Evitar navegación.
Principal

PETICIÓN DE COMPRA DE LIBROS Á BIBLIOTECA

O equipo da biblioEBA pide disculpas ó alumnado pola escasa difusión da posibilidade de que os usuarios da biblioteca poidan solicitar a adquisición dun título que consideren interesante.

Na reunión do Consello Escolar do pasado luns 30 de maio o representante do alumnado comunicounos que descoñecían o cauce de comunicación entre o alumnado e a biblioteca e este artigo pretende facilitar a recepción de todas aquelas suxerencias, peticións, recomendacións, queixas e todo aquelo que se vos ocurra.

  • 1ª opción: Usade o caixón de suxerencias situado na entrada da biblioteca
  • 2ª opción (recomendada): enviádenos un correo a biblioeba@gmail.com

Se nos queredes suxerir algún libro indicade Título/Autor/Editorial