Evitar navegación.
Principal

XI Concurso de Postais de Nadal

O I.E.S. Eduardo Blanco Amor e a A.M.P.A. A Galera convocan o XI concurso de postais de Nadal.

PREMIOS:

  • Á máis elaborada.
  • Á máis orixinal.
  • Á máis graciosa.

FORMATO DA POSTAL:

  • Motivo: O Nadal.
  • Cartulina tamaño A5.
  • Estilo libre.
  • Materiais a elixir libremente polos concursantes.
  • O nome, apelidos e curso deberán constar unicamente detrás do debuxo. (Quedarán excluídas do concurso as postais co nome escrito por diante)

LUGAR E DATA DE ENTREGA:

A entrega das postais realizarase entre o 30 de novembro e o 4 de decembro, ambos incluídos, deixándoas na conserxería.

PREMIOS:

Haberá tres premios idénticos. Os gañadores recibirán cada un unha tarxeta regalo por importe de 60 €, que poderán trocar no FNAC da Praza de Lugo (A Coruña) polo agasallo que queiran, por exemplo DVD, CD, calquera produto das seccións de imaxe e son, telefonía, informática, libros e eBooks, fotografía, videoxogos, etc.

A entrega de premios efectuarase o día 16 de decembro nas aulas.

XURADO

  • Dª Dolores García Saavedra
  • D. Ignacio Niño Ricoy
  • D. Antonio Dueñas Dorrío
  • Dª Begoña Brea Ramos
  • Dª Mercedes Touzón Chacón
  • Dª Purificación López Arca

¡Animádevos a participar!