Evitar navegación.
Principal

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS CON FILLOS MATRICULADOS EN 1º ESO

Respecto das dúbidas que nos presentan sobre a compra dos tres libros de texto que non están incluídos no programa EDIXGAL: bioloxía, lingua galega e inglés, deben saber que repartiremos estes libros do fondo do instituto entre as persoas que os soliciten.

Para optar polos libros deberán cubrir e enviar o seguinte formulario: https://forms.gle/5TKVMdyWmYYDvX8k8

No caso de que a demanda sobrepase o stock terán prioridade os alumnos/as que obtiveran axudas para a adquisición de material escolar, seguidamente os demais solicitantes de axudas que non a obtiveran e por último os demais solicitantes. Dentro de cada grupo será por orde alfabética empezando pola mesma letra que saíu no sorteo público para a admisión de alumnado deste ano: primeiro apelido Tg e segundo apelido Ex.

O prazo para solicitar os libros remata o 24 de agosto.