AVISO: INSTRUCIÓNS FIN DE CURSO 2ºBACHARELATO 23-24
PREMER NOS DIFERENTES LINKS PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN QUE SE INDICA: |
AVISO Bolsas MEC
Desde o Sección de Bolsas Dirección Territorial da Coruña comunican que o vindeiro día 10 as 15 horas remata o prazo de solicitude de bolsas do MEC Pódese consultar na web da convocatoria e no Portal Educativo |
|
CORRECCIÓN DE ERROS de CONVOCATORIA AXUDAS Linguas Estranxeiras 2024
As listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente publicadas o 23 de abril contiñan erros na baremación do apartado 5º. O día 29 de abril, publicouse a CORRECCIÓN DE ERROS da listaxe provisional de alumnado seleccionado Pódese consultar na web da convocatoria e no Portal Educativo |
|
NOVAS de CONVOCATORIA AXUDAS Linguas Estranxeiras 2024
Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunican a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións Pódese consultar na web da convocatoria e no Portal Educativo |
|
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO (Orde do 29 de decembro de 2023. DOG 12/01/2024) * A avaliación de diagnóstico está recollida nos artigos 21 e 29 da LOMLOE. É de aplicación en todo o territorio nacional. Determínase que se realizará a partir deste curso académico (2023-24). * Aplícase aos alumnos de 2º de ESO e 4º de Primaria. * Coa aplicación desta proba preténdese identificar centros educativos que poidan estar afastados da media da súa Comunidade en canto ao nivel de adquisición de certas competencias, para introducir plans de mellora. * As datas en Galicia son o 10 e o 11 de abril. * Os exames veñen confeccionados por persoal da Consellería e non son coñecidos ata o mesmo momento da súa aplicación * As competencias avaliadas son: Matemática, Lingua Galega, Lingua Castelá e Inglés. * Os alumnos recibirán uns cadernos de papel para realizar a proba. As familias deberán cubrir un cuestionario de contexto en formato dixital (aínda que poderían recibilo en papel, se o solicitan) * Os resultados serán trasladados ao Consello Escolar, e tamén ás familias a través dos titores. |
ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS
|
No seguinte link pódese consultar: |
|