Evitar navegación.
Principal

Plan LÍA 2010/2015 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información, e a Aprendizaxe

 

Obxectivos xerais:

  • Adaptar os recursos informativos dos centros educativos ás novas necesidades da sociedade da información do século XXI
  • Promover cambios no profesorado  que faciliten a integración das tecnoloxías emerxentes, a mellora da calidade e a renovación das prácticas educativas.
  • Favorecer a adquisición das competencias básicas do alumnado galego e contribuír ao éxito escolar.
  • Mellorar a lectura comprensiva, a escritura e as habilidades no uso da información da poboación escolar galega.
  • Incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas, aproveitando os seus recursos para unha mellor atención á diversidade, e unha máis  óptima atención á multiculturalidade, ás necesidades educativas específicas e ao plurilingúísmo.
  • Estimular a experiencia lectora entre os distintos sectores da comunidade educativa.

Máis información...