, Navia, O Courel, Cervantes (centro anfitrión) e o IES de Becerreá. Despois dun torneo individual e outro de dobres (parellas constituídas por alumnado de distinto centro), quédanos, sobre todo, o recordo dunha magnífica xornada de saudable convivencia entre todos e todas as participantes, @s que agradecemos a súa actitude nestas xornada, por enriba da súa aptitude. ESTAS SON AS IMAXES máis destacadas do noso alumnado.

ENCONTRO COMARCAL DE BÁDMINTON ESCOLAR 23-24
Distribuir contido